Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2014 Páx. 3443

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se anuncia convocatoria do procedemento de mobilidade voluntaria en categorías de persoal de xestión e servizos do persoal fixo no cadro de persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Conforme os criterios reitores das bases de mobilidade voluntaria do persoal estatutario fixo, correspondentes ás categorías de persoal sanitario diplomado e de formación profesional e de persoal de xestión e servizos das institucións sanitarias de atención especializada do Servizo Galego de Saúde, aprobadas pola Mesa Sectorial o 23 de decembro de 2009, a Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, tras un proceso de negociación coa representación legal dos traballadores deste centro sanitario, e con base nas competencias atribuídas polo Decreto 168/2010, do 7 de outubro, polo que se regula a estrutura orgánica de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde, e a Orde de 5 de xullo de 2012, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, o xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria de mobilidade voluntaria do persoal fixo do cadro de persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela das categorías da función administrativa (grupo administrativo e grupo auxiliar) que se poden solicitar (anexo I), así como as bases que rexerán a convocatoria (anexo II).

A formalización das solicitudes de participación, así como o rexistro dos méritos para a súa posterior valoración, efectuarana as persoas concursantes a través do currículo do profesional habilitado (FIDES expediente-e), ao cal se accederá na forma que se indica no anexo III.

Segundo. Ordenar a súa publicación nos taboleiros de anuncios do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación nos termos dos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2014

Luis Verde Remeiro
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela