De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificar mediante esta cédula a Vivero Nilo, S.L. o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia, do 7 de novembro de 2013, mediante o cal se resolve o recurso de reposición do predio número 1138ARR-COMP sito en Tomiño, relativo ao proxecto 00996, expediente 2011/003114, cuxos datos se relacionan no anexo.
2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i) 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.
3. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación, expido, asino e selo esta cédula.
Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2014
Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto para o cal se expropia: 00996-VAC Tui (incluído enlace autovía a Portugal)-A Guarda. Treito III: Goián-A Guarda. Clave: PO/03/009.01.3.
Nº de expediente: 2011/003114.
Persoa a quen se lle notificará: Vivero Nilo, S.L.
Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.
Expropiada: Vivero Nilo, S.L.
Beneficiaria: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.
Predio nº: 1138ARR-COMP.
Concello: Tomiño.
Provincia: Pontevedra.
Valoración da resolución do Xurado: 64.988,62 €.