O título IV da Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, regula os consellos sociais das universidades públicas.
En virtude do establecido nos artigos 77.4 e 83.1 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 23 de xaneiro de 2014 e no uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vinte e tres de xaneiro de dous mil catorce,
DISPOÑO:
Artigo único
Nomear presidente do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela a José María Arias Mosquera.
Disposición derradeira
Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, vinte e tres de xaneiro de dous mil catorce
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria