Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2014 Páx. 2620

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 27 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2013171AL-LU, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 5 de decembro de 2013, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou acordo de inicio do expediente sancionador nº 2013171AL-LU, incoado a Carnicería O Labrego, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e ao abeiro do disposto número 5 do referido artigo, notifícase a Carnicería O Labrego, S.L. o contido do referido acordo, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo nº 9, Lugo, e obter, de ser o caso, copia, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Apercíbeselle tamén de que de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerada proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 27 de decembro de 2013

Purificación Rivas Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº expediente: 2013171AL-LU.

Denunciada: Carnicería O Labrego, S.L.

CIF: B27269455.

Último enderezo coñecido: San Cristovo de Chamoso, 29, 27163 O Corgo (Lugo).

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

– Artigos 5.1 e 5.4 do Regulamento (CE) nº 852/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

– Artigo 5.2 do Real decreto 1376/2003, do 7 de novembro, polo que se establecen as condicións sanitarias de produción, almacenamento e comercialización das carnes frescas e os seus derivados nos establecementos de comercio polo miúdo.

– Artigos 50.1.a) e 51.1 parágrafo 1º da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: trescentos euros (300,00 €).