Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2014 Páx. 4234

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de diversas categorías sanitarias.

Por Resolución da Dirección de Recursos Humanos do 21 de setembro de 2012 (DOG nº 186, do 28 de setembro) abriuse o prazo para a inscrición de aspirantes nas listas para a formalización de vinculacións temporais nas categorías, entre outras, de fisioterapeuta, terapeuta ocupacional, técnico/a superior en documentación sanitaria, técnico/a superior en dietética e nutrición e técnico/a en farmacia.

Na devandita resolución preveuse unha xeración de listas coas persoas inscritas ata o 31 de outubro de 2012 que cumpran os requisitos determinados na resolución citada.

Por Resolución do 6 de novembro de 2013 (DOG nº 218, do 14 de novembro) publicáronse os resultados provisionais de baremación dos/das aspirantes admitidos/as.

Finalizado o prazo de reclamación contra a dita resolución e analizadas as reclamacións presentadas, este centro directivo, de conformidade coa base décima da Resolución do 21 de setembro de 2012 de inicio do prazo de inscrición nas listas das respectivas categorías,

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade nas categorías de fisioterapeuta, terapeuta ocupacional, técnico/a superior en documentación sanitaria, técnico/a en farmacia e técnico/a superior en dietética.

Segundo. As listas co número de orde e a puntuación definitivos obtidos polas persoas aspirantes admitidas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. De conformidade coa base décima da Resolución do 21 de setembro de 2012, contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Cuarto. As listas entrarán en vigor con efectos do 5 de febreiro de 2014. Resultarán de aplicación aos chamamentos que se efectúen a partir da dita data as normas de xestión contidas no pacto sobre selección de persoal estatutario temporal aprobado pola Resolución do 26 de abril de 2011 (DOG nº 89, do 9 de maio).

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2014

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos