Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2014 Páx. 6262

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 27 de xaneiro de 2014 pola que se notifican os acordos mediante os cales se resolven os recursos de reposición dos predios dos expedientes 2011003644 e 2012000048.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante esta cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i ) 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2014

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 00996, VAC Tui (incluído enlace autovía a Portugal) A Guarda. Treito III: Goián-A Guarda. Clave: PO/03/009.01.3.

Concello: O Rosal.

Provincia: Pontevedra.

Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.

Beneficiaria: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.

Acto notificado: resolución de recurso de reposición.

Persoa notificada

Data acto que se notifica

Nº expediente

Predio

Prezo xusto (€)

Orlando Estévez Rivero

Orlando Estévez Rivero

7.11.2013

7.11.2013

2011003644

2012000048

2743

2753

2.605,42

5.177,36