Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 2014 Páx. 6583

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2014 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2013.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, imponlle a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2013.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2013 e que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2014

Teresa María Gutiérrez López
Directora xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2013

Convenio

Importe achegado
polo IGVS

Data da sinatura

Convenio entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e varias entidades financeiras para o financiamento de vivendas protexidas de protección autonómica e actuacións de rehabilitación.

Sen contido económico

24.9.2013

Convenio entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e varias entidades financeiras para o financiamento de vivendas de promoción pública.

Sen contido económico

24.9.2013