Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2014 Páx. 3127

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1267/2012).

Número de autos: despedimento/cesamentos en xeral 1267/2012.

Demandante: Dolores Piña Rivera.

Demandados: Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A., Fondo de Garantía Salarial.

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1267/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Dolores Piña Rivera contra a empresa Galicia Saudade, S.L. e outros, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxo ditame di:

Que debo desestimar e desestimo a demanda de despedimento interposta por Dolores Piña Rivera contra o Concello de Arteixo e, en consecuencia, debo absolvela das pretensións formuladas na súa contra.

Que debo estimar e estimo subsidiariamente a demanda que en materia de despedimento foi interposta pola demanda por despedimento disciplinario, formulada por Dolores Piña Rivera contra a entidade Galicia Saudade, S.L., Administración Concursal Galicia Saudade, S.L., Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A. e o Instituto de Xestión Sanitaria, S.A.U. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que a demandante foi obxecto en data 13 de outubro de 2012, e condeno solidariamente a que as entidades Galicia Saudade, S.L., Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A. e o Instituto de Xestión Sanitaria, S.A.U. (Inxesan), no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza, opten entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascenden a 35,18 € diarios, ou ben ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 5.356,20 €.

O aboamento da indemnización determinará a extinción do contrato de traballo, que se entenderá producida na data do cesamento efectivo no traballo.

No suposto de non optar o empresario pola readmisión ou a indemnización, enténdese que procede a primeira.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da LRXS, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Galicia Saudade, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 7 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial