Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2014 Páx. 3116

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 23 de xaneiro de 2014 pola que se abre un novo prazo de presentación de solicitudes ao establecido na Orde do 21 de xaneiro de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 14, do 22 de xaneiro), pola que se anuncia a convocatoria pública para a cobertura da praza de directora do Centro de Recuperación Integral de Mulleres que Sofren Violencia de Xénero.

Unha vez detectado erro material no punto 8, 1ª fase b) das bases reguladoras da convocatoria de selección para o posto de directora do Centro de Recuperación Integral de Mulleres que Sofren Violencia de Xénero, procédese, de conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, á súa corrección.

A dita corrección atópase na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade:

http://igualdade.xunta.es

Como consecuencia do anterior, ábrese un novo prazo de presentación de solicitudes que será de cinco días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2014

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza