Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2014 Páx. 6268

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de información pública do expediente sobre construción de anexo a corte e almacén e legalización de almacén e silos, sita na Veiga (expediente 7243/13).

Por solicitude de Carballeiras SAT nº 1245 XUGA, o Concello de Lalín está tramitando o expediente para a obtención da licenza de obra de construción de anexo a corte e almacén e legalización de almacén e silos, sita na Veiga, Lalín (expediente 7243/13).

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e exposición no taboleiro de anuncios do concello, para que poida ser examinado, no Departamento de Urbanismo-Licenzas, e se formulen, de ser o caso, alegacións ou reclamacións a el durante o prazo de vinte días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Lalín, 24 de xaneiro de 2014

Román Rodríguez González
Concelleiro delegado de Urbanismo