Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 3 de febreiro de 2014 Páx. 4531

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Chantada (expediente IN407A 2013/38-2, 8121 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: LMT e CCTT polígono industrial Os Acivros.

Situación: concello de Chantada.

Características técnicas:

– Paso aéreo a subterráneo en simple circuíto situado no apoio proxectado nº 46 de celosía tipo C FL-16/7000-H35-CA III, situado na LMT CHA814 entre os centros de transformación existentes Asmayect (27PQ73) e Soilán (27AF03).

– Liña de media tensión subterránea a 20 kV con orixe nunha cela de liña existente no centro de seccionamento existente Asmayect (27PQ72) e final nunha cela de liña existente no centro de transformación existente polígono-Chantada (27C189), cunha lonxitude de 215 metros en condutor RHZ1-240.

– Liña de media tensión subterránea a 20 kV con orixe nunha cela de liña existente no centro de transformación existente polígono-Chantada (27C189) e final nunha cela de liña proxectada no CT prefabricado proxectado nº 1, cunha lonxitude de 279 metros en condutor RHZ1-240.

– Liña de media tensión subterránea a 20 kV con orixe nunha cela de liña proxectada no CT prefabricado proxectado nº 1 e final nunha cela de liña proxectada no CT prefabricado proxectado nº 2, cunha lonxitude de 29 metros en condutor RHZ1-240.

– Liña de media tensión subterránea a 20 kV con orixe nunha cela de liña proxectada no CT prefabricado proxectado nº 2 e final nunha cela de liña proxectada no CT prefabricado proxectado nº 3, cunha lonxitude de 450 metros en condutor RHZ1-240.

– Liña de media tensión subterránea a 20 kV con orixe nunha cela de liña proxectada no CT prefabricado proxectado nº 3 e final no paso aerosubterráneo descrito no primeiro punto, cunha lonxitude de 381 metros en condutor RHZ1-240.

– CT prefabricado de manobra exterior nº 1, cunha potencia inicial de 400 kVA e unha potencia proxectada de 1.000 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230 V.

– CT prefabricado de manobra exterior nº 2, cunha potencia inicial de 630 kVA e unha potencia proxectada de 1.000 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230 V.

– CT prefabricado de manobra interior nº 3, cunha potencia inicial de 630 kVA e unha potencia proxectada de 1.000 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230 V.

– Desmontaxe da LMT aérea CHA814 entre o paso aéreo a subterráneo proxectado e o paso aerosubterráneo existente situado ao lado do CS Asmayect.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 9 de xaneiro de 2014

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo