Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 2014 Páx. 6580

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2014 pola que se publica o resultado da poxa pública dos locais de negocio propiedade deste instituto.

Unha vez realizada a adxudicación dos locais de negocio propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo, mediante poxa pública e para cumprir coa transparencia, cómpre facer pública a adxudicación que se fixo de acordo cos seguintes antecedentes de feito:

Primeiro. Tras os preceptivos trámites legais, mediante anuncio de licitación publicado no DOG nº 137, do 5 de xullo de 2013, convocouse poxa pública para a venda ou alugamento de locais de negocio propiedade do IGVS, resultando que:

1. Segundo acreditan os certificados emitidos polos responsables dos rexistros do IGVS en Ourense e Pontevedra, non foi presentada ningunha proposición para os locais ofertados.

2. Segundo o certificado do encargado do rexistro do IGVS en Santiago de Compostela, foi presentada dentro do prazo establecido a proposición formulada por Carlos Bures Liñares (C-2002010-9007) e por Cenlitrosmetrocadrado, S.L. (C-2002/010-9002, 9003 e 9004) e, segundo o certificado do rexistro do IGVS en Lugo, tiveron entrada en prazo as proposicións presentadas por: Definity Tratamientos Estéticos, S.L.U. (LU-2007-CH01:9002 e LU-2007-CH01:9005), Inmaculada Otero Fernández (LU-2011-CH01:9001 e 9002 e LU-2009-CH01:9002), Antonio López López (LU-2011-CH01:9005), Beatriz Blanco Rodríguez (LU-2007-CH01:9002), Juan Carlos Rodríguez López (LU2011-CH01:9001 e 9004) e Antonio Rodríguez Álvarez (LU-2011:CH01:9004).

Segundo. O funcionamento das mesas de contratación e as súas actas e propostas figuran no perfil do contratante.

Terceiro. De conformidade co disposto no artigo 151.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, as mesas de contratación, con data do 25 de outubro de 2013, na provincia da Coruña, e do 6 de novembro de 2013, acordaron propoñer a adxudicación ao órgano de contratación en réxime de venda ou alugamento dos locais sinalados no punto primeiro desta resolución.

Cuarto. Con data do 27 de novembro de 2013 requírense os licitadores propostos para a adxudicación para que presenten a documentación establecida na cláusula 11 do prego de bases polo que se rexe esta poxa. O requirimento foi formalizado dentro do prazo establecido, salvo dos locais propostos a Cenlitrosmetrocadrado, S.L., que non presentan a documentación en prazo nin en forma. Por iso se procedeu á súa exclusión.

Quinto. Notificóuselles a resolución de adxudicación aos adxudicatarios e non adxudicatarios e publicouse no perfil do contratante.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A competencia para ditar esta resolución correspóndelle á directora xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo por delegación das competencias como órgano de contratación do presidente do IGVS que, mediante Resolución do 23 de xuño de 2010, delegou as competencias que tiña como órgano de contratación no director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, de conformidade co disposto no artigo 316 do Real decreto lexislativo 3/2011, e de acordo coa Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do Instituto Galego da Vivenda e Solo, e co Decreto 288/1988, do 29 de setembro, que a desenvolve.

Vistas as propostas das mesas de contratación do 25 de outubro e o 6 de novembro de 2013, o artigo 151 do R.D.L. 3/2011; a Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do IGVS; o Decreto 288/1988, do 29 de setembro, de desenvolvemento; o prego de bases que rexe neste procedemento e demais normativa vixente en materia de contratación,

RESOLVO:

Facer público o resultado da poxa pública e a adxudicación dos seguintes locais:

Adxudicatario

Local

Réxime

Importe sen IVE

Carlos Bures Liñares

C-2002/010-9007

Venda

15.807,17 €

Beatriz Blanco Rodríguez

LU-2007/CH01:9002

Alugamento

2.200,00 €

Inmaculada Otero Fernández

LU-2009/CH01:9002

Alugamento

750,00 €

Inmaculada Otero Fernández

LU-2011/CH01:9002

Alugamento

1.586,71 €

Antonio López López

LU-2011/CH01:9005

Alugamento

820,00 €

Juan Carlos Rodríguez López

LU-2011/CH01:9001

Venda

86.500,00 €

Juan Carlos Rodríguez López

LU-2011/CH01:9004

Venda

48.500,00 €

Declarar deserta a poxa pública dos restantes locais de negocio propiedade do IGVS, sitos nas provincias da Coruña e Lugo.

Declarar deserta a poxa pública de todos os locais de negocio propiedade do IGVS, sitos nas provincias de Ourense e Pontevedra, por non se presentar oferta ningunha para eles.

Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2014

Teresa María Gutiérrez López
Directora xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo