Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 7 de febreiro de 2014 Páx. 5294

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO de información pública sobre a apertura dun obradoiro de pastelaría artesanal e venda en liña no Milladoiro.

Gloria Mascuñana Armada, en representación de Miss Cakes, S.L., solicita nesta alcaldía licenza municipal para instalar actividade de obradoiro de pastelaría artesanal e venda en liña que se situará na praza Manuel Murguía, nº 5, O Milladoiro.

Para cumprir co disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, e con base na Lei 34/2007, do 15 de novembro, de calidade do aire e protección da atmosfera, sométese a información pública por un período de vinte (20) días hábiles, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia.

Durante este tempo, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poderán examinar o expediente, no Departamento de Urbanismo, sito na rúa Alcalde Lorenzo, 2, Bertamiráns, das 9.00 ás 14.00 horas, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Ames, 5 de novembro de 2013

Santiago V. Amor Barreiro
Alcalde