Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2014 Páx. 4104

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 21 de xaneiro de 2014 pola que se autoriza a implantación de ensinanzas universitarias oficiais de máster universitario e programas de doutoramento nas universidades do Sistema universitario de Galicia para o curso 2013/14.

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, establece que a implantación e supresión de ensinanzas conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional, serán acordadas pola comunidade autónoma, logo da solicitude de implantación polas universidades, segundo o disposto na lexislación vixente.

O Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, modificado polo Real decreto 861/2010, do 2 de xullo, establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais e dispón, no seu capítulo VI, o procedemento de verificación e acreditación dos títulos. Os plans de estudos serán verificados mediante resolución do Consello de Universidades e autorizados pola comunidade autónoma. Mediante acordo do Consello de Ministros establecerase o carácter oficial dos títulos e procederase á súa inscrición no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT). O Real decreto 99/2011, do 28 de xaneiro, polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento, deu unha nova regulación ás ensinanzas de doutoramento.

Así, coa entrada en vigor do Real decreto 99/2011, en consonancia co Decreto 222/2011, iníciase unha nova etapa de reorganización xeral dos estudos de posgrao diferenciando o máster universitario do programa de doutoramento. No Real decreto 534/2013, de modificación do Real decreto 99/2011, indícase que todos os programas de doutoramento xa verificados deben estar adaptados a este antes do inicio do curso 2014/15. Neste contexto de reorganización e adaptación do conxunto da oferta existente no SUG, as universidades da Coruña (UDC), Santiago de Compostela (USC) e Vigo (UVIGO) presentaron, xa o 14 de novembro de 2012, as súas propostas de reorganización do conxunto dos estudos de doutoramento, diferenciando aquelas que se adaptan ás novas iniciativas recollidas na regulación contida no Real decreto 99/2011 para o curso 2013/14, daqueloutras que continúan inalterables ata a súa efectiva extinción con anterioridade ao 30 de setembro de 2017.

No ámbito autonómico esta materia está regulada pola Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, e a Orde do 20 de marzo de 2012 pola que se desenvolve o Decreto 222/2011, do 2 de decembro, polo que se regulan as ensinanzas universitarias oficiais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

No Decreto 222/2011, do 2 de decembro, establécese que o procedemento para obter a autorización de implantación das ensinanzas universitarias oficiais no ámbito territorial propio da comunidade autónoma farase por orde da consellería competente en materia de universidades e publicarase no Diario Oficial de Galicia. Previamente terá que emitir informe o Consello Galego de Universidades, de acordo co previsto no artigo 56 da citada Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia.

O Pleno do Consello Galego de Universidades, nas sesións do 31 de xullo e do 20 de decembro de 2013, no exercicio das súas competencias, acordou emitir informe favorable sobre a solicitude de implantación polas universidades do Sistema universitario de Galicia dos títulos que se relacionan a continuación.

O artigo 19.2 da citada Orde do 20 de marzo de 2012 recolle que as universidades, logo de seren autorizadas a implantar estudos, quedarán obrigadas a adoptar as garantías precisas para que non se demore a súa impartición máis aló dun curso académico. Por razóns excepcionais, debidamente xustificadas, o departamento competente en materia de universidades poderá autorizar a non impartición da titulación noutro curso académico.
A non impartición da titulación máis alá de dous cursos académicos consecutivos comportará o inicio do procedemento de revogación.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo 1

Conceder autorización á Universidade da Coruña para implantar, no curso 2013/14, as ensinanzas universitarias oficiais de:

1. Máster universitario en Lóxica e Filosofía da Ciencia (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción do Máster universitario en Lóxica e Filosofía da Ciencia coordinado pola Universidade de Salamanca, no que tamén participan a USC e a UDC; autorizado para a USC polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (DOG do 8 de febreiro), e para a UDC polo Decreto 53/2008, do 13 de marzo (DOG do 28 de marzo), e que figura inscrito no RUCT co código 4310330.

2. Programa de doutoramento en Ciencias da Saúde. Esta autorización inicia o proceso de extinción do Programa de doutoramento en Ciencias da Saúde da UDC autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (DOG do 8 de febreiro), con código RUCT 5311574, e do Programa de doutoramento en Xerontoloxía coordinado pola USC, no que tamén participa a UDC, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (DOG do 8 de febreiro), e que non figura inscrito no RUCT.

3. Programa de doutoramento en Física Aplicada (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción do Programa de doutoramento en Física Aplicada coordinado pola UVIGO e no que tamén participa UDC, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (DOG do 8 de febreiro), e que figura inscrito no RUCT co código 5310699.

4. Programa de doutoramento en Lóxica e Filosofía da Ciencia (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción do Programa de doutoramento en Lóxica e Filosofía da Ciencia coordinado pola Universidade de Salamanca no que tamén participan a UDC e a USC, autorizado para a USC polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (DOG do 8 de febreiro), e para a UDC polo Decreto 53/2008, do 13 de marzo (DOG do 28 de marzo), e que figura inscrito no RUCT co código 5311316.

5. Programa de doutoramento en Métodos Matemáticos e Simulación Numérica en Enxeñaría e Ciencias Aplicadas (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción do Programa de doutoramento en Métodos Matemáticos e Simulación Numérica en Enxeñaría e Ciencias Aplicadas coordinado pola USC, no que tamén participan a UDC e a UVIGO, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (DOG do 8 de febreiro), e que figura inscrito no RUCT co código 5311494.

6. Programa de doutoramento en Nanomedicina (interuniversitario), que se autoriza pola presente orde.

7. Programa de doutoramento en Neurociencia e Psicoloxía Clínica (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción das seguintes titulacións: Programa de doutoramento en Neurociencia coordinado pola USC, no que tamén participan a UDC e a UVIGO, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (DOG do 8 de febreiro), e que figura inscrito no RUCT co código 5310626, e do Programa de doutoramento en Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía da USC, autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (DOG do 16 de abril), e que figura inscrito no RUCT co código 5311353.

8. Programa de doutoramento en Neurociencias (interuniversitario), que se autoriza pola presente orde.

Artigo 2

Conceder autorización á Universidade de Santiago de Compostela para implantar, no curso 2013/14, as ensinanzas universitarias oficiais de:

1. Máster universitario en Lóxica e Filosofía da Ciencia (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción do Máster universitario en Lóxica e Filosofía da Ciencia coordinado pola Universidade de Salamanca, no que tamén participan a USC e a UDC, autorizado para a USC polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (DOG do 8 de febreiro), e para a UDC polo Decreto 53/2008, do 13 de marzo (DOG do 28 de marzo), e que figura inscrito no RUCT co código 4310330.

2. Máster universitario en Química Teórica e Modelización Computacional (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción do Máster universitario en Química Teórica e Modelización Computacional coordinado pola Universidade Autónoma de Madrid, no que tamén participan a USC e a UVIGO, autorizado para a UVIGO polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (DOG do 8 de febreiro), e para a USC polo Decreto 53/2008, do 13 de marzo (DOG do 28 de marzo), e que figura inscrito no RUCT co código 4311360.

3. Programa de doutoramento en Biodiversidade e Conservación do Medio Natural. Esta autorización inicia o proceso de extinción do Programa de doutoramento en Biodiversidade e Conservación do Medio Natural da USC, autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (DOG do 16 de abril), e que figura inscrito no RUCT co código 5311328

4. Programa de doutoramento en Comunicación e Información Contemporánea. Esta autorización inicia o proceso de extinción do Programa de doutoramento en Comunicación e Industrias Creativas da USC, autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (DOG do 16 de abril), e que figura inscrito no RUCT co código 5311330.

5. Programa de doutoramento en Enxeñaría Termodinámica de Fluídos (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción do Programa de doutoramento en Investigación en Enxeñaría Termodinámica de Fluídos coordinado pola Universidade de Valladolid no que tamén participa a USC, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (DOG do 15 de decembro), e que figura inscrito no RUCT co código 5310678.

6. Programa de doutoramento en Historia Contemporánea (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción do Programa de doutoramento en Historia Contemporánea coordinado pola Universidade de Zaragoza no que tamén participa a USC, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (DOG do 8 de febreiro), e que figura inscrito no RUCT co código 5311074.

7. Programa de doutoramento en Innovación en Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias. Esta autorización inicia o proceso de extinción do Programa de doutoramento en Innovación en Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias da USC, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (DOG do 15 de decembro), e que figura inscrito no RUCT co código 5310616.

8. Programa de doutoramento en Investigación Clínica en Medicina. Esta autorización inicia o proceso de extinción das seguintes titulacións: Programa de doutoramento en Especialidades Médico-Cirúrxicas da USC, autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (DOG do 16 de abril) e que figura inscrito no RUCT co código 5311341, e do Programa de doutoramento en Medicina Molecular da USC, autorizado polo Decreto 56/2010, do 8 de abril (DOG do 16 de abril), e que figura inscrito no RUCT co código 5311352.

9. Programa de doutoramento en Lóxica e Filosofía da Ciencia (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción do Programa de doutoramento en Lóxica e Filosofía da Ciencia coordinado pola Universidade de Salamanca no que tamén participan a UDC e a USC, autorizado para a USC polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (DOG do 8 de febreiro), e para a UDC polo Decreto 53/2008, do 13 de marzo (DOG do 28 de marzo), e que figura inscrito no RUCT co código 5311316.

10. Programa de doutoramento en Medio Ambiente e Recursos Naturais. Esta autorización inicia o proceso de extinción do Programa de doutoramento en Medioambiente e Recursos Naturais da USC, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (DOG do 15 de decembro), e que figura inscrito no RUCT co código 5310624.

11. Programa de doutoramento en Nanomedicina (interuniversitario), que se autoriza pola presente orde.

12. Programa de doutoramento en Textos da Antigüidade Clásica e a súa Pervivencia (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción do Programa de doutoramento en Filoloxía Clásica da USC, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (DOG do 15 de decembro), e que figura inscrito no RUCT co código 5310607

Artigo 3

Conceder autorización á Universidade de Vigo para implantar, no curso 2013/14, as ensinanzas universitarias oficiais de:

1. Máster universitario en Dirección Pública e Liderado Institucional. Esta autorización inicia o proceso de extinción do Máster universitario en Dirección Pública e Liderado Institucional da UVIGO, autorizado polo Decreto 245/2011, do 15 de decembro (DOG do 3 de xaneiro de 2012), e que figura inscrito no RUCT co código 4313039.

2. Máster universitario en Química Teórica e Modelización Computacional (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción do Máster universitario en Química Teórica e Modelización Computacional coordinado pola Universidade Autónoma de Madrid, no que tamén participan a USC e a UVIGO, autorizado para a UVIGO polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (DOG do 8 de febreiro), e para a USC polo Decreto 53/2008, do 13 de marzo (DOG do 28 de marzo), e que figura inscrito no RUCT co código 4311360.

3. Programa de doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía de Coloides e Interfaces. Esta autorización inicia o proceso de extinción do Programa de doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía de Coloides e Interfaces da UVIGO, autorizado polo Decreto 150/2010, do 16 de setembro (DOG do 23 de setembro), e que figura inscrito no RUCT co código 5311660.

4. Programa de doutoramento en Ecosistemas Terrestres, Uso Sustentable e Implicacións Ambientais. Esta autorización inicia o proceso de extinción do Programa de doutoramento en Ecosistemas Terrestres, Uso Sustentable e Implicacións Ambientais da UVIGO, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (DOG do 15 de decembro), e que figura inscrito no RUCT co código 5310695.

5. Programa de doutoramento en Educación, Deporte e Saúde, que se autoriza pola presente orde.

6. Programa de doutoramento en Física Aplicada (interuniversitario). Esta autorización inicia o proceso de extinción do Programa de doutoramento en Física Aplicada coordinado pola UVIGO e no que tamén participa a UDC, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (DOG do 8 de febreiro), e que figura inscrito no RUCT co código 5310699.

7. Programa de doutoramento en Nanomedicina (interuniversitario), que se autoriza pola presente orde.

8. Programa de doutoramento en Xestión e Resolución de Conflitos. Menores, Familia e Xustiza Terapéutica. Esta autorización inicia o proceso de extinción do Programa de doutoramento en Menores en Situación de Desproteción e Conflito Social da UVIGO, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (DOG do 15 de decembro), e que figura inscrito no RUCT co código 5310709.

Artigo 4

As universidades adoitarán as medidas necesarias para garantir os dereitos académicos dos estudantes que se encontren cursando os estudos que inician o proceso de extinción de acordo co establecido no artigo 16.2 do Decreto 222/2011, do 2 de decembro.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria