En cumprimento do dispuesto no artigo 42.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, comunícase que o proxecto de Decreto polo que se modifica o Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, está á disposición dos interesados para o cumprimento do trámite de audiencia, durante quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, avda. San Caetano, s/n, Santiago de Compostela e na páxina web da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza: http://cpapx.xunta.es/normativa-en-tramitacion, e que as eventuais observacións ao citado proxecto deberán cursarse ante o citado organismo.
O que se fai publico para os efectos oportunos.
Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2014
Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza