Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 10 de outubro de 2013, pronunciou a sentenza número 738/2013, ditada no procedemento ordinario nº 4037/2010, interposto por Constantino Camino Fariñas, Julita Lozano Ruido e Manuela Castillo Lozano, sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:
«Estimamos o recurso contencioso-administrativo interposto polo procurador Julio López Valcárcel en nome e representación de Constantino Camino Fariñas, Julita Lozano Ruido e Manuela Castillo Lozano, en relación coa Orde do 9 de novembro de 2009 sobre a aprobación definitiva das modificacións puntuais do distrito norte número 15-20 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Ourense, e declaramos que a modificación puntual nº 15 non é conforme co dereito, e anulámola, sen imposición das custas».
A citada sentenza foi declarada firme.
Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2014
María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo