Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2014 Páx. 3441

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se resolve o procedemento de reavaliación do posto de xefe de Servizo de Xinecoloxía e Obstetricia.

As bases do procedemento de reavaliación das xefaturas de persoal licenciado sanitario do Servizo Galego de Saúde establécense na Resolución do 13 de xullo de 2011 pola que se procede a publicar a Orde do 6 de xullo de 2011 (DOG nº 144, do 28 de xullo), segundo o establecido na sección primeira do capítulo VI do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde (DOG nº 145, do 29 de xullo).

O posto de xefe do Servizo de Xinecoloxía e Obstetricia foi convocado por Resolución da Xerencia do Complexo Hospitalario de Pontevedra ao abeiro do sistema de avaliación colexiada establecida polo Decreto 206/2005, e foi nomeado Eloy Moral Santamarina por un período inicial de catro anos de duración.

Por Resolución do 4 de outubro de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, convocouse o procedemento de reavaliación do posto de xefe do Servizo de Xinecoloxía e Obstetricia.

Unha vez realizado o acto público de defensa da actividade realizada e do proxecto técnico que se desenvolverá nos próximos catro anos, a Comisión acordou, por unanimidade, elevar a esta xerencia proposta favorable á continuidade no desempeño do posto de xefe do Servizo de Xinecoloxía e Obstetricia de Eloy Moral Santamarina.

En virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG nº 47, do 7 de marzo), e a Orde do 28 de setembro de 2011 pola que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés e se delegan competencias nos seus órganos directivos (DOG nº 188, do 30 de setembro), modificada pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), esta xerencia

RESOLVE:

Prorrogar o nomeamento de Eloy Moral Santamarina como xefe do Servizo de Xinecoloxía e Obstetricia por un período de catro anos de duración, a cuxo termo se realizará un novo procedemento de reavaliación de conformidade e cos efectos previstos na Orde do 6 de xullo de 2011.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, segundo o establecido nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 23 de decembro de 2013

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés