Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2014 Páx. 6130

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2014 pola que se fan públicas a aprobación definitiva e as disposicións normativas da modificación puntual do proxecto sectorial do parque empresarial de Cee, aprobada mediante Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de decembro de 2013.

En cumprimento do disposto no artigo 13 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, faise pública a aprobación definitiva mediante Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de decembro do 2013 da modificación puntual do proxecto sectorial do parque empresarial de Cee (A Coruña), sometida a información pública mediante Anuncio do 6 de maio de 2013 (DOG núm. 115, do 18 de xuño).

Así mesmo, en virtude do artigo 4 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia (modificado pola Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia), fanse públicas as disposicións normativas da modificación puntual do proxecto sectorial do parque empresarial de Cee (A Coruña) para a súa entrada en vigor:

Normas urbanísticas do proxecto sectorial do parque empresarial de Cee

1. Normas xerais.

1.1. Natureza.

O presente documento urbanístico do proxecto sectorial é o instrumento de ordenación do territorio que desenvolve as directrices e determinacións establecidas no Plan sectorial de ordenación territorial de áreas empresariais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para a área denominada parque empresarial de Cee.

1.2. Ámbito.

O ámbito de aplicación da presente normativa é o sinalado nos planos de ordenación das presentes normas urbanísticas.

1.3. Alcance.

As determinacións contidas neste proxecto sectorial serán vinculantes para as administracións públicas e para os particulares, e prevalecerán sobre as determinacións do planeamento urbanístico vixente no municipio de Cee.

1.4. Modificación e vixencia.

O presente documento entra en vigor coa publicación do acordo da súa aprobación definitiva. A súa vixencia é indefinida, e a súa modificación realizarase de acordo co establecido no artigo 14 do Decreto 80/2000 polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

1.5. Desenvolvemento e execución.

Para o desenvolvemento e execución do parque empresarial de Cee será precisa a elaboración dos correspondentes proxectos técnicos de urbanización, parcelación e edificación.

O contido dos ditos proxectos será o establecido na lexislación urbanística e sectorial, e debe, pola súa vez, cumprir coas condicións establecidas nas presentes normas.

1.6. Cumprimento da lexislación vixente.

O cumprimento das normas e preceptos contidos nesta normativa non exime da obrigatoriedade de cumprir as restantes disposicións vixentes ou que poidan ser ditadas sobre as distintas materias afectadas en cada caso.

Nos aspectos non recollidos nesta normativa observarase o disposto, de forma subsidiaria, no Plan sectorial de ordenación territorial de áreas empresariais no ámbito da Comunidades Autónoma de Galicia, e na normativa urbanística do planeamento xeral do municipio de Cee.

1.7. Sistema de actuación.

Por determinación do Plan sectorial de ordenación territorial de áreas empresariais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia a actuación desenvolverase por expropiación forzosa e corresponde ao Instituto Galego da Vivenda e Solo a tramitación dos expedientes expropiatorios como Administración actuante.

1.8. Definicións.

Para os efectos desta normativa, cantas veces se empreguen os termos que a continuación se indican, terán o significado que se expresa nas seguintes epígrafes.

– Parcela edificable.

É a superficie de solo comprendida entre lindes e aliñacións sobre a cal se pode edificar cando reúna a condición de soar como consecuencia da execución do planeamento.

– Cuarteirón.

Conxunto de parcelas que quedan comprendidas entre vías e/ou espazos públicos determinados por este proxecto.

– Aliñación oficial.

Entenderase por aliñación oficial as liñas límite das parcelas edificables cos espazos públicos constituídos pola rede viaria e os espazos libres.

– Fronte de parcela.

É a distancia existente entre os lindes laterais da parcela, medida esta sobre a aliñación oficial da mesma. Prodúcese sempre en contacto cos espazos públicos.

A fronte mínima enténdese a menor permitida para que poida considerarse parcela edificable.

– Lindes laterais.

Son os lindes perimetrais que delimitan unha parcela e a distinguen das lindantes. É linde frontal o que delimita a parcela coa vía ou espazo libre público a que dea fronte.

En parcelas cun só linde frontal, entenderase como testeiro o oposto a este e o resto serán lindes laterais.

En parcelas con máis dun linde frontal, serán lindes laterais os restantes.

– Liña límite de edificación.

É aquela liña que a futura edificación non pode superar.

– Recuamento de fachada.

Enténdese por recuamento de fachada a distancia mínima que debe separar a edificación da aliñación de parcela e que debe quedar libre de todo tipo de edificación, sobre e baixo rasante, salvo que de forma expresa se estableza o contrario nestas normas.

– Recuamento a lindes.

Enténdese por recuamento a linde a distancia mínima que debe separarse a edificación dos lindes das parcelas e que debe quedar libre de todo tipo de edificación sobre rasante.

– Rasante.

Son as cotas altimétricas que corresponden co perfil lonxitudinal dunha vía.

– Altura da edificación.

É a dimensión vertical dun edificio medida da forma seguinte: desde a cota de rasante da beirarrúa ata a cara inferior do último forxado horizontal ou entramado estrutural da cuberta, tomada no punto medio da fachada.

Tamén pode expresarse a altura da edificación polo número total de plantas que ten a edificación sobre rasante, nas cales se incluirán a planta baixa, as plantas piso e, se é o caso, a planta semisoto.

– Altura máxima da edificación.

Será a maior altura que poderá alcanzar a edificación, en aplicación desta normativa. Poderá vir expresada en metros e/ou plantas. A súa aplicación regularase polos criterios establecidos no punto anterior.

Cando se estableza a altura por número de plantas e metros, ambas as dúas deberán respectarse como máximos admisibles.

– Construcións por enriba da altura máxima.

Sobre a altura máxima permitida non se permiten outras construcións que a cuberta, cunha altura non superior a catro (4) metros, e as chemineas, antenas, instalacións para enerxía solar e instalacións especiais necesarias para o bo funcionamento da actividade.

– Planta baixa, semisoto e soto.

Planta baixa: é a inferior do edificio onde o solo se encontra á altura, por enriba, ou como máximo sesenta (60) centímetros por debaixo da rasante da beirarrúa ou terreo en contacto coa edificación. É planta sobre rasante.

Semisoto: é aquela planta que, tendo o solo a máis de sesenta (60) centímetros por debaixo da rasante, ten o teito a máis de sesenta (60) centímetros por enriba da dita rasante. É planta baixo rasante.

Soto: é aquela planta que ten o teito a menos de sesenta (60) centímetros por enriba da rasante ou a calquera distancia por debaixo dela. É planta baixo rasante.

Se pola configuración do terreo as condicións anteriormente fixadas variasen ao longo da liña de edificación exterior, as plantas soto, semisoto e baixa adoptaranse nas partes que, nese caso, cumpran co fixado para a súa definición.

– Altura de planta.

É a distancia entre os eixes de dous forxados consecutivos, ou entre o nivel de piso e tirante de cimbro de cuberta de nave.

– Altura libre de piso.

É a distancia desde a superficie do pavimento acabado ata a superficie inferior do teito da planta correspondente. En naves, a altura de planta e a altura libre de planta consideraranse equivalentes.

– Ocupación máxima.

É a superficie da parcela edificable susceptible de ser ocupada pola edificación. A súa cuantía pode sinalarse:

• Indirectamente, como conxunción de referencias de posición, coincidente entón coa área de movemento.

• Directamente, mediante a asignación dun coeficiente de ocupación. Neste caso a ocupación é a máxima proporción da superficie edificable que poderá quedar comprendida dentro dos límites definidos pola proxección, sobre un plano horizontal, das liñas externas de toda edificación, incluso a subterránea. Expresarase en tanto por cento.

– Superficie ocupada.

É a superficie comprendida dentro dos límites definidos pola proxección vertical sobre un plano horizontal das liñas externas de toda construción, incluso a subterránea. Para o conxunto da superficie ocupada non se terán en conta os beirís, marquesiñas ou elementos.

– Superficie edificada.

É a superficie comprendida entre os límites exteriores da construción da planta. A suma das superficies edificadas de todas as plantas será a superficie total edificada.

– Edificabilidade máxima.

É o valor que sinala esta normativa para limitar a superficie edificada total que pode construírse nunha parcela ou nunha área determinada. Pode ser fixada mediante:

• Unha cantidade concreta.

• Un coeficiente de edificabilidade que relaciona a superficie total edificable e a superficie total da parcela ou área.

– Espazos libres interiores de parcela.

Son os espazos de uso privativo non ocupados pola edificación.

– Tipos edificatorios.

Enténdese por tipos edificatorios os modelos construtivos básicos que serven de contedores edificados dos usos permitidos por esta normativa.

Os tipos edificatorios permitidos en cada zona de ordenanza aplicaranse obrigatoriamente a estas.

Os tipos admisibles son:

• Edificación illada: construcións que se encontran separadas doutras edificacións ou lindes parcelarios distintos da aliñación oficial en todas as caras dela.

• Edificación semiacaroada: construcións que posúen unha das súas caras acaroadas a un dos lindes parcelarios laterais.

• Edificación acaroada: construcións independentes entre medianeiras.

1.9. Condicións xerais de uso.

Son as condicións que regulan as diferentes utilizacións dos terreos e edificacións segundo a actividade que se produza.

A regulación de usos en determinada parcela ou zona establécese en cada ordenanza.

1.9.1. Definición e clasificación dos usos do solo e da edificación.

– Definición:

• Uso característico: é o predominante nunha zona de ordenanza segundo a calificación establecida pola ordenación.

• Uso compatible: é o que pode implantarse substituíndo ou coexistindo co característico para efectos do cómputo das limitacións de intensidade de usos, en zona ou parcela.

• Uso asociado: é aquel uso compatible ligado á actividade principal que se integra con ela en edificio ou ámbito.

• Uso prohibido: todo aquel que na zona de ordenanza non apareza como característico ou compatible.

– Clasificación:

Para os efectos destas normas, e de acordo co plan sectorial, os usos permitidos son os seguintes:

• Uso industrial e almacenaxe: definido como aquel que comprende actividades de transformación, elaboración e reparación, así como as de almacenaxe e distribución de produtos de calquera clase. Inclúense neste uso as actividades de investigación aplicada como laboratorios, centros informáticos, etc., así como as actividades de servizos ás empresas.

• Garaxe-aparcadoiro e servizos do automóbil: definido como aquel que corresponde á garda e estacionamento de vehículos, así como o seu mantemento e reparación. Inclúe as estacións de servizo.

• Oficinas: definido como o que comprende as actividades administrativas, burocráticas, de xestión e servizos. Pode abranguer actividades en edificios exclusivos ou ben actividades complementarias doutros usos.

• Comercial: definido como aquel que comprende os locais abertos ao público destinados á venda ou prestación de servizos. Pode abranguer actividades implantadas en edificios exclusivos ou complementarios doutros usos.

• Equipamento, lecer e recreativo: definido como aquel que comprende actividades relacionadas con lecer e tempo libre, así como as dotacións propias para o desenvolvemento do solo urbanizable (deportivo, social, cultural) ou compatibles coas determinacións previstas (docente, asistencial-sanitario, sociocultural, público-administrativo).

• Hoteleiro: definido como aquel destinado ao servizo público de aloxamento temporal.

• Servizos públicos: definido como aquel que corresponde tanto ás instalacións de carácter específico (enerxía, comunicación, matadoiros) como aquelas actividades de servizos desenvolvidas por organismos públicos.

Para efectos de regulación de usos observarase o determinado polas normas subsidiarias de planeamento municipal de Cee, coas precisións que se inclúen a continuación para cada un dos usos pormenorizados permitidos polo plan sectorial.

1.9.2. Regulación do uso para industria e almacenaxe.

O uso para industria e almacenaxe comprende as seguintes actividades:

• Produción, que comprende aquelas actividades cuxo obxecto principal é a obtención de produtos por procesos transformadores, e inclúe funcións técnicas e económicas espacialmente ligadas á función principal, tales como a reparación, garda ou depósito de medios de produción e materias primas, así como a almacenaxe de produtos acabados para a súa subministración a almacenistas, instaladores, fabricantes, etc.

• Almacenaxe e distribución, que comprende aquelas actividades independentes, cuxo obxecto principal é o depósito, garda ou almacenaxe de bens e produtos, así como as funcións de almacenaxe e distribución de mercadorías propias do comercio grosista, almacenaxe dos establecementos dedicados á obtención, transformación, almacenamento e preparación para o transporte de primeiras materias, así como a súa preparación para posteriores transformacións, mesmo envasado, transporte e distribución. Así mesmo, inclúense aquí outras funcións de depósito, garda ou almacenaxe ligadas a actividades principais de industria, comercio retallista, transporte ou outros servizos de uso terciario, que require espazo axeitado separado das funcións básicas de produción, oficina ou despacho público.

• Reparación e tratamento de produtos de consumo doméstico, que comprende aquelas actividades, cuxa función principal é reparar ou tratar obxectos de consumo doméstico con obxecto de restauralos ou modificalos, pero sen que perdan a súa natureza inicial. Estes servizos poden levar incluída a súa venda directa ao público ou a través de intermediarios.

• Actividades de investigación aplicada ao desenvolvemento da industria, como laboratorios, centros informáticos, etc., así como ás de servizos ás empresas.

– Uso para industria.

De acordo co establecido na normativa urbanística das normas subsidiarias de planeamento de Cee, para efectos de clasificación establécense os seguintes tipos de industrias:

a) Industria compatible con vivenda.

b) Industria contigua a vivenda, en edificio exclusivo.

c) Industria que pode admitirse en edificio exclusivo contiguo a vivenda, pero non totalmente incompatible co dito uso. Industria illada.

d) Industria en zona industrial urbana.

e) Industria en zona industrial illada.

f) Industrias especiais.

Aínda cando na definición interveña o uso para vivenda, iso non significa que non poida considerarse con independencia do dito uso con base nas características que se deducen dos puntos seguintes.

Para cada tipo de industria prevense os seguintes limiares mínimos de contaminación atmosférica.

Tipo

a

b

c

d

e

f

Emisión máxima de po

1,5

1,5

5

5

20

25

Emisión global (kg/h)

3

3

10

10

40

50

Emisión total mg/m2 en 24 h

100

100

300

300

1.000

1.200

Emisión po mg/m2 en 24 h

60

60

180

180

600

700

Respecto ás concentracións máximas admisibles de contaminantes establécense como límites xerais os disposto na lexislación de protección do ambiente atmosférico.

En canto a augas residuais, no caso de que unha vertedura industrial vaia á rede de saneamento xeral, teranse en conta as seguintes limitacións:

• Referente á protección e conservación da rede de sumidoiros:

A vertedura carecerá de sólidos, líquidos ou gases inflamables ou explosivos e non levará substancias que supoñan posibilidade de obstrución da rede de sumidoiros.

O pH das augas residuais estará comprendido entre 6 e 8.

A temperatura das verteduras será inferior a 40º C.

Os sulfatos serán inferiores a 1.500 partes por millón.

• Referente á protección da depuradora municipal:

Non se admitirán corpos que poidan producir obstrucións nas conducións e grupos de bombeo.

Non se verterán substancias capaces de producir fenómenos de corrosión ou abrasión nas instalacións electromecánicas.

Non se admitirán substancias capaces de producir espumas que interfiran as sondas de nivel ou afecten as instalacións electromecánicas, así como os procesos de depuración ou de decantación.

En relación coa composición química e biolóxica do efluente, será obrigatorio que as verteduras admitidas en depuración conxunta non superen os límites de concentración seguintes:

– Materia en suspensión: 1.000 ppm.

– Materia sedimentable: 10 ml/l.

– DBO: 1.000 ppm.

– DQO: 1.000 ppm.

– Sulfuros: 5 ppm.

– Cianuros: 2 ppm.

– Formol: 20 ppm (HCHO).

– Dióxido de xofre: 5 ppm (SO2).

– Cromo hexavalente: 0,5 ppm.

– Cromo total: 5 ppm.

– Cobre: 3 ppm.

– Níquel: 5 ppm.

– Zinc: 10 ppm.

– Chumbo: 1 ppm.

En canto ás condicións de seguridade contra o lume, as industrias e almacéns industriais observarán o disposto na norma NBE-CPI e a restante lexislación sectorial aplicable.

As industrias que fabriquen, almacenen ou manipulen explosivos industriais situaranse nos lugares e ás distancias dos núcleos de poboación que exixa a súa regulamentación específica.

Os niveis sonoros máximos admisibles para cada tipo serán:

Tipo

Nivel sonoro á zona exterior
dos edificios en db(a)

Día

Noite

a e b

40-45

35-40

c

50-55

45-45

d

55-60

45-50

e

60-65

50-60

f

70-75

60-75

Os locais industriais en que se prevexan postos de traballo terán como mínimo unha superficie de 5 metros por cada un, e un volume de 20 m3. Exixirase a iluminación e ventilación natural ou artificial. No primeiro caso, cumpriranse os mínimos exixidos para o uso de vivenda en habitacións vividoiras, no segundo caso exixirase a presentación de proxectos detallados de instalacións de iluminación e aire acondicionado.

Disporán de aseos independentes para os dous sexos, a razón dun retrete, un urinario, un lavabo e unha ducha por cada vinte postos de traballo ou fracción.

Todos os paramentos interiores, así como os pavimentos, serán impermeables e lisos. Os materiais da edificación deberán ser incombustibles e as estruturas resistentes ao lume e de características tales que non permitan chegar ao exterior ruídos e vibracións superiores aos estipulados anteriormente para cada tipo de industria de que se trate.

Para o movemento de maquinaria, así como para a iluminación; empregarase enerxía eléctrica.

Reservaranse 20 metros de aparcadoiro dentro da parcela por cada 80 metros construídos de instalación industrial.

A altura libre mínima interior dos locais industriais será 3,60 metros se non teñen falso teito e 3 metros se o teñen.

– Uso para almacén.

Denomínase almacén a todo local destinado a almacenamento de materiais, ben para a súa garda e conservación, ben para a súa venda por xunto.

Estas normas distinguen seis tipos de almacéns:

a) Almacéns de comercios retallistas e outros que non superen os 100 metros e se sitúen en planta baixa dos edificios doutros usos.

b) Almacéns de superficie comprendida entre 100 e 300 metros situados en plantas baixas de edificios doutros usos.

c) Almacéns de superficie maior de 300 m2 situados en plantas baixas de edificios doutros usos.

d) Almacéns en edificios exclusivos con superficie non superior a 500 metros.

e) Almacéns en edificios exclusivos con superficie superior a 500 metros.

f) Almacéns que, polo tipo de mercadorías almacenadas ou o método de conservación, resulten incompatibles coa vivenda e precisen que a súa situación sexa en zonas de uso específico de almacén ou industria.

Para as condicións de edificación observarase o disposto para os usos industrial e comercial naquilo que lles sexa de aplicación.

Preverase unha zona de carga e descarga dentro da parcela ou do edificio de suficiente dimensión para as necesidades de uso da actividade, e incluirase no proxecto un estudo con resolución das manobras necesarias para o acceso de vehículos de transporte. Reservaranse 20 metros de superficie de aparcadoiro por cada 150 metros de almacén ou fracción.

En calquera caso, permítense almacéns en sotos ligados rexistralmente ao local da planta baixa, que deberá ter acceso directo ao almacén e unha superficie de contacto de polo menos o 20 % da súa superficie.

1.9.3. Regulación do uso para garaxe-aparcadoiro e servizos ao automóbil.

– Uso para garaxe-aparcadoiro.

1. Considéranse garaxes todos os locais cerrados, que poden estar cubertos ou non, destinados a gardar de forma habitual vehículos de tracción mecánica ou remolques destes.

2. As dimensións mínimas das prazas de garaxe serán de 2,25 metros de largo por 4,50 de longo, sen incluír accesos nin espazos de circulación e de manobra.

3. Os garaxes deberán ter un acceso de largura mínima de 3,00 metros, cando a súa superficie construída supere os 300 metros, e o seu acceso deberá ter unha largura mínima de 5,00 metros ou ben posuír dous accesos rodados, un de entrada e outro de saída. As vías interiores de acceso e circulación terán unha largura mínima igual á do acceso do garaxe, as ramplas no poderán ter unha pendente superior ao 15 %, o raio mínimo de curvatura das vías interiores será de 6,00 metros ao eixe. Todos os garaxes disporán dun espazo horizontal de terreo de uso privado (sen incluír beirarrúas ou outros espazos de uso público), inmediato e situado á mesma cota que a vía pública pola que teña acceso, cun fondo mínimo desde antes de comezar a rampla de 5,00 metros, e unha largura mínima igual á do acceso.

Todos os garaxes de superficie construída superior aos 100 metros terán polo menos un acceso independente para os peóns, independentemente de que deberán de cumprir os requisitos construtivos e as condicións de evacuación exixidos pola lexislación aplicable de protección contra incendios nos edificios.

4. Os garaxes ventilarán por ocos de fachada ou por condutos de ventilación forzada. No primeiro caso a superficie real de ventilación permanente será superior ao 5 % da superficie en planta do garaxe, sen que ningún punto da súa superficie diste máis de 15 metros dun foco de ventilación de superficie superior a 0,25 metros. En caso de ventilación forzada, esta terá a suficiente dimensión para impedir a acumulación de fumes e gases.

A ventilación dos garaxes en todo caso, de facerse por medio de patios e chemineas, estas serán para a súa ventilación exclusiva, e a estas non abrirán máis ocos que os do garaxe. En ocos de fachada, a distancia mínima con outras fachadas enfrontadas de edificios doutros usos será de 10,00 metros.

5. Todos os garaxes contarán como mínimo coas seguintes instalacións: subministración de enerxía eléctrica conforme o Regulamento de baixa tensión e instrucións complementarias, subministración de auga potable e evacuación de augas residuais á rede xeral ou sistema autónomo de tratamento contando con sumidoiros no pavimento dotados de dispositivos separadores de compostos orgánicos.

– Servizos ao automóbil.

Denomínase servizo do automóbil todo lugar destinado especificamente ao abastecemento, mantemento, entretemento, reparación e limpeza de vehículos automóbiles.

Agrúpanse baixo este uso os seguintes usos pormenorizados:

• Uso para gasolineira: sen prexuízo do establecido na regulamentación da Consellería de Economía e Industria, enténdese por gasolineira a instalación que contén aparellos para subministración de carburantes e lubricantes dos vehículos automóbiles.

• Uso para talleres e servizos do automóbil: considérase como uso específico de taller ou servizo do automóbil o uso industrial cuxa actividade de transformación de materias consista en construción, modificación ou reparación e mantemento de vehículos de tracción mecánica.

• Os talleres de servizo do automóbil, ademais de cumpriren as prescricións xerais do uso para garaxe e as do uso industrial que lles sexan de aplicación, cumprirán as seguintes prescricións:

* Non causarán molestias aos veciños e viandantes.

* Disporán dentro do local de 20 metros de estacionamento por cada 10 metros de zona de traballo.

* Disporán dentro da parcela dunha superficie pavimentada e descuberta destinada a estacionamento polo menos igual á superficie construída do local.

* Os talleres de automóbiles de máis de 300 metros cadrados construídos terán que estar en edificio exclusivo que será compatible con uso do 25 % da súa superficie para usos vinculados ao establecemento.

1.9.4. Regulación do uso para oficinas.

Os locais de oficinas terán os seguintes servizos:

En locais de superficie de ata 80 m2, un retrete e un lavabo; por cada 100 m2 máis a
fracción, aumentarase a dotación nun retrete e un lavabo. A partir de 80 metros instalaranse independentes para señoras e cabaleiros.

A iluminación e ventilación dos locais de oficinas poderá ser natural ou artificial. No primeiro caso, as condicións de oficinas serán como mínimo as exixidas para locais vividoiros de vivenda nas normas subsidiarias de planeamento de Cee. No segundo caso exíxese a presentación dos proxectos detallados de instalacións de iluminación e aire acondicionado.

As oficinas cumprirán rigorosamente o disposto nas normas de protección contra incendios e restante normativa en materia de condicións de seguridade que lles sexa de aplicación.

No referente a alturas mínimas, dimensión de accesos, etc., será de aplicación o disposto como condicións mínimas para o uso para vivenda na normativa urbanística das normas subsidiarias de planeamento municipal do municipio de Cee, independentemente do que para condicións de evacuación exixa a normativa de incendios.

Reservarase unha superficie de 20 metros de uso para aparcadoiro ou garaxe dentro do edificio ou parcelas por cada 50 metros de superficie construída.

1.9.5. Regulación do uso comercial.

Os diversos tipos de locais comerciais cumprirán todas as disposicións vixentes que lles sexan de aplicación, subsidiariamente establécense as seguintes:

A altura dos locais comerciais será a que se especifica en cada zona, a excepción dos sotos, que terán unha altura libre mínima de 2,70 metros, en caso de se destinaren a uso comercial. Se o uso destes é de garaxe-aparcadoiro, as condicións que deben reunir serán as reguladas para ese uso.

As escaleiras de servizo ao público nos locais comerciais terán unha largura mínima de paso de 1,20 metros.

Os locais comerciais disporán dos seguintes servizos sanitarios:

– Ata 120 m2, un retrete e un lavabo, por cada 200 m2 máis a fracción, a dotación aumentarase nun retrete e un lavabo máis. A partir de 120 m2 instalaranse con absoluta independencia para señoras e cabaleiros. En calquera caso, estes servizos non poderán comunicarse directamente co resto dos locais e deberán instalarse cun vestíbulo ou zona de illamento.

– No caso de que se agrupen locais comerciais nun centro comercial, os servizos sanitarios poderán distribuírse do modo seguinte: os locais de menos de 60 metros poderán servirse de aseos comúns que se situarán na súa mesma planta. Para tal efecto, a suma da superficie total destes locais determinará as necesidades de aseos comúns, a razón dun retrete ou lavabo por cada 300 m2 ou fracción. Ademais, terá que cumprirse a proporción dun lavabo por cada dous retretes ou urinarios.

Poderán instalarse galerías interiores voadas e abertas para almacenamento de mercadorías; o voo non pasará dos 2,0 metros, a altura libre inferior non será menor de 2,20 metros e a altura libre sobre a súa superficie será, como mínimo, de 2,0 metros.

A zona que se destine a venda ao público do local terá unha superficie mínima de 10,00 metros e non servirá de paso.

Os locais destinados a establecementos comerciais estarán dotados de ventilación natural ou artificial. A natural farase a través de ocos a fachada ou a patios que teñan as dimensións mínimas establecidas para elas nas condicións mínimas exixidas para locais vividoiros de vivenda pola normativa urbanística das normas subsidiarias de planeamento de Cee. En calquera caso, as cociñas e os locais semellantes ventilarán por cheminea, ben exclusiva para estas, ben xeral do edificio.

Se os locais non reúnen as condicións anteriores, exixirase ventilación artificial, para o cal se incluirá esta instalación co seu cálculo e dimensionado de proxecto para a solicitude de licenza de acondicionamento do local, de maneira que se garanta, como mínimo, a renovación horaria da totalidade do aire do local. Previa á concesión da licenza de apertura, o Concello comprobará o funcionamento de todas as instalacións de local. Esta comprobación poderá repetirse en calquera momento de oficio por parte do Concello ou por petición da parte interesada.

Os locais comerciais disporán de saídas de urxencia, accesos, instalacións de alarma e extinción e demais condicións e requisitos exixidos pola normativa contra incendios en vigor en cada momento. As estruturas da edificación serán resistentes ao lume nas condicións exixidas pola NBE-CPI ou norma que a substitúa.

Os locais comerciais terán todas as instalacións necesarias para lles garantir aos veciños e viandantes a supresión de molestias, olores, fumes, vibracións, etc.

Os comercios que se establezan en planta baixa deberán ter acceso directo desde a vía pública, excepto no caso de que se agrupen en centro comercial. Nese caso, poderán ter acceso desde as zonas comúns interiores. Cando nun soto haxa un establecemento comercial de calquera tipo, este estará vinculado ao local da planta baixa situado sobre el; terá que coincidir polo menos nun 20 % da súa planta e disporá de comunicación directa entre eles.

Se un local comercial ocupa unha planta alta en calquera edificio, terá que estar vinculado necesariamente ao situado inmediatamente debaixo coincidindo en máis do 50 % da súa superficie e contando con comunicación directa entre ambos os dous con escaleiras de largo mínimo de 1,50 metros, e así sucesivamente ata ter parte da súa superficie en planta baixa. No caso anterior terase que cumprir que a superficie do local situada en cada planta teña que ser necesariamente maior ou igual que a planta inmediatamente superior.

As prazas de aparcamento para locais comerciais, ademais das reguladas pola ordenanza correspondente segundo o tipo de establecemento de que se trate e a superficie deste serán, como mínimo, as seguintes para prever e resolver dentro do edificio ou parcela:

– En prazas de abastos ou mercados, 20 m2 de aparcamento por cada 50 m2 construídos de uso comercial.

– En establecementos de autoservizo de máis de 500 m2, 20 m2 de aparcamento por cada 50 m2 construídos de uso comercial.

– En galerías comerciais e conxuntos de establecementos que superen en conxunto os 300 m2, 20 m2 de aparcamento por cada 75 m2 construídos de uso comercial.

As prazas de abastos, os establecementos de autoservizo e os conxuntos de tendas con accesos comúns que teñan unha superficie construída maior de 1.000 metros terán que situarse en edificios exclusivos nos cales se admitirán como usos complementarios os usos de espectáculos, oficinas e servizos de administrativos, salas de reunión, almacéns, garaxes-aparcamento e talleres e servizos do automóbil.

1.9.6. Regulación do uso equipamento, ocio e recreativo.

– Uso equipamento.

Agrúpanse baixo este concepto os usos pormenorizados públicos, privados ou colectivos que, tendo o carácter de dotación, recollan as actividades seguintes:

• Docente: este uso incluirá os espazos, edificios e locais destinados a funcións docentes. As condicións deste tipo de equipamento axustaranse en todo ao disposto pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia para a instalación de que se trate.

• Sanitario: corresponde este uso aos edificios e instalacións dedicados ao tratamento, diagnóstico, rehabilitación, prevención e aloxamento de enfermos. Inclúe tamén os usos sanitarios exercidos sobre animais.

Os edificios deste uso clasifícanse en dous grupos: os que aloxan enfermos (hospitais, sanatorios e casas de saúde e centros de repouso), e os que non aloxan enfermos, (consultorios, dispensarios e centros de saúde).

Estes edificios cumprirán as condicións que fixen as disposicións vixentes e, de ser o caso, as de uso hoteleiro que lles sexan de aplicación.

Cando nas instalacións de uso sanitario haxa fontes radioactivas, deberá estar asegurada a protección dos locais estremeiros en todas as direccións das radiacións. Na solicitude de licenza de apertura incluirase un certificado de seguridade subscrito por técnico competente.

Reservaranse 20 metros de aparcamento por cada 40 metros de uso sanitario. A metade desta superficie será dentro da parcela, e a restante pode ser en espazo de uso público.

• Deportivo: uso deportivo serán os campos de deportes en todos os seus aspectos e os locais e as instalacións dedicadas á práctica deles, piscinas e similares. Poden ser de titularidade pública ou privada.

As instalacións deportivas en xeral estarán en edificios ou construcións de uso exclusivo ou compatible co uso de reunión ou verde.

Para compartir o edificio con usos hoteleiro, docente ou asistencial, as instalacións deportivas terán necesariamente que estar vinculadas a outro uso.

Todas as instalacións deportivas terán necesariamente subministración de auga e subministración de enerxía eléctrica.

En instalacións sen bancadas para espectadores reservaranse, como mínimo, 20 metros de aparcamento por cada 200 metros de superficie da instalación, cun mínimo de 100 metros. Nas instalacións con bancadas, ademais da reserva anterior, incrementarase esta superficie de aparcamento en 20 metros por cada 10 prazas de espectadores.

• Asistencial: corresponde este uso aos edificios ou instalacións dedicados a albergar a prestación de servizos sociais, isto é, prestacións que tendan á prevención, tratamento e eliminación das causas de marxinación social.

As instalacións asistenciais inclúen:

a) Centros de acollida.

b) Residencias permanentes.

c) Centros de día.

d) Centros ocupacionais.

e) Comunidades terapéuticas.

As instalacións asistenciais cumprirán as condicións que fixan as disposicións vixentes e, en todo caso, as de uso hoteleiro que lles sexan de aplicación.

Preveranse 20 metros de aparcamento no interior do edificio ou de parcela por cada 100 m2 ou fracción.

• Relixioso: este uso comprende os edificios dedicados ao culto. As condicións que cumprirá o local serán as reguladas polo Regulamento de espectáculos públicos e a NBE-CPI ou norma que a substitúa.

• Uso verde: comprende os solos cualificados como espazos libres destinados fundamentalmente a plantacións de arboredo e xardinaría, cuxo obxecto é garantir a salubridade e o repouso da poboación, a protección e o illamento de zonas o establecementos que o requiran, e a obtención de mellores condicións ambientais para a área en que están situados.

Serán de titularidade pública e formarán superficies abertas e continuas dedicadas ao recreo público e á realización de actividades de ocio ao aire libre, tales como deportivas, paseos, xogos, etc. Tamén se inclúen aquí as praias urbanas con pavimento natural de area ou rochas en que non haxa vexetación. Nas zonas verdes admitirase a instalación de infraestruturas compatibles co dito uso, como son instalacións deportivas, depuradoras e depósitos de auga, así como edificios de recreo como palcos, quioscos, servizos e casetas para gardar ferramentas para o seu mantemento.

– Uso recreativo.

Denomínase uso recreativo o que corresponde ás actividades ligadas á vida de ocio e relación das persoas.

Establécense as seguintes clases:

• Espectáculos: corresponden a este uso os locais e as instalacións abertas ao público con fins culturais e de recreo.

Cumprirán todas as condicións que se fixan no Regulamento de espectáculos públicos.

Reservaranse dentro da parcela 20 metros de aparcamento por cada 50 metros construídos ou por cada 10 localidades en caso de locais con asentos numerados.

• Salas de reunión: este uso corresponde a locais cerrados ou abertos dedicados a acoller actividades de vida social.

Cumprirán as condicións establecidas para o uso comercial e as súas instalacións as aplicables do uso industrial.

Preveranse 20 metros de superficie de aparcamento a menos de 100 metros do edificio por cada 10 metros de superficie construída de sala de reunión; a metade desta superficie terá que estar en terreos vinculados directamente ao local e outra metade poderá estar en espazo de uso público.

As condicións que cumprirá o local serán as reguladas polo Regulamento de espectáculos públicos e a NBE-CPI ou norma que a substitúa.

1.9.7. Regulación do uso hoteleiro.

O uso hoteleiro corresponde a aqueles edificios de servizo ao público que se destinan ao aloxamento temporal. Considéranse neste uso as residencias e os edificios análogos.

Os locais cumprirán as dimensións fixadas en cada caso pola Administración autonómica competente. A edificación axustarase, en canto a condicións volumétricas, ás ordenanzas de zona correspondente en razón da cualificación do solo.

Permítense as actividades de usos complementarios (restaurantes, tendas, salóns de peiteado, piscinas, instalacións deportivas, garaxe, etc.), que deberán cumprir as condicións de uso concretas que lles sexan de aplicación.

Reservarase 20,00 metros de aparcamento dentro do edificio ou parcela por cada dous cuartos.

1.9.8. Regulación do uso de servizos públicos.

Regularanse conforme a normativa específica que lles sexa de aplicación en función do tipo de instalación e polas necesidades propias do uso pormenorizado.

Comprende os seguintes usos pormenorizados:

– Servizos administrativos.

Corresponde aos espazos ou locais destinados a actividades propias da Administración estatal, autonómica ou local, así como as desenvolvidas polos seus organismos autónomos e entidades de dereito público. As súas condicións ateranse ao determinado para o uso de oficinas.

– Seguridade e protección cidadá.

Corresponde aos espazos, edificios ou locais destinados a institucións ou corpos cuxa tarefa sexa a preservación da orde pública e a protección dos cidadáns ou dos bens, tales como parques de bombeiros, comisarías de policía, protección civil, etc.

– Servizos urbanos.

Corresponde aos lugares, edificios ou locais destinados a satisfacer as necesidades de dotación urbanística de servizos urbanos, tales como matadoiros, mercados centrais, cantóns de limpeza, centros de protección e hixiene animal, instalacións para defensa, xustiza, correos, etc.

– Centros de emisión de TV e radio.

Comprende as instalacións de antenas e emisoras de TV e radio, así como as antenas e parábolas de seguimento dos centros de comunicación e observatorios.

– Infraestruturas.

Corresponde este uso aos espazos destinados a centros de produción, almacenaxe e distribución de servizos urbanos de infraestruturas.

Intégranse neste uso: as infraestruturas eléctricas tales como subestacións, centros de transformación, tendidos de alta tensión, etc.; as infraestruturas de gas, tales como gasómetros e gasodutos, antenas de transporte, redes de distribución, etc.; as infraestruturas de abastecemento de auga, depósitos, ETAP, etc.; as infraestruturas de saneamento e depuración, como estacións depuradoras, laminadores, etc.; instalacións de telecomunicacións, centrais, puntos de enlace, etc.; e evacuación de residuos sólidos urbanos, tales como vertedoiros, puntos de recollida de lixo, etc.

2. Condicións particulares das zonas de ordenanzas.

2.1. Condicións comúns a todas as zonas.

2.1.1. Definición e aplicación.

As zonas de ordenanzas regulan e detallan o réxime urbanístico a que se deberán someter as edificacións e actividades de cada unha delas.

No que non quede establecido nestas ordenanzas serán de aplicación as condicións xerais destas normas urbanísticas. En todo caso, deberase cumprir coa normativa sectorial que sexa de aplicación.

2.1.2. Obras admisibles.

Nas novas edificacións que se constrúan en execución deste proxecto sectorial serán admisibles as obras de demolición, de rehabilitación e reforma, ampliación e nova planta.

2.1.3. Cadro de características.

Ordenanza e grao

Usos característicos

Zonas

Superficie (m2s)

Índice de edificabilidade (m2c/m2s)

Edificabilidade máxima lucrativa (m2c)

Ordenanza 1-g 1º

Terciario

1

2.979

1,10

3.277

Ordenanza 2

Industria

2

7.560

1,15

8.696

Ordenanza 1-g 1º

Terciario

3

3.290

1,10

3.619

Ordenanza 1-g 2º

Terciario

4

5.593

1,17

6.546

Ordenanza 1-g 2º

Terciario

5

3.226

1,17

3.776

Ordenanza 2

Industria

6

13.242

1,15

15.228

Ordenanza 1-g 1º

Terciario

7

7.190

1,10

7.909

Ordenanza 2

Industria

8

12.818

1,15

14.741

Ordenanza 2

Industria

9

11.674

1,15

13.425

Ordenanza 2

Industria

10

9.540

1,15

10.971

Ordenanza 1-g 3º

Terciario

11

17.047

1,10

18.752

Ordenanza 1-g 3º

Terciario

12

12.609

1,10

13.870

Total usos lucrativos

106.768

120.810

Ordenanza V espazos libres

Espazos libres

V

43.675

Outras zonas libres

OZL

300

Total espazos libres

43.975

Ordenanza e equipamento

Equipamentos

E1

5.582

E2

1.192

E3

1.690

E4

1.637

Total equipamentos

10.101

Ordenanza CH camiño histórico

Viario peonil

CH1

1.881

CH2

3.285

Total camiño histórico

5.166

Ordenanza IF infraestruturas

Infraestrutura

IF

6.930

Total infraestruturas

6.930

Ordenanza RV viario

Viario

RV

32.485

Total sector

205.425

0,588

120.810

Sistema xeral viario

26.988

Total ámbito

232.413

Táboa 3. Cadro de características da ordenación

2.2. Ordenanza 1: empresarial servizos.

2.2.1. Ámbito de aplicación.

Será de aplicación nas zonas de ordenanzas 1 que se definen no plano de zonificación destas normas urbanísticas.

Establécense tres graos. Grao 1º: zonas 1, 3 e 7; grao 2º: zonas 4 e 5; grao 3º: zonas 11 e 12.

2.2.2. Condicións de parcelación.

Para os efectos de segregación, a parcela mínima será:

• Grao 1º. A superficie de parcela mínima establécese en 1.500 metros cadrados,
cunha fronte mínima á vía pública de 25 metros. Non pode superar a relación fronte/fondo de parcela a de 1/3.

• Grao 2º. A superficie de parcela mínima establécese en 600 metros cadrados cunha fronte mínima á vía pública de 15 metros.

• En grao 3º. A superficie de parcela mínima establécese en 1.500 metros cadrados, cunha fronte mínima á vía pública de 30 metros. Non pode superar a relación fronte/fondo de parcela a de 1/3. Nestas zonas poderanse realizar proxectos unitarios para ordenar a área en minipolígono en réxime de pro indiviso, organizado a partir de accesos comúns e espazos mancomunados para as actividades previstas nesta ordenanza. Neste caso considérase como superficie mínima de parcela privativa a de trescentos (300) metros cadrados, e débese determinar a cota de participación de cada un dos pro indivisos nos espazos comúns de parcela, tanto para os efectos da propiedade como de participación no mantemento das instalacións.

Exceptúanse destas condicións de parcela mínima as parcelacións de áreas uniformes que, mantendo unha fronte mínima de dez (10) metros, poderán ter unha superficie mínima de 300 metros cadrados, sempre que se garanta o cumprimento das condicións de aparcamento en vía pública de acordo cos estándares establecidos pola lexislación vixente.

2.2.3. Condicións de edificabilidade.

• A edificabilidade máxima para cada zona será a indicada no cadro de características da ordenación destas normas urbanísticas.

• Non se contabilizarán, para efectos do cómputo de edificabilidade máxima, as superficies localizadas baixo rasante, en soto ou semisoto, que se destinen a instalacións técnicas en usos industriais.

• Tampouco se contabilizarán, para efectos de cómputo de edificabilidades, as superficies baixo rasante correspondente ás prazas de aparcamento obrigatorio, nin a parte que lles corresponda de accesos e áreas de manobra.

• A edificabilidade máxima por parcela: para todos os graos, será a que corresponda proporcionalmente á superficie das parcelas resultantes con base na asignada á zona onde procedan.

2.2.4. Condicións de posición da edificación.

• Aliñacións de parcela: son as definidas nos planos de ordenación destas normas urbanísticas.

• Recuamentos:

– Os recuamentos mínimos da edificación respecto á aliñación oficial son os indicados nos planos de ordenación destas normas urbanísticas.

– O recuamento mínimo da edificación ao resto de lindeiros con outras parcelas será de catro (4) metros.

– Permitirase o acaroamento da edificación aos lindeiros de parcela, coa excepción de ás vías públicas e espazos públicos, coa aceptación expresa dos propietarios das parcelas afectadas e logo de inscrición de rexistro da servidume correspondente.

– Cando se produza acaroamento, deberase fixar sempre un paso entre os edificios acaroados e o lindeiro lateral da outra banda de parcela de polo menos catro (4) metros de largo adecuadamente accesible a vehículos contra os incendios.

• Ocupación máxima da edificación: a ocupación máxima sobre rasante e baixo rasante será a definida polos límites de recuamento.

2.2.5. Condicións de volume.

• Altura máxima da edificación:

– Para todos os graos, permítese un máximo de tres (3) plantas. A altura máxima da edificación non poderá superar os dez (10) metros.

– Exceptúanse da altura máxima todos os elementos que xustificadamente teñan que instalarse por motivos técnicos ou procesos industriais.

2.2.6. Condicións estéticas.

• Composición da edificación: a composición dos edificios industriais, incluíndo as súas fachadas, é libre. En calquera caso, recoméndase o seguimento dos seguintes criterios:

– A utilización de iluminación e ventilación natural fronte á artificial. Neste sentido, será necesaria a utilización racional de ritmos e secuencias na composición dos ocos para a consecución destas funcións.

– Deseño en planta, sempre que o permita a parcela, de forma regular.

• Materiais.

– As edificacións en parcelas con fronte a máis dunha rúa quedarán obrigadas a que todos os seus paramentos de fachada teñan a mesma calidade de deseño e acabamento.

– As construcións auxiliares e instalacións complementarias deberán ter un nivel de acabamento similar ao da edificación principal.

– Os paramentos exteriores poderán ser de calquera material normal dos existentes no mercado. Prohibirase unicamente o uso de materiais perecedoiros que non resistan en debidas condicións o paso do tempo, e aqueles materiais que non estean previstos especificamente para quedar vistos.

Recoméndase a utilización de materiais de probada aptitude construtiva como a pedra en calquera das súas fábricas, o formigón visto de calidade, as diferentes fábricas de ladrillo recebado e pintado ou o formigón prefabricado, etc.

– As carpintarías exteriores poderán ser de calquera dos materiais existentes no mercado sempre que teñan un acabamento digno. Recoméndase a madeira pintada, as carpintarías metálicas (ferro, aluminio, etc.), e as carpintarías de PVC, etc.

– Os elementos técnicos que teñan que dispoñerse en cuberta deberán quedar ocultos por esta ou formar parte, como un elemento máis, da composición formal do edificio.

• Espazos libres de parcela:

– Os espazos libres de parcela que se localicen nas frontes de viarias públicas terán que incorporar no seu tratamento de superficie axardinamento que inclúa árbores ou arbustos nunha proporción mínima dunha (1) árbore cada 70 metros de superficie.

– O proxecto de edificación conterá a especificación e disposición dos elementos vexetais obrigados no fronte libre de parcela.

• Cerramento de parcelas:

– As parcelas deberán valarse na totalidade do seu perímetro.

– O cerramento de parcela con fronte á vía ou a zonas públicas deberá ser de material compacto cunha altura mínima dun (1) metro e máxima de dous (2) metros. En caso de que se utilice un cerramento compacto menor dun metro cincuenta centímetros (1,50), este deberá completarse ata unha altura mínima dun metro oitenta centímetros (1,80) cun cerramento lixeiro (malla metálica, paneis de reixa, etc.). En cerramentos fronte a espazos públicos recoméndase a utilización de elementos vexetais.

– Non se permiten cerramentos cegos de máis de dous (2) metros en lindeiros con outras parcelas e débense utilizar preferentemente cerramentos vexetais.

• Anuncios publicitarios:

– Deberán deseñarse no proxecto de edificación, integrados co edificio ou co tratamento xeral dos espazos libres de parcela.

– A súa dimensión, localización e colorido deberá harmonizar co contorno.

– Non deberán interferir luminicamente coa luz pública.

2.2.7. Condicións de aparcamento.

• Observarase o determinado polas normas subsidiarias de planeamento municipal de Cee.

• En todo caso, a dotación mínima de aparcamento será:

– Dunha (1) praza por cada oitenta e cinco (85) metros cadrados construídos ou fracción para actividades terciarias.

– Dunha (1) praza por cada douscentos (200) metros cadrados construídos ou fracción para actividades de industria.

• Permítese o aparcamento de vehículos en sotos.

• En todo caso, cada un dos proxectos que se prevexan deberá xustificar a demanda de prazas e a disposición delas no interior da parcela privada, en función das actividades que se implanten.

• O proxecto de edificación conterá a ordenación dos aparcamentos e as previsións de acceso e circulacións.

2.2.8. Condicións de uso.

• Usos característicos: comercial, oficinas, hoteleiro, recreativo e industria nas clases a), b), c) e d).

• Usos compatibles:

– Os usos compatibles poderán localizarse en parcela ou edificio compartido, e mesmo en edificio de corpo independente cos usos característicos e cunha edificabilidade máxima que non superará o 40 % do total previsto para a parcela, nin un 20 % para cada uso independente.

– Permítense os seguintes usos compatibles:

* Garaxe-aparcamento, en planta baixa, soto e en espazo libre de parcela, como uso asociado para utilización dos usuarios da actividade.

* Gasolineiras, sempre que estean de acordo cos plans sectoriais municipais previstos para a implantación desta actividade.

* Talleres do automóbil, para uso asociado á actividade principal.

* Equipamento privado. Admítense asociados ao servizo da actividade. Exclúense expresamente os docentes regrados, os sanitarios (salvo os servizos médicos da propia empresa), e os asistenciais.

* Servizos públicos.

2.3. Ordenanza 2: empresarial industria.

2.3.1. Ámbito de aplicación.

Será de aplicación nas zonas de ordenanzas 2 que se definen no plan de zonificación destas normas urbanísticas.

2.3.2. Condicións de parcelación.

• Para efectos de segregación, a parcela mínima será de 1.500 metros cadrados, cunha fronte mínima de 20 metros. A relación fronte, fondo non poderá superar a de 1/3.

• Exceptúanse destas condicións de parcela mínima as parcelacións de áreas uniformes que, mantendo unha fronte mínima de dez (10) metros, poderán ter unha superficie mínima de 300 metros cadrados, sempre que se garanta o cumprimento das condicións de aparcamento en vía pública de acordo cos estándares establecidos pola lexislación vixente.

2.3.3. Condicións de edificabilidade.

• A edificabilidade máxima para cada zona será a indicada no cadro de parámetros urbanísticos destas normas.

• Non se contabilizarán, para efectos do cómputo de edificabilidade máxima, as superficies localizadas baixo rasante, en soto ou semisoto, que se destinen a instalacións técnicas.

• Tampouco se contabilizarán, para efectos de cómputo de edificabilidades, as superficies baixo rasante correspondente ás prazas de aparcamento obrigatorio, nin a parte que lles corresponda de accesos e áreas de manobra.

• A edificabilidade máxima por parcela será de 1,15 m2c/m2s.

2.3.4. Condicións de posición da edificación.

• Aliñacións de parcela: son as definidas nos planos de ordenación deste proxecto sectorial.

• Recuamentos a lindeiros:

– O recuamento mínimo da edificación ás vías públicas e a outras zonas será o definido nos planos de ordenación destas normas urbanísticas.

– O recuamento mínimo da edificación ao resto de lindeiros con outras parcelas será de catro (4) metros.

– Permitirase o acaroamento da edificación aos lindeiros de parcela da mesma ordenanza, coa aceptación expresa dos propietarios das parcelas afectadas e logo de inscrición de rexistro da servidume correspondente.

– Cando se produza acaroamento, deberase fixar sempre un paso entre os edificios acaroados e o lindeiro lateral da outra banda de parcela de, polo menos, catro (4) metros de largo, adecuadamente accesible a vehículos contra os incendios.

• A ocupación máxima da edificación sobre rasante será do 65 %, e baixo rasante será a definida polos límites de recuamento.

2.3.5. Condicións de volume.

• Altura máxima da edificación.

– Permítese un máximo de dúas (2) plantas.

– A altura máxima da edificación non poderá superar os dez (10) metros.

– Exceptúanse da altura máxima todos os elementos que xustificadamente teñan que instalarse por motivos técnicos ou procesos industriais.

2.3.6. Condicións estéticas.

• Composición da edificación: a composición dos edificios, incluíndo as súas fachadas, é libre. En calquera caso, recoméndase o seguimento dos seguintes criterios:

– Deseño racional de ritmos e secuencias na composición dos ocos de fachada.

– Deseño en planta, sempre que o permita a parcela, de forma regular.

– Cubertas inclinadas.

• Materiais.

– Os paramentos exteriores poderán ser de calquera material normal dos existentes no mercado; prohibiranse unicamente o uso de materiais perecedoiros que non resistan en debidas condicións o paso do tempo, e aqueles materiais que non estean previstos especificamente para quedar vistos.

– Recoméndase a utilización de materiais de probada aptitude construtiva como a pedra en calquera das súas fábricas, o formigón visto de calidade, as diferentes fábricas de ladrillo recebado e pintado ou o formigón prefabricado, etc.

– As carpintarías exteriores poderán ser de calquera dos materiais existentes no mercado sempre que teñan un acabamento digno. Recoméndanse a madeira pintada, as carpintarías metálicas (ferro, aluminio, etc.) e as carpintarías de PVC, etc.

– Os elementos técnicos que teñan que dispoñerse en cuberta deberán quedar ocultos por esta, ou formar parte, como un elemento máis, da composición formal do edificio.

• Espazos libres de parcela.

– Os espazos libres de parcela que se localicen nas frontes das vías públicas terán que incorporar no seu tratamento de superficie axardinamento que inclúa árbores ou arbustos nunha proporción mínima dunha (1) árbore cada 30 metros de superficie.

– O proxecto de edificación da instalación conterá o axardinamento da parcela con especificación dos elementos vexetais previstos e a súa disposición.

• Cerramento de parcelas.

– As parcelas deberán de valarse na totalidade do seu perímetro, e recoméndase o uso de cerramento vexetal nas frontes a espazos públicos.

– Non se permiten cerramentos cegos de máis de dous (2) metros en lindeiros con outras parcelas; débense utilizar preferentemente os cerramentos vexetais.

– Os cerramentos ao resto de lindeiros terán unha altura mínima dun metro oitenta centímetros (1,80) e o seu deseño será libre.

• Anuncios publicitarios.

– Deberán deseñarse no proxecto de edificación, integrados co edificio ou co tratamento xeral dos espazos libres de parcela.

– A súa dimensión, localización e colorido deberá harmonizar co contorno.

– Non deberán interferir luminicamente coa iluminación pública.

2.3.7. Condicións de aparcamento.

• A dotación mínima de aparcamento será dunha (1) praza por cada cento cincuenta (150) metros cadrados construídos ou fracción.

• Permítese o aparcamento de vehículos en sotos.

• En todo caso, cada un dos proxectos que se prevexan deberá xustificar a demanda de prazas e a súa disposición no interior da parcela privada, en función das actividades que se implanten.

• O proxecto de edificación conterá a ordenación dos aparcamentos e as previsións de acceso e circulacións.

2.3.8. Condicións de uso.

– Usos característicos.

• Industria nas clases a), b), c), d) e e), almacén en todos os tipos e talleres de servizo do automóbil.

– Usos compatibles.

• Os usos compatibles poderán localizarse en parcela ou edificio compartido e mesmo en edificio de corpo independente cos usos característicos e cunha edificabilidade máxima que non superará o 40 % do total previsto para a parcela nin un 20 % para cada uso independente.

Permítense os seguintes usos compatibles:

* Garaxe-aparcamento, en planta baixa, soto e en espazo libre de parcela, como uso asociado para utilización dos usuarios da actividade.

* Gasolineiras, sempre que estean de acordo cos planes sectoriais municipais previstos para a implantación desta actividade.

* Oficinas, como uso asociado á actividade.

* Comercial, como uso asociado á actividade.

* Equipamento privado, admítense como usos asociados á actividade. Exclúense expresamente os docentes regulados; os sanitarios salvo os servizos médicos da propia empresa, e os asistenciais.

* Servizos públicos.

2.4. Ordenanza V: espazos libres.

2.4.1. Ámbito de aplicación.

Será de aplicación nas zonas de ordenanzas V que se definen no plano de zonificación destas normas urbanísticas.

Corresponden ás zonas verdes públicas de cesión libre e gratuíta ao Concello de Cee.

2.4.2. Edificabilidade.

A edificabilidade máxima será a resultante de aplicar a cada zona o índice 0,01 m2c/m2s.

2.4.3. Outras condicións.

• Permítense edificacións destinadas a: almacén de traballos propios de conservación e mantemento da área, servizos hixiénicos, quioscos ou similares. Tamén se permiten construcións típicas destas zonas, tales como estanques, piscinas, muretes, etc.

• Permítese a implantación de infraestruturas de servizos públicos, tales como depósitos de auga, depuradoras, laminadores, etc. A superficie ocupada por estas instalacións non poderá superar un 15 % da total prevista no parque. As instalacións poderán ocupar a posición que mellor conveña ao seu eficaz funcionamento, garantindo en todo caso a non creación de riscos ás vías públicas, e sen impoñer servidumes a ningunha parcela.

• A superficie máxima pavimentada de cada unha das zonas definidas de espazos libres será do quince (15) por cento.

• O seu tratamento, que se definirá no proxecto técnico deste proxecto sectorial, comprenderá como mínimo a limpeza e poda das zonas arbóreas existentes e o acondicionamento dos camiños e muros que se integran na ordenación.

• Acondicionarase polo menos un vinte (20) por cento da súa superficie como área de estancia, e dotaranse estes espazos das instalacións de alumeado público, abastecemento de auga e rede de sumidoiros necesarias para o seu funcionamento e conservación.

2.5. Ordenanza E: equipamentos.

Será de aplicación nas zonas de ordenanzas E que se definen no plano de zonificación destas normas urbanísticas.

Corresponden á zona de equipamento público de cesión libre e gratuíta ao Concello de Cee.

2.5.1. Edificabilidade.

A edificabilidade máxima será a resultante de aplicar a cada zona o índice 0,5 m2/m2.

2.5.2. Tipoloxías de equipamento.

Permítense as tipoloxías de equipamento en todas as súas clases, así como as de servizos públicos de Administración local.

2.5.3. Outras condicións.

• Altura da edificación: a altura máxima da edificación será de dúas (2) plantas e oito (8) metros.

• Posición da edificación: a edificación situarase dentro da área de movemento definida polos recuamentos establecidos nos planos de ordenación destas normas urbanísticas.

• Ocupación máxima: a ocupación máxima da edificación non superará o cincuenta (50) por cento da superficie da parcela. Poderase superar esta ocupación con instalacións deportivas ao aire libre e con aparcamento.

• Os espazos libres de parcela, non ocupados pola edificación ou instalacións asociadas deberán ter o mesmo tratamento que os espazos libres públicos.

2.6. Ordenanza RV: vías.

Será de aplicación na zona de ordenanza RV que se define no plano de zonificación destas normas urbanísticas.

Corresponde aos solos destinados a vías e aparcamento.

O seu tratamento será determinado polo proxecto técnico de urbanización.

2.7. Ordenanza CH: camiño histórico.

Será de aplicación nas zonas de ordenanzas CH que se definen no plano de zonificación destas normas urbanísticas.

Corresponde a solos destinados a vías peonís, que recollen un camiño existente para manter e integrar na ordenación, de acordo co determinado no plan sectorial.

O proxecto técnico de urbanización deberá manter a continuidade da súa traza, garantindo o tránsito peonil en continuidade cos espazos libres e itinerarios peonís do resto da rede viaria.

2.8. Ordenanza IF: servizos urbanos.

Será de aplicación nas zonas de ordenanzas IF que se define no plano de zonificación destas normas urbanísticas.

Corresponde ás áreas destinadas a albergar instalacións de infraestruturas de servizos urbanos.

O seu tratamento, en áreas non ocupadas polas instalacións de infraestruturas, será similar ao dos espazos libres públicos.

Por outro lado, os centros de transformación eléctrica local, sen estaren sinalados nos planos destas normas, defínense como categoría específica cos seguintes condicionantes:

• Uso permitido: centro de transformación de media a baixa tensión.

• Edificabilidade computable: ningunha.

• As parcelas destinadas a este uso poderán segregarse de calquera das zonas de ordenanza definidas nestas normas. A segregación poderá facerse mediante proxecto específico de parcelación en calquera momento tras a aprobación do presente proxecto sectorial, entendendo que non está afectada nin limitada pola condición de parcela mínima que puider corresponder á zona ou parcela sobre a cal se define e da cal se segrega.

• As parcelas privadas deberán localizarse nas áreas de recuamento obrigatorio lindeiras á aliñación con fronte á vía, sen interferir con accesos a plantas baixo rasante cando estes xa estiveren definidos ou, caso contrario, foren indicativamente sinalados por quen no momento da súa definición tiver a propiedade dos terreos.

3. Normas de urbanización.

3.1. Obrigatoriedade.

Para a execución do proxecto sectorial redactaranse proxectos técnicos que desenvolvan as súas determinacións, de acordo coas presentes normas.

3.2. Obxecto, alcance e características xerais dos proxectos técnicos.

Os proxectos técnicos teñen por obxecto a definición precisa para a realización da totalidade das obras de urbanización dunha fase completa das previstas para a execución das determinacións do proxecto sectorial.

Os proxectos técnicos non poderán modificar as previsións do planeamento que executan sen prexuízo de que poidan efectuarse adaptacións de detalle, exixidas pola execución material das obras.

Os proxectos técnicos deberán resolver adecuadamente, e nas condicións previstas no presente proxecto sectorial, o enlace dos servizos urbanísticos do ámbito cos xerais do territorio municipal a que se conectan.

3.3. Contido dos proxectos técnicos.

Os proxectos técnicos estarán constituídos polos seguintes documentos: memoria e anexos, planos, prego de prescricións técnicas particulares, medicións e orzamento e estudo de seguridade e saúde.

• Na memoria descritiva incluiranse as consideracións xerais que se xulguen oportunas, así como os antecedentes da actuación e o obxecto da encarga. Incluirase, ademais, unha descrición do equipo redactor e as súas respectivas responsabilidades. Así, nesta memoria incluiranse os seguintes puntos:

– Movemento de terras e pavimentación.

– Saneamento.

– Abastecemento.

– Distribución de enerxía eléctrica e iluminación.

– Canalización de comunicacións.

– Xardinaría e mobiliario urbano.

– Obras complementarias.

– Revisión de prezos, clasificación do contratista, prazo proposto e programa de traballos.

• Nos anexos incluiranse os cálculos, as táboas e os procedementos que permitiron chegar ás conclusións referidas na memoria.

• Os planos terán como mínimo o seguinte contido: planos xerais, pavimentación, saneamento, abastecemento, electricidade, iluminación pública, telefonía, sinalización, balizamento e defensas, ordenación estética e paisaxística, mobiliario e equipamento urbano, reposicións e obras complementarias.

• O prego de prescricións técnicas xerais reflectirá a normativa legal aplicable e, en esencia, as condicións técnicas que deberán cumprir a maquinaria e os materiais empregados, así como as condicións de execución. Tamén debe recoller a forma de medición e abono das unidades de obra e o número e a natureza das probas de calidade necesarias.

• As medicións e orzamentos recollerán a valoración económica da obra. O seu contido será: medicións, cadros de prezos e orzamentos. A unidade monetaria será o euro e redondearase ao céntimo de euro.

3.4. Aprobación dos proxectos técnicos.

Os proxectos técnicos tramitaranse e aprobaranse conforme a lexislación vixente.

3.5. Condicións da urbanización.

3.5.1. Rede viaria.

Para calcular a pavimentación terase en conta tanto o espesor das capas de firme como o material para empregar na capa de rodadura, atendendo ao seu carácter e tráfico.

Deberá preverse a drenaxe profunda da vía, sobre todo en casos onde o nivel freático do terreo poida estar próximo á superficie. En caso necesario, utilizaranse tubos-dren lonxitudinais ou confiarase a drenaxe da plataforma a gabias drenantes que envolvan os colectores da rede de saneamento.

Os materiais de pavimentación elixiranse de acordo cun código funcional que distinga a categoría do espazo, a circulación rodada, peonil, a estancia de persoas e de vehículos, o uso conxunto de persoas e de vehículos, etc.

O solo de beirarrúas e percorridos peonís resolverase con materiais que non dificulten a circulación das persoas e dos vehículos de man.

As tapas de arquetas, rexistros, etc. orientaranse tendo en conta as xuntas dos elementos do pavimento e nivelaranse co seu plano de tal forma que non resalten sobre el.

As diferenzas de nivel entre distintos pavimentos resolveranse con bordos e outros elementos de separación que definan claramente os seus perímetros.

Os accesos rodados ás parcelas edificables nunca deformarán o perfil lonxitudinal das beirarrúas.

Si debesen instalarse reixas de ventilación de redes e outros elementos subterráneos, deseñaranse de forma que non supoñan risco.

Deberán dispoñerse pavimentos antiescorregadizos naquelas rúas con pendente superior ao 8 %.

A pendente mínima será do 0,5 % para facilitar a drenaxe das plataformas. A pendente máxima será do 5 % para facilitar a configuración das parcelas e deberá xustificarse convenientemente a utilización de valores superiores.

Para a determinación dos valores dos acordos considerarase unha velocidade máxima no parque de 40 km/h.

Os carrís terán unha largura mínima de 3,30 metros, sen sobrelargura en curvas, mentres que as beirarrúas terán unha largura mínima de 2,5 metros e a liña de aparcamento, se existe, outros 2,5 metros, debendo xustificarse adecuadamente a utilización doutros valores.

As bandas de protección de infraestruturas básicas recibirán o tratamento de zonas verdes. Empregaranse especies de raíz superficial que non danen a infraestrutura.

Prohíbese a plantación de árbores sobre a vertical de calquera infraestrutura.

A distancia mínima entre os troncos das árbores e o cerramento de parcelas ou a liña de edificación será de tres metros.

3.5.2. Abastecemento.

Establécese unha previsión mínima para un consumo medio de 0,5 litros por segundo e hectárea.

A rede proxectada deberá ser mallada, excepto nos seus ramais de menor xerarquía. Neste caso, os testeiros dos ramais contarán cun desaugadoiro. Calquera solución que non respecte este criterio só será admisible tras unha xustificación detallada, en termos económicos e funcionais.

O diámetro mínimo das canalizacións na rede será de 100 mm, de modo que sobre ela poidan instalarse hidrantes de diámetro 80 mm. Si os hidrantes proxectados son de diámetro 100 mm, a canalización da que derivan terá un diámetro mínimo de 150 mm.

O proxecto de abastecemento deberá incluír unha xustificación hidráulica da solución adoptada.

A velocidade da auga nas canalizacións principais deberá estar comprendida, salvo xustificación razoada entre 0,5 e 2 m/s.

As canalizacións situaranse baixo a beirarrúa e nunha profundidade superior a 60 cm, deberán situarse a un nivel superior ao das redes de sumidoiros circundantes, cunha distancia entre ambas non inferior a 30 cm.

Os tubos, válvulas e pezas especiais disporanse coa timbraxe suficiente para garantir a estanquidade e durabilidade da rede. A presión normalizada de proba en fábrica non será inferior, en ningún caso, a 10 atmosferas. Os materiais cumprirán as condicións requiridas no prego de condicións técnicas xerais para canalizacións de abastecemento de auga.

A protección contra incendios resolverase mediante hidrantes. Situaranse ás distancias sinaladas pola normativa vixente así como ao lado dos edificios de equipamento.

Os tubos, válvulas e pezas especiais disporanse coa timbraxe suficiente para garantir a estanquidade e durabilidade da rede. A presión normalizada de proba en fábrica non será inferior, en ningún caso, a 10 atmosferas. Os materiais cumprirán as condicións requiridas no prego de condicións técnicas xerais para canalizacións de abastecemento de auga.

3.5.3. Saneamento.

O saneamento realizarase polo sistema separativo, tal e como se establece nos planos de ordenación.

As seccións mínimas da rede de sumidoiros, tanto para a rede de pluviais como para acometidas e desaugadoiros de sumidoiros serán de 30 cm de diámetro. En conducións de bombeo, utilizaranse canalizacións de fundición.

As pendentes mínimas serán do 0,5 % nos inicios de ramal e nos demais determinaranse de acordo cos caudais para que as velocidades mínimas non descendan de 0,6 m/s.

Para o cálculo da rede de sumidoiros adoptaranse como caudais de augas negras o medio e o máximo previstos para o abastecemento de auga, afectados ou non por un coeficiente redutor, o cal non poderá ser inferior ao 85 %. Para os caudais de augas de choiva calcularanse a través de datos pluviométricos oficiais os caudais máximos procedentes de choivas con período de retorno de 2 anos, se as pendentes do terreo son apreciables, e cun período de retorno de 5 anos se as pendentes do terreo son moi pequenas, para colectores que saneen áreas inferiores a 50 hectáreas.

É recomendable calcular o tempo de concentración da bacía.

As condicións serán subterráneas, seguindo o trazado da rede viaria ou espazos públicos. Salvo imposibilidade técnica, o recubrimento mínimo da canalización, medido sobre a xeratriz superior, será de 1 m, preferiblemente 1,5 m, e deberá en todo caso situarse a nivel inferior das canalizacións de abastecemento circundantes.

Disporanse pozos de rexistro polo menos cada 50 m, así como en todos os cambios de aliñación e rasante, así como en cabeceiras.

Poderá utilizarse calquera dos materiais prescritos no prego de prescricións técnicas xerais para canalizacións de saneamento de poboacións, coas condicións alí sinaladas.

As xuntas deberán ser estancas. Utilizarase preferentemente a solución elástica mediante xunta de goma. Prohíbese a utilización de unións ríxidas en corchete, salvo que se xustifique mediante un tratamento adecuado a súa impermeabilidade. Os pozos, arquetas e sumidoiros deberán ser estancos e tratarse adecuadamente as superficies que estean en contacto coa auga.

A conexión ao saneamento das acometidas individuais producirase en pozos de rexistro.

Será exixible a instalación de tratamento previo á vertedura na rede naquelas industrias ou actividades cuxo nivel de contaminación así o xustifique.

3.5.4. Enerxía eléctrica.

A estimación de potencia eléctrica no parque levarase a cabo con base nos seguintes criterios:

• Parcelas de uso industrial e de uso mixto:

missing image file

(*) 100 o 125 W/m2 para determinar xustificadamente polo proxectista cumprindo os criterios da compañía subministradora.

• Parcelas de uso terciario e de equipamentos:

missing image file

• Espazos libres:

missing image file

• Rede viaria e aparcamentos: segundo a instalación de iluminación proxectada.

Tendo en conta o recollido no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica no seu artigo 46. Potencia e tensión de subministración; e a experiencia da compañía subministradora en actuacións similares, considerarase que toda parcela cuxa demanda de potencia, de acordo coa súa superficie construída, sexa igual ou inferior a 50 kVA, só disporá na súa fronte de acometida de baixa tensión. O resto das parcelas disporán de posibilidade de acometida en media tensión e en baixa tensión ata un máximo de 50 kW neste último caso.

Con obxecto de garantir a subministración de enerxía eléctrica ás distintas parcelas na tensión máis adecuada ás súas necesidades, recollerase, con carácter xeral, a execución dunha rede de media tensión enlazando un o varios centros de transformación a partir dos cales se instalará unha rede de baixa tensión para alimentación das parcelas que así o requiran e a instalación de iluminación pública.

A rede de media tensión proxectarase mallada, formando un o varios aneis de maneira que se garanta tanto a alimentación dos centros de transformación como das parcelas por ambos os extremos, aumentando desta maneira a fiabilidade da subministración.

Para a disposición dos centros de transformación, as zonas de subministración en baixa tensión dividiranse en sectores de carga con demandas de potencia globais aproximadamente do mesmo tipo, cada un dos cales será alimentado dende un centro de transformación que en todo caso sempre terá acceso desde a rede viaria e procurarase a súa situación de maneira compatible coa ordenación.

A canalización de media tensión proxectarase baixo beirarrúa con tubos de P.E.A.D. de 160 mm de diámetro en número acorde ás liñas eléctricas correspondentes en cada tramo a razón dun tubo por liña e un tubo de reserva como mínimo, así como un tubo de 125 mm de diámetro, color verde, para o tendido das telecomunicacións da compañía eléctrica. Os condutores serán de aluminio, tipo RHZ1 3(1×240) mm2, secos tipo campo radial, unipolares con illamento para 20 kV. As seccións da canalización corresponderán aos tipos homologados pola correspondente compañía subministradora.

A rede de baixa tensión proxectarase tamén entubada baixo beirarrúa, a partir de cada centro de transformación, por medio condutores de aluminio con illamento en polietileno reticulado e cuberta de PVC (RV 0,6/1 kV).

3.5.5. Iluminación exterior.

Proxectarase unha rede de iluminación pública para todo o parque e vías de acceso con base no criterio de luminancia, considerando os seguintes niveis luminotécnicos:

Luminancia da superficie da calzada en condicións secas

Cegamento perturbador

Luminancia media

Lm (cd/m2)

Uniformidade global

Uo

Uniformidade lonxitudinal

Lm (cd/m3)

Incremento límite

TI (%)

2,0

0,40

0,70

10

O equivalente xustificado polo proxectista.

A liña eléctrica de alimentación para iluminación pública disporase subterránea, en gabia de 0,40×0,60 m, en tubos de polietileno corrugado de 90 mm, baixo beirarrúa, e estará constituída por condutores de cobre da sección necesaria en cada caso cun mínimo de 4(1×6) mm2, con illamento tipo RV-K 0,6/1 kV e condutor de cobre nu para rede de terras de 35 mm2 instalado polo exterior do tubo.

Os soportes axustaranse á normativa vixente (no caso de que sexan de aceiro deberán cumprir cos reais decretos 2642/1985, 401/1989 e a Orde ministerial do 16.5.1989).

As liñas de alimentación a puntos de luz con lámpadas de descarga estarán previstas para transportar a carga debida aos propios receptores, aos seus elementos asociados e ás súas correntes harmónicas, de arranque e desequilibrio de fases. Como consecuencia, a potencia aparente mínima en VA considerarase 1,8 veces a potencia en watts das lámpadas de descarga de acordo co establecido na instrución ITC-BT-09 que desenvolve o disposto no Regulamento electrotécnico de baixa tensión.

A rede de alimentación dos puntos de luz desde o centro de mando e medida realizarase proxectando circuítos abertos, procurando reducir a súa lonxitude e equilibrar as cargas dos ramais coa finalidade de unificar seccións. No cálculo das seccións terase en conta o disposto na instrución MI-BT-017 do RBT, de maneira que a máxima caída de tensión admisible será dun 3 % da tensión nominal da rede.

O factor de potencia de cada punto de luz deberá corrixirse ata un valor maior ou igual a 0,90.

4. Condicións ambientais e hixiénicas.

4.1. Residuos industriais.

Serán considerados como residuos industriais aqueles que polas súas características non poidan ser clasificados como inertes ou asimilados aos residuos urbanos ou, en xeral, que presenten risco potencial para a saúde pública ou o ambiente.

Os produtores ou posuidores de residuos industriais estarán obrigados a adoptar cantas medidas sexan necesarias para asegurar que o transporte, tratamento, eliminación ou, se é o caso, aproveitamento deles se realice sen riscos para as persoas e o ambiente. En consecuencia, estes residuos deberán ser depositados en vertedoiros adecuados, sendo os propietarios os únicos responsables dos posibles danos ou perdas que estes puideren ocasionar.

Para desfacerse dos residuos industriais será necesaria a correspondente autorización municipal e indicarase a súa natureza e o lugar para a súa eliminación e/ou aproveitamento.

Cando os residuos industriais sexan tóxicos ou perigosos, ou poidan resultar de tal condición pasado un tempo, soamente poderán ser depositados en instalacións especiais que aseguren a súa destrución ou inocuidade.

4.2. Protección dos recursos hídricos.

Parámetro (1)

Valor límite

Unidades

Temperatura

40

ºC

Ph

6-10

Uph

MES

750

Mg/l

DBO5

750

mg/l O2

DQO

1500

mg/l O2

Aceites e graxas

250

mg/l

Cloruros

2500

mg/l Cl

Condutividade

6000

µS/cm

Dióxido de azufre

15

mg/l SO2

Sulfatos

1000

mg/l SO2-

Sulfuros totais

1

mg/l S2-

Sulfuros disoltos

0,3

mg/l S2-

Fósforo total

50

mg/l P

Nitratos

100

mg/l NO3-

Amonio

60

mg/l NH4

Nitróxeno orgánico e amoniacal (2)

90

mg/l N

Cianuros

1

mg/l CN-

Fenois

2

mg/l C6H5OH

Floruros

12

mg/l F-

Aluminio

20

mg/l Al

Arsénico

1

mg/l As

Bario

10

mg/l Ba

Boro

3

mg/l B

Cadmio

0,5

mg/l Cd

Cobre

3

mg/l Cu

Cromo hexavalente

0,5

mg/l Cr (VI)

Cromo total

3

mg/l Cr

Estaño

5

mg/l Sn

Ferro

10

mg/l Fe

Manganeso

2

mg/l Mn

Mercurio

0,1

mg/l Hg

Níquel

5

mg/l Ni

Chumbo

1

mg/l Pb

Selenio

0,5

mg/l Se

Zinc

10

mg/l Zn

Materias inhibidoras

25

Equitox

Cor

Inapreciable en dilución 1/30

Nonilfenol

1

mg/l NP

Tensoactivos aniónicos (3)

6

mg/l LSS

Praguicidas totais

0,1

mg/l

Hidrocarburos aromáticos policíclicos

0,2

mg/l

BTEX(4)

5

mg/l

Triacinas totais

0,3

mg/l

Hidrocarburos

15

mg/l

AOX (5)

2

mg/l Cl

Cloroformo

1

mg/l Cl3CH

1,2 diclforoetano

0,4

mg/l Cl2C2H4

Tricloroetileno

0,4

mg/l Cl3C2H

Percloroetileno

0,4

mg/lCl C

Triclorobenceno

0,2

mg/lCl3C6H3

Tetracloruro de carbono

1

mg/lCl4C

Tributilestaño

0,1

mg/l

Táboa 4. Verteduras limitadas á rede de saneamento

Fonte: Augas de Galicia e elaboración propia

1. Ademais, poderá ser obxecto de limitación calquera substancia ou composto previsto nas directivas 91/271/CEE e 76/464/CEE e nas súas derivadas e no Real decreto 995/2000.

2. Nitróxeno amoniacal + nitróxeno orgánico determinado polo método Kjeldahl.

3. Substancias activas con azul de metileno, expresadas como lauril sulfato sódico (LSS).

4. Suma de benceno, tolueno, etilbenceno e xileno.

5. Poderían preverse valores superiores de AOX cando se cumpran os valores de organoclorados individualizados.

4.2.1. Verteduras prohibidas.

Queda totalmente prohibido verter directa ou indirectamente ás instalacións municipais de saneamento calquera dos seguintes produtos:

• Materias sólidas ou viscosas, en cantidades ou tamaños tales que, por si sós ou por integración con outros, produzan obstrucións ou sedimentos que implican o correcto funcionamento do sistema ou dificulten os traballos de conservación ou mantemento.

• Disolventes ou líquidos orgánicos inmiscibles en auga, combustibles ou inflamables.

• Aceites e graxas flotantes.

• Substancias sólidas potencialmente perigosas.

• Gases ou vapores combustibles inflamables, explosivos ou tóxicos ou procedentes de motores de explosión.

• Materias que, por razóns da súa natureza, propiedades e cantidades, xa sexa por si soas ou por integración con outras, orixinen ou poidan orixinar:

– Algún tipo de molestia pública.

– A formación de mesturas inflamables ou explosivas co aire.

– A creación de atmosferas molestas, insalubres, tóxicas ou perigosas, que impliquen ou dificulten o traballo do persoal encargado da inspección, limpeza, mantemento ou funcionamento das instalacións públicas de saneamento.

• Materias que, por si mesmas ou a consecuencia de procesos ou reaccións que teñan lugar dentro da rede, teñan ou adquiran algunha propiedade corrosiva capaz de danar ou deteriorar os materiais das instalacións municipais de saneamento ou de prexudicar o persoal encargado da limpeza e conservación.

• Residuos de natureza radioactiva.

• Residuos industriais ou comerciais que, polas súas concentracións ou características tóxicas ou perigosas, requiran un tratamento específico e/ou control periódico dos seus efectos nocivos potenciais.

• Os que por si mesmos ou como consecuencia de transformacións químicas ou biolóxicas que se poidan producir na rede de sumidoiros dean lugar a concentracións de gases nocivos na atmosfera da rede de sumidoiros superiores aos límites seguintes:

– Dióxido de carbono: 15.000 ppm.

– Dióxido de xofre (SO2): 5 ppm.

– Monóxido de carbono (CO): 25 ppm.

– Cloro: 1 ppm.

– Ácido sulfhídrico (SH2): 10 ppm.

– Ácido cianhídrico (CHN): 4,5 ppm.

• Residuos sanitarios definidos na normativa vixente nesta materia.

• Residuos procedentes de sistemas de pretratamento ou de tratamento de augas residuais.

• Residuos de orixe pecuaria.

4.2.2. Condicionantes de vertedura do parque empresarial.

As condicións de vertedura das instalacións que depuren o efluente do polígono serán as seguintes:

Parámetro

Nota

Valores límites (unidades)

pH

(A)

Comprendido entre 5,5 e 9,5

Sólidos en suspensión

-

80 mg/l

Materia sedimentable

-

0,5ml/l

Sólidos grosos

-

Ausentes

DBO5

-

40 mg/l

DQO

-

160 mg/l

Temperatura

(B)

3 ºC

Color

-

Inapreciable en disolución 1/20

Aluminio

(C)

1 mg/l

Arsénico

(C)

0,5 mg/l

Bario

(C)

20 mg/l

Boro

(C)

2 mg/l

Cadmio

(C)

0,1 mg/l

Cromo III

(C)

2 mg/l

Cromo IV

(C)

0,2 mg/l

Ferro

(C)

2 mg/l

Manganeso

(C)

2 mg/l

Níquel

(C)

2 mg/l

Mercurio

(C)

0,05 mg/l

Chumbo

(C)

0,2 mg/l

Selenio

(C)

0,03 mg/l

Estaño

(C)

10 mg/l

Cobre

(C)

0,2 mg/l

Cinc

(C)

3 mg/l

Tóxicos metálicos

-

3

Cianuros

-

0,5 mg/l

Cloruros

-

2000 mg/l

Sulfuros

-

1 mg/l

Sulfitos

-

1 mg/l

Sulfatos

-

2000 mg/l

Floruros

-

6 mg/l

Fósforo total

(D)

10 mg/l

Fósforo total

(D)

0,5 mg/l

Amoníaco

(E)

15 mg/l

Nitróxeno nítrico

(E)

10 mg/l

Aceites e graxas

-

20 mg/l

Fenois

-

0,5 mg/l

Aldehidos

-

1 mg/l

Deterxentes

-

2 mg/l

Pesticidas

-

0,05 mg/l

Táboa 5. Condicións de vertedura para o polígono

a) A dispersión do efluente a 50 m do punto de vertedura debe conducir a un pH comprendido entre 6,5 e 8,5.

b) Nos ríos, o incremento da temperatura media dunha sección fluvial despois da zona de dispersión non superará os 3 ºC.

c) O límite referido o elemento disolto, como ión ou en forma complexa.

d) Se a vertedura se produce en lagos ou encoros, reducirase a 0,5 en previsión de abrochos eutróficos.

En lagos e encoros o nitróxeno total non deberá superar os 10 mg/l expresados en nitróxeno.

Para os casos en que sexa exixible unha determinada instalación de pretratamento de verteduras, os usuarios deberán presentar un proxecto ao Concello e a información complementaria ao respecto que lle sexa requirida para a súa revisión e aprobación. Ademais, non se poderá posteriormente alterar os termos e especificacións do proxecto presentado. O usuario será o responsable da construción, explotación e mantemento das instalacións de pretratamento de vertedura necesarias para o cumprimento da lexislación vixente.

Toda a descarga de augas residuais non domésticas ás redes de sumidoiros deberán contar coa correspondente autorización e permiso de vertedura concedido polo Concello.

O Concello poderá exixir a instalación de medidores de caudal de verteduras nos casos en que non exista fiabilidade dos datos e/ou estimacións achegados polo usuario.

Ante unha situación de emerxencia ou risco inminente de producir unha vertedura inusual á rede de sumidoiros que poida ser potencialmente perigosa para a seguridade das persoas e/ou das instalacións, o usuario deberá comunicar urxentemente a situación producida e poñer en funcionamento todas as medidas de que se dispoña co fin de conseguir minimizar o perigo. Posteriormente o usuario remitirá ao Concello ou correspondente informe.

4.3. Contaminacións acústicas.

A presente norma ten por obxecto a protección das persoas contra os ruídos e as vibracións imputables a calquera causa, e contra a presenza no aire de materias que impliquen risco, dano ou molestia grave para as persoas ou bens de calquera natureza.

Correspóndelle ao Concello exercer o control do cumprimento desta ordenanza, exixir a adopción das medidas preventivas, correctoras ou reparadoras necesarias, sinalar as limitacións, ordenar cantas inspeccións sexan precisas e aplicar as sancións correspondentes en caso de incumprirse o ordenado.

Os donos, posuidores ou encargados dos xeradores das formas de contaminación acústica facilitaranlles aos inspectores municipais o acceso ás súas instalacións ou focos xeradores de ruído, e disporán o seu funcionamento ás distintas velocidades, cargas ou marchas que lles indiquen os inspectores, e poderán presenciar a inspección.

Todas as actividades que se pretendan instalar no parque empresarial de Cee e que estean clasificadas como molestas segundo o Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas deberán achegar un estudo acústico á solicitude de autorización.

Unha vez que comece o normal funcionamento da actividade, levarase a cabo unha medición dos niveis sonoros para establecer o grao de cumprimento da lexislación e das condicións establecidas na autorización. A medición deberá ser realizada por un organismo homologado pola Administración autonómica.

Calquera cambio no funcionamento da actividade que supoña un incremento significativo dos niveis sonoros percibidos no exterior das instalacións deberá autorizarse expresamente, modificando, se é o caso, as condicións de autorización.

4.4. Contaminación atmosférica.

A presente norma ten por obxecto regular cantas actividades, situacións e instalacións sexan susceptibles de producir emisións de gases ou de partículas sólidas o líquidas, para evitar a contaminación atmosférica e o risco que provoque á saúde humana, aos recursos naturais e ao ambiente.

4.4.1. Contaminación atmosférica de orixe industrial.

Considéranse como industrias potencialmente contaminadoras da atmosfera as definidas no Decreto 833/1975, de protección do ambiente atmosférico, ás cales se lles aplicará todo canto este dispón e, en particular, os límites de emisión máximos.

Para estas industrias será requisito indispensable, previamente á concesión da súa licenza municipal, a presentación dun estudo ou proxecto, subscrito por técnico competente, no cal se xustifique o cumprimento do disposto no citado decreto.

Unha vez instalada a industria será preciso realizar as medicións oportunas para garantir o correcto funcionamento da instalación, dentro dos límites de emisión fixados en cada caso. Esta medición será realizada polo Concello ou por entidades colaboradoras da Administración.

Non se autorizará a ampliación dunha industria se non cumpre, en canto ás instalacións xa existentes, os niveis de emisión establecidos, salvo que, xunto ao proxecto de ampliación, presente outro de depuración das emisións xa existentes, adoptando aqueles medios anticontaminantes necesarios e as medidas preventivas, correctoras e/ou reparadoras para reducir eses niveis aos límites regulamentarios.

A evacuación de gases, pos, fumes, ou outras emisións á atmosfera, farase a través de chemineas que cumprirán o especificado no anexo II da Orde do 18 de outubro de 1976 do Ministerio de Industria e Enerxía, sobre prevención e corrección da contaminación da atmosfera.

4.4.2. Dispositivos de control.

As actividades industriais potencialmente contaminadoras da atmosfera exercerán un autocontrol das emisións dos seus contaminantes atmosféricos.

O Concello, cando o considere conveniente, poderá exixirlles ás industrias novas e ás xa existentes a instalación de equipamentos e aparellos de medida das emisións de contaminantes, que poderán ser automáticos e continuos, e con rexistrador incorporado cando sexa técnica e economicamente viable. Estes instrumentos poderán ser controlados polos técnicos municipais, se así o decide o Concello.

As empresas industriais deberán comunicarlle ao Concello, coa maior urxencia posible, as anomalías ou avarías das súas instalacións ou sistemas de depuración dos efluentes gasosos que poidan repercutir na calidade do aire da zona, co fin de que a autoridade municipal ordene as medidas de emerxencia oportunas.

4.4.3. Olores.

En todas as industrias ou actividades que poidan producir olores durante o seu funcionamento, con independencia de que os xeradores de calor e as súas saídas de fume cumpran o estipulado, están prohibidos ventás grandes ou ocos practicables que poñan en comunicación o recinto industrial coa atmosfera.

A ventilación nas industrias ou actividades mencionadas deberá ser forzada, e a extracción do aire enrarecido farase a través da correspondente cheminea.

Os gases que polas súas características organolépticas produzan molestias ou irritación nas mucosas nasais, deberán ser evacuados a través de condutos estancos e con ventilación forzada.

5. Normas de parcelación.

5.1. Definición.

Enténdese por parcelación a subdivisión simultánea ou sucesiva de terreos en lotes ou porcións co fin da súa edificación, ou a súa agrupación.

Toda parcelación deberá observar o determinado por este proxecto sectorial e o estipulado na Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (sección 4ª, capítulo II, título VI).

5.2. Proxecto de parcelación.

Este proxecto sectorial inclúe unha proposta de parcelación. Esta parcelación é de carácter orientativo en aplicación das ordenanzas e, polo tanto, susceptible doutras solucións de fraccionamento ou de agregación de acordo co determinado nas ditas ordenanzas. En consecuencia, a parcelación definida nos planos de ordenación destas normas non é vinculante.

5.3. Agrupación e segregación de parcelas.

5.3.1. Agrupación.

Permítese agrupar parcelas para formar outras de maiores dimensións.

As parcelas resultantes estarán suxeitas, en todo caso, ás condicións que as ordenanzas particulares sinalan.

5.3.2. Segregación de parcelas.

Poderanse dividir parcelas para formar outras de menor tamaño, sempre que cumpran os seguintes requisitos:

• As parcelas resultantes non poderán ser inferiores á determinada como mínima en cada ordenanza particular.

• Cada nova parcela deberá cumprir cos parámetros reguladores de forma establecidos en cada ordenanza particular.

• Deberase resolver adecuadamente a dotación de todos os servizos existentes para cada parcela.

• Se con motivo da subdivisión de parcelas for preciso realizar obras de urbanización, estas executaranse con cargo ao titular da parcela orixe da segregación.

6. Condicións derivadas da declaración de impacto ambiental.

6.1. Condicións xerais.

– Previamente ao inicio das obras.

Desenvolverase o programa de vixilancia ambiental proposto no estudo de impacto ambiental, coas modificacións xurdidas en cumprimento da declaración de impacto ambiental. Este programa levarase a cabo co obxecto de garantir ao longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras establecidas no estudo ambiental e no condicionado da declaración, incorporando procedementos de autocontrol por parte do promotor. O programa deberá permitir detectar, cuantificar e corrixir diferentes alteracións que non se puidesen prever no estudo ou nas condicións da DIA, e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas que poidan xurdir.

Na redacción deste programa fixarase, segundo a fase (obras ou explotación), a periodicidade, indicadores e limiares (admisibles e de alerta) que se vaian utilizar en cada caso.

Na realización do control de seguimento ambiental terase en conta que:

• Con obxecto de acordar unha máxima coordinación e eficacia no cumprimento da DIA designarase un/uns responsable/s desta.

• As tomas de mostras e medicións deberán ser representativas e polo tanto deberán realizarse durante as obras de maior incidencia sobre os aspectos obxecto de control.

• A toma de mostras, analíticas e medicións deberán ser realizadas por entidades homologadas e/ou acreditadas.

• Tanto os puntos de medición seleccionados como os de toma de mostras, así como a programación dos controis, poderán ser revisados de acordo cos resultados obtidos.

– Na fase de obras de explotación.

• Cumprirase co disposto na Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica, así como co estipulado pola ordenanza municipal de Cee.

• A maquinaria empregada no proceso construtivo cumprirá coa normativa de emisión que lle resulte de aplicación e deberá dispor da documentación acreditativa ao respecto.

• Durante a fase das obras, nos períodos secos procederase á humectación e/ou rega dos materiais pulverulentos. Así mesmo, os camións irán equipados con lonas ou toldos durante o transporte de material.

• As áreas de mantemento de maquinaria instalaranse lonxe das correntes de augas.

• Non estando prevista a colocación de plantas de formigón nin de aglomerado asfáltico, estes procederán de planta ou plantas externas que conten coas correspondentes autorizacións.

• Prohíbese verter aos leitos dos cursos fluviais restos de formigón e de aglomerado asfáltico, lavar cubas, materiais ou ferramentas que estivesen en contacto con eles, así como os cambios de aceite da maquinaria de construción.

• Nunca se deberán atravesar correntes de auga con maquinaria sen utilizar pontóns ou estruturas similares.

• En caso de que sexa necesario crear vías alternativas para a circulación dos veciños, estas estarán perfectamente indicadas e sinalizadas.

• Respectarase sistematicamente todo tipo de vexetación existente que non estea afectada directamente pola execución das obras e, se é tecnicamente posible, as cachopas non se eliminarán, sobre todo se están na ribeira dos cursos fluviais.

• Preservaranse as árbores e arbustos autóctonos existentes na parcela en obra, que se integrarán nas zonas verdes.

• Para a realización de cortas de especies arbóreas debe terse en conta o disposto no Regulamento de montes; terase que realizar a correspondente comunicación de corta ou solicitude de autorización, segundo o caso.

• A roza, movemento de terras e outros traballos que poidan prexudicar a fauna na súa época de cría, farase fóra deste período. En caso de ser imposible evitar esa época, no desenvolvemento dos traballos, estes iniciaranse antes do comezo do período máis sensible, evitando así que a afección se produza sobre animais en reprodución.

• Os restos vexetais que se produzan deberán ser xestionados adecuadamente e prevalecerá sempre a súa valorización. No caso de depositalos no terreo, deberán ser triturados e distribuídos homoxeneamente, para permitir unha rápida incorporación ao solo.

• Queda prohibida a queima de restos de calquera tipo de material procedente da obra sen o oportuno permiso.

• Tomaranse as medidas de seguridade necesarias para evitar derramamentos accidentais dos tanques de almacenamento de produtos como aceites, graxas e carburantes de motores.

• No que respecta á xestión de residuos na fase de obra, terase en conta o seguinte:

– A empresa de construción deberá estar inscrita no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia para realizar as actividades de produción de residuos da construción e, antes do inicio das obras, deberá presentar ante a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental un plan de xestión de residuos de obra.

– Adecuaranse, antes do inicio das obras, zonas específicas para a instalación de distintos tipos de contedores nos cales se realizará a acumulación e almacenamento dos distintos residuos.

– O mantemento da maquinaria realizarase en talleres inscritos no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia.

• Establecerase a recolla, almacenamento, conservación e/ou xestión da terra vexetal afectada polas obras. Dada a importancia do solo vexetal, por conter as características da zona, utilizarase na recuperación de zonas degradadas.

• Desenvolveranse os traballos de integración paisaxística vixiando a evolución da revexetación, procedendo á reposición de calvas que poidan aparecer nas sementeiras, hidrosementeiras e/ou plantacións previstas.

• Na fase de explotación, no que respecta aos residuos industriais, existen dúas alternativas de xestión:

– Alternativa A: xestión individualizada dos residuos por parte das empresas. Neste caso será condición indispensable para a implantación de calquera instalación ou empresa no parque industrial, que dispoña dos medios e autorizacións necesarios para a correcta xestión dos residuos.

– Alternativa B: xestión conxunta mediante a instalación dun centro específico para a clasificación e almacenamento dos residuos industriais xerados nas instalacións e empresas do parque, que funcione a modo de centro de transferencia dos residuos desde as empresas produtoras ata os xestores finais. Neste centro realizaranse as seguintes tarefas:

* Identificación e caracterización previa das mostras de residuos perigosos.

* A recolla e o transporte desde a empresa ou instalación produtora ata o centro.

* Control de recepción e agrupación dos residuos en función do seu estado físico e da súa natureza, en condicións adecuadas de hixiene e seguridade.

* Expedición dos residuos almacenados ata o xestor final.

* A instalación disporá da autorización preceptiva, por parte da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, para o almacenamento de residuos.

• Na fase de explotación, no que respecta aos residuos asimilables a urbanos, entendidos como aqueles que non tendo a cualificación de perigosos, pola súa natureza ou composición poden asimilarse aos producidos en domicilios particulares, comercios, oficinas ou servizos, son competencia dos concellos, que poderán obrigar os posuidores a facerse cargo deles directamente ou ben poden chegar a un acordo sobre a forma de facerse cargo.

• No caso de abandono dalgunha instalación ou empresa implantada no parque, deberase clasificar, retirar e entregar os residuos existentes ou xerados a xestores autorizados no prazo máis breve posible.

• Nos labores de mantemento de foxos e sistemas de drenaxe, evitarase no posible o emprego de herbicidas, polo que os labores se realizarán exclusivamente por medios mecánicos.

• Previamente á implantación de calquera instalación ou empresa no parque comprobarase que, ademais de cumprir coas especificacións urbanísticas, se dispón dos medios necesarios para o cumprimento do indicado nas ordenanzas sinaladas no proxecto sectorial (minimización de consumo eléctrico e de auga, prevención da contaminación por verteduras, ruídos e emisións á atmosfera). O dito anteriormente será independente do trámite ambiental a que, se é o caso, deban someterse.

• No caso de que as actividades que se van instalar no parque empresarial se encontren no anexo I do Real decreto 9/2005, do 14 de xaneiro, polo que se establece a relación de actividades potencialmente contaminantes do solo e os criterios e estándares para a declaración de solos contaminados, os titulares deberán cumprir cos requisitos desta norma.

• Se durante o programa de vixilancia e seguimento ambiental se detectan impactos imprevistos ou alteracións que superen os limiares establecidos na DIA ou na lexislación aplicable, proporanse as medidas correctoras precisas para corrixilas. De se pór de manifesto a existencia de impactos ambientais severos ou críticos, o órgano substantivo (IGVS) porá este feito en coñecemento da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

6.2. Condicións específicas.

– Condicións previas ao inicio das obras.

• Condicións ao proxecto técnico de urbanización.

* Crearase unha senda peonil na fronte ás fachadas traseiras das parcelas lindantes co río, co obxecto de preservar as súas marxes.

* Nas zonas verdes e nas parcelas de equipamento, instalaranse paneis informativos, nos cales se precisarán, de forma adecuada, os hábitats e especies da zona, cunha indicación da súa integración no proxecto. Estableceranse unhas recomendacións de comportamento para os usuarios das zonas verdes.

* O proxecto de licitación das obras de urbanización incluirá a autorización do Concello de Cee para a conexión das augas residuais á rede municipal que figura no anexo a este documento.

* Dado que o río Cee atravesa o ámbito pola esquina nordeste producíndose varios cruzamentos coas redes viarias proxectadas, terase en conta que as obras pertinentes para levar a cabo estes cruzamentos deberán deixar libre a zona de servidume do leito, cumprindo os requisitos estipulados nas diferentes normativas. Baixo as vías que atravesan o río, deberanse instalar os pasos de fauna precisos para permitir a permeabilidade faunística e reducir a fragmentación dos seus hábitats.

* Para a consecución deste obxectivo respectaranse as directrices establecidas polo libro do Ministerio de Medio Ambiente de 2006 Prescripciones técnicas para el diseño de pasos de fauna y vallados perimetrales. Documentos para la reducción de la fragmentación de hábitats causada por infraestructuras de transportes, número 1. O.A. Parques Nacionales. Ministerio de Medio Ambiente. 112pp. Madrid. Estes pasos deberán estar en calquera caso no proxecto para a licitación das obras.

* Evitarase a modificación da dinámica fluvial, para o cal no río Cee se manterá nas condicións actuais; queda prohibida a súa canalización polos espazos libres que atravesa.

* Terase en conta no deseño das instalacións a integración estética das obras que se van executar, diminuíndo o impacto visual e paisaxístico. As características estéticas e construtivas e os materiais, cores e acabamentos serán acordes coa paisaxe rural e coas construcións tradicionais do contorno.

* Para as actuacións previstas no proxecto deberá contarse coas autorizacións necesarias de Augas de Galicia.

• Previamente ao inicio das obras, elaborarase un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Terase en conta que como anexo ao proxecto arqueolóxico se deberá recoller, na cartografía empregada polo persoal da obra durante o seu transcurso, un plano en que figuren as áreas de exclusión e as áreas de risco arqueolóxico. Este plano incorporará os textos necesarios para a súa comprensión.

• Engadiranse as seguintes medidas correctoras:

* Porase especial atención en potenciar unha masa arbórea no espazo libre próximo á Casa do Camiño, con obxecto de crear unha separación visual entre a casa e as naves.

* Conservarase o muro de pedra que separa o ámbito do parque empresarial do camiño polo seu lado oeste.

• Estudarase a posibilidade de que as augas pluviais tratadas, ou unha parte delas, sexan empregadas na rega dos espazos libres e desta maneira reutilizar os recursos dispoñibles, sempre asegurando que a auga teña unha calidade para asegurar con éxito a sementeira e/ou plantacións, co fin de que non se produzan inundacións, e as cantidades sexan as correctas segundo a capacidade de acollida do terreo.

• Definiranse as zonas onde se realizarán o depósito dos materiais sobrantes como consecuencia do movemento de terras, o modo en que se realizarán os recheos, as medidas preventivas, protectoras e correctoras que se van aplicar, e as actuacións que se realizarán de maneira que se garanta a integración paisaxística destas actuacións no seu contorno. A elección destas zonas realizarase seguindo as indicacións recollidas no estudo de impacto ambiental.

• Previamente ao comezo das obras realizarase unha prospección para a localización dos exemplares de acivro presentes na área de actuación.

• Nos espazos libres crearanse áreas arborizadas, onde se incluirán os pés de acivro que non estean na banda de protección deseñada para a súa conservación e que poidan resultar afectados polas obras. Ademais, nestas áreas arborizadas incluiranse os pés das especies de interese que conformen os hábitats descritos na zona.

– Condicións á fase de obras.

• Sempre que sexa posible respectarase a vexetación de ribeira, e en caso de que non sexa posible adoptaranse as medidas oportunas para a súa reposición ou protección das marxes do río.

• Delimitarase correctamente o terreo que se vai ocupar polos labores do proxecto, co fin de diminuír a perda innecesaria e a alteración de formacións vexetais polo tráfico de maquinaria. Esta medida de corrección é imprescindible e de carácter preventivo.

• Durante o proceso construtivo deberanse adoptar as medidas necesarias para non comprometer a rede natural de drenaxe e permitir o fluxo das augas a velocidade adecuada.

• Realizarase un control das verteduras no río Cee e efectuarase unha limpeza dos residuos presentes no seu contorno.

• Durante a fase de movementos de terra necesarios para a explanación das vías, terase especial coidado de que non cheguen achegas de material ao río.

• En todo momento, as augas susceptibles de seren afectadas polas obras cumprirán o establecido no artigo 80 sobre calidade mínima exixible ás augas continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais).

• A revexetación dos espazos libres do parque deberase realizar empregando especies arbóreas e arbustivas autóctonas que formen parte das series de vexetación natural da zona e a poder ser de procedencia local, evitando a introdución de especies alóctonas e/ou invasoras.

• Adecuaranse os espazos libres aos hábitats das especies catalogadas.

• Respectarase en todo momento o establecido pola Orden do 10 de decembro de 1984 sobre a protección do acivro Ilex aquifolium, L. no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, especialmente na construción do ramal que atravesa a traza do camiño histórico, zona esta onde se localizan os pés de acivro.

• Procederase á estabilización de noiros para evitar que os procesos erosivos provoquen desprendementos. Co obxectivo de evitar arrastres de finos ao río mentres a vexetación non fixe o solo, os noiros con pendentes inferiores ao 30 % sementaranse para conseguir unha cuberta herbácea, recomendándose instalar redes ou mantos de cobertura biodegradables (de coco, palla, etc.) para estabilizar noiros con pendentes superiores ao 30 %. En calquera caso, terase en conta que a vexetación arbórea e arbustiva, con suficiente densidade, protexe o solo para calquera valor de pendente.

• O promotor do proxecto responsabilizarase de que se execute o programa de vixilancia que se debe desenvolver seguindo o indicado na epígrafe de condicións xerais, previamente ao inicio das obras, da DIA e no punto 13 do estudo de impacto ambiental. Tendo en conta os seguintes aspectos:

* Deberá realizarse un control de seguimento arqueolóxico durante as fases de implantación, de execución de obra e de restitución de terreos, en todo o ámbito do proxecto. Para tal fin, e previo ao inicio das obras, elaborarase un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

* De acordo cos resultados das actuacións arqueolóxicas, en cada unha destas fases, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Terase en conta que na fase de implantación se revisarán os impactos e se valorará a aplicación das correspondentes medidas correctoras.

* Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueolóxicos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.

* Realizarase un seguimento da evolución das plantas transplantadas para, no caso de ser necesario, tomar as medidas correctoras, preventivas ou compensatorias precisas.

* Realizarase un seguimento da permeabilidade faunística do parque empresarial, comprobándose a correcta tipoloxía e instalación dos pasos de fauna.

* No río Cee analizaranse mensualmente en dous puntos (augas arriba e augas abaixo) os seguintes parámetros: Ph, sólidos en suspensión, materias sedimentables, condutividade, temperatura, oxíxeno disolto, aceites, graxas e bioindicadores (macroinvertebrados), e en todo caso, aqueles necesarios para acreditar o cumprimento do artigo 80 sobre calidade mínima exixible ás augas continentais (Decreto 130/1997).

* Empregarase como branco o resultado dunha toma de mostras realizada antes do comezo das obras. Ademais, realizarase unha inspección diaria de todos os cursos de auga que se poidan ver afectados polas obras, con obxecto de detectar posibles afeccións por verteduras, desprendementos de rochas, corrementos de terra, etc.

* Plan de control trimestral do nivel de ruído no contorno da área afectada. Os puntos de medición tomaranse nas edificacións habitadas máis próximas ao ámbito do parque. Este plan de seguimento acústico basearase no establecido no Decreto 150/1999, do 7 de maio, polo que se aproba o Regulamento de protección contra a contaminación acústica.

• Como resultado do plan de vixilancia deberán elaborarse os seguintes informes, cos contidos mínimos que se sinalan a continuación, que deberán ser remitidos ao órgano substantivo (IGVS) coa periodicidade indicada a continuación:

a) Trimestralmente:

* Cronograma actualizado das obras.

* Memoria do seguimento realizado de acordo co programa de vixilancia ambiental, redactado para dar cumprimento aos condicionantes da DIA e o estipulado no punto 13 do estudo de impacto ambiental, no cal se indicarán, se é o caso, as variacións producidas respecto do proxectado.

* Reportaxe fotográfica que amose con detalle os aspectos ambientais máis relevantes da actuación, así como das zonas onde se adoptaron medidas protectoras e correctoras. Nas fotografías indicarase a data e hora e deberán ir acompañadas dun plano de localización.

* No primeiro informe trimestral incluirase unha análise de referencia para o control da calidade das augas continentais e dos ruídos.

* Representación en plano dos avances dos traballos e porcentaxe de execución das obras respecto do total, referido aos distintos elementos que as conforman.

b) Antes da emisión da acta de recepción:

* Memoria resumo sobre o seguimento ambiental realizado, no que quede constancia das medidas protectoras e correctoras adoptadas.

* Informe, se é o caso, das variacións introducidas durante as obras respecto do proxectado.

* Reportaxe fotográfica que amose con detalle os aspectos ambientais máis relevantes da actuación, así como das zonas onde se adoptaron medidas protectoras e correctoras. Nas fotografías indicarase a data e hora e deberán ir acompañadas dun plano de localización.

* Incidencias producidas e medidas adoptadas para a súa resolución.

– Condicións da fase de explotación.

• Unha vez rematadas as obras, existirán parcelas que quedarán desprotexidas e expostas ás inclemencias do tempo ata a instalación das correspondentes naves empresariais, polo que os escorrementos poden ocasionar arrastres de materiais que van parar aos cursos fluviais e poden provocar a contaminación das augas. Por este motivo, deberanse tomar as medidas adecuadas para evitar esta afección, mediante a revexetación canto antes destas superficies núas e/ou recollendo os escorrementos en balsas de decantación que se deberán controlar e xestionar para un correcto funcionamento.

• No que respecta ao sistema de tratamento por decantación das augas pluviais previamente á vertedura ao medio terase en conta que este sistema debe manter a súa funcionalidade en condicións óptimas, polo que a recolla dos lodos debe ser periódica.

• O promotor do proxecto responsabilizarase de que se execute o programa de vixilancia ambiental que hai que desenvolver segundo o indicado na epígrafe de condicións xerais, previamente ao inicio das obras da DIA e no punto 13 do estudo de impacto ambiental. Tendo en conta os seguintes aspectos:

* Plan de control anual do nivel de ruído no contorno da área afectada. Os puntos de medición tomaranse nas edificacións habitadas máis próximas ao ámbito do parque. Este plan de seguimento acústico basearase no establecido no Decreto 150/1999, do 7 de maio, polo que se aproba o Regulamento de protección contra a contaminación acústica.

• Como resultado do plan de vixilancia deberán elaborarse os seguintes informes, cos contidos mínimos que se sinalan a continuación, que deberán ser remitidos ao órgano substantivo (IGVS) coa periodicidade indicada a seguir:

a) Trimestralmente durante o primeiro ano de explotación e anualmente os seguintes anos:

* Memoria do seguimento realizado de acordo co programa de vixilancia ambiental, redactado para dar cumprimento aos condicionantes da DIA e ao estipulado no punto 13 do estudo de impacto ambiental, no cal se indicarán, se é o caso, as variacións producidas respecto do proxectado.

* Reportaxe fotográfica que amose con detalle os aspectos ambientais máis relevantes da actuación, así como das zonas onde se adoptaron medidas protectoras e correctoras. Nas fotografías indicarase a data e hora e deberán de ir acompañadas dun plano de localización.

Contra o devandito acordo poderase interpoñer, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, un recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, consonte os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2014

Teresa María Gutiérrez López
Directora xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo