Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2014 Páx. 6270

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilardevós

ANUNCIO de información pública relativo á solicitude de licenza para construción de nave pecuaria.

De conformidade co disposto no artigo 8.3º, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese ao correspondente trámite de información pública o expediente de solicitude de licenza urbanística de obra e de actividade, tramitado por instancia de Tomás Afonso Castaño, para a construción de nave pecuaria para a ampliación de explotación intensiva de polos existente no lugar da Bemposta (polígono 43, parcela 851) de Vilardevós, de modo que durante un prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación no BOP ou no DOG, se poderán presentar alegacións en relación coa solicitude formulada e consultar o expediente en horario de oficina.

Vilardevós, 7 de febreiro de 2014

Manuel Cardoso Pérez
Alcalde