Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 7 de febreiro de 2014 Páx. 5295

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO de información pública sobre reforma interior de supermercado no polígono da Gándara.

Mercartabria, S.L.U. solicitou licenza municipal para a reforma interior de supermercado nas parcelas 18-19 do polígono da Gándara. Sométese a información pública por un período de vinte días hábiles co fin de que poida examinarse o expediente, no Negociado de Licenzas deste concello, e formularse por escrito as reclamacións e/ou observacións que se consideren oportunas, de conformidade co disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental.

Ferrol, 26 de decembro de 2013

Guillermo Evia Pérez
Concelleiro delegado de Urbanismo, Infraestruturas e Contratación