Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 2014 Páx. 3599

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 14 de xaneiro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de expedientes sancionadores (PESAN1 2013/000091-2 e tres máis).

Segundo o recollido no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións dos expedientes instruídos por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, desde o día seguinte a aquel en que se publique este edicto, para examinaren o expediente e interpoñeren, no prazo que se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes que se relacionan a seguir atópanse á disposición dos interesados na Xefatura Territorial de Lugo, a través da Xefatura de Coordinación da Área do Mar, situada na avenida Ramón Canosa, s/n, 27863 Viveiro.

Nº de expediente: PESAN1 2013/000091-2.

Denunciado: Carlos José López López.

DNI: 33993525P.

Enderezo: Vilaframil, s/n, Ribadeo.

Precepto infrinxido: artigo 137.B.2, 137.B.6.

Sanción: 302 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2013/000117-2.

Denunciado: Víctor Manuel Temprano Golpe.

DNI: 46912758A.

Enderezo: avenida de Arteixo, 80, 5º D, A Coruña.

Precepto infrinxido: artigo 137.B.2.

Sanción: 200 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2013/000119-2.

Denunciado: Diego López Rodríguez.

DNI: 47375404G.

Enderezo: rúa Luis Huici, 8, baixo I, A Coruña.

Precepto infrinxido: artigo 137.B.2.

Sanción: 200 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2013/000136-2.

Denunciado: Roberto Suárez Díaz.

DNI: 33997480F.

Enderezo: rúa San Francisco, 32, 1º B, Ribadeo.

Precepto infrinxido: artigo 137.B.2.

Sanción: 3.000 euros.

Segundo a Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG nº 235, do 5 de decembro), os importes das ditas sancións deberán aboarse nos prazos que establece o artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, ou en caso contrario procederase, sen máis trámite, ao seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario, os interesados deberán recoller na xefatura territorial o documento de ingreso correspondente.

Se cumpren os requisitos previstos no artigo 151 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, poderán solicitar, no prazo dun mes desde que a resolución sexa firme, a suspensión condicional da execución da sanción imposta, mediante un escrito que sexa motivado e no cal se comprometan a aterse ás condicións que se establezan para que se outorgue, co fin de garantir, durante o prazo de suspensión, o respecto á normativa que regula a actividade pesqueira.

Lugo, 14 de xaneiro de 2014

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo