Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2014 Páx. 2602

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2014 pola que se nomea profesorado contratado doutor (CD1202).

De conformidade coa proposta elevada pola comisión nomeada para xulgar o concurso de acceso convocado mediante resolución desta universidade, do 12 de novembro de 2012 (DOG do 19 de novembro), corrixida mediante a Resolución do 7 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo), vista a Resolución reitoral do 17 decembro de 2013, e presentada pola persoa proposta a documentación a que fai referencia a base 7ª da convocatoria,

Esta reitoría, no uso das atribucións conferidas polo artigo 65 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (BOE do 24 de decembro), modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar o nomeamento que se relaciona no anexo.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente formalización do contrato pola persoa interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo coincide con sábado ou día inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte segundo o artigo 48 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 10 de xaneiro de 2014

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

6

Código:

CD1202-C04-220-CD-02

Corpo:

profesorado contratado doutor

Área de coñecemento:

A-220 Ecoloxía

Departamento:

C04 Ecoloxía e Bioloxía Animal

Centro de traballo:

101 Facultade de Ciencias - Ourense

DNI

32653981-F

Nome e apelidos

Beatriz Mouriño Carballido