Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2014 Páx. 6269

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Narón

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de capacidade de tratamento de aceites usados no polígono Río do Pozo.

Reciclaje Fluidos y Sólidos, S.L., solicitou nesta alcaldía licenza municipal para a ampliación de capacidade de tratamento de aceites usados, situado na parcela X6-sector IV do polígono Río do Pozo. En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas no Departamento de Urbanismo deste concello.

Narón, 2 de xaneiro de 2014

Mª Soledad Rivas López
Secretaria xeral accidental