Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2014 Páx. 6258

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 27 de xaneiro de 2014 pola que se notifica o Acordo do 7 de novembro de 2013 que fixa o prezo xusto do predio número 374 sito en Vigo, relativo ao proxecto 01174 (expediente 2013/000064).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlle mediante esta cédula a Manuel Iglesias Barreiro o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia, do 7 de novembro de 2013, que fixa o prezo xusto do predio número 374 sito en Vigo, relativo ao proxecto 01174, expediente 2013/000064, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada, poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non se poderá interpoñer ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2014

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 01174-Novo Hospital de Vigo. TM Vigo.

Nº de expediente: 2013/000064.

Persoa a quen se notificará: Manuel Iglesias Barreiro.

Expropiante: Consellería de Sanidade.

Expropiado: Manuel Iglesias Barreiro.

Beneficiario: Servizo Galego de Saúde (Dirección de Recursos Económicos).

Predio nº: 374.

Concello: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Valoración da resolución do Xurado: 9.440,66 €.