Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2014 Páx. 6260

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 27 de xaneiro de 2014 pola que se notifica o Acordo do 24 de outubro de 2013 mediante o cal se resolve o recurso de reposición do predio número 1 sito en Vilalba, relativo ao proxecto 01038 (expediente 2011/000204).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlle mediante esta cédula a Manuel López Díaz o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia, do 24 de outubro de 2013, mediante o cal se resolve o recurso de reposición do predio nº 1 sito en Vilalba, relativo ao proxecto 01038, expediente 2011/000204, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i) 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia con enderezo no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2014

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 01038-enlace LMT subestación Sete Pontes/LMT Meira e LMT Cospeito. Exp. 008/2007 AT TM Vilalba.

Nº de expediente: 2011/000204.

Persoa a quen se lle notificará: Manuel López Díaz.

Expropiante: Consellería de Innovación e Industria. Delegación Provincial de Lugo.

Expropiado: Manuel López Díaz e outro.

Beneficiaria: Begasa.

Predio nº: 1.

Concello: Vilalba.

Provincia: Lugo.

Valoración da resolución do Xurado: 1.886,73 €.