Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2014 Páx. 3445

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3568/2011).

Mª Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 3568/2011 desta sección, seguido por instancia de Servizo Público de Emprego Estatal contra a empresa sobre desemprego, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimamos o recurso de suplicación formulado polo SPEE contra a sentenza ditada o 2 de maio de 2011, polo Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, en autos sobre desemprego, por instancia de Susana Taboada Fernández, contra o Servizo Público Estatal de Emprego (SPEE) e outras e, en consecuencia, revogamos en parte a sentenza obxecto de recurso, e desestimamos a demanda reitora de autos no que se refire á pretensión relativa á reposición da prestación de desemprego durante o período de suspensión do contrato de traballo, mantendo firme o pronunciamento relativo á base reguladora da prestación, xa que non se recorreu contra ela.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Creaciones Toypes, S.L. e Alberto Novo, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que sexan auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 20 de decembro de 2013

A secretaria xudicial