Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 2014 Páx. 6611

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao

ANUNCIO do 31 de xaneiro de 2014 polo que se fai pública a notificación de incoación de expediente sancionador.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, o acordo de inicio do procedemento administrativo sancionador por presunta infracción do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, que aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o expedientado dispón dun prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para que poida examinar o expediente persoalmente ou mediante representante debidamente acreditado, nas oficinas da Xefatura da División de Asuntos Xurídicos da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao (Peirao de Curuxeiras s/n, 15401 Ferrol, A Coruña), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas; e formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que xulgue pertinentes ante o instrutor do procedemento, segundo o establecido no Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

De non se efectuar alegacións no prazo antes mencionado, o acordo de inicio, en aplicación do artigo 13.2º do Real decreto 1398/1993, será considerado proposta de resolución.

Unha vez transcorrido o citado prazo sen comparecer, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais o día seguinte ao do vencemento do prazo antes sinalado.

O órgano competente para a resolución do expediente, segundo a delegación de funcións aprobadas polo Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao na súa sesión ordinaria do 28 de febreiro de 2007 (BOP núm. 67, do 27 de marzo) é a súa Presidencia.

E para que conste e lle sirva de notificación, expido, asino e selo esta cédula.

Ferrol, 4 de febreiro de 2014

José Manuel Vilariño Anca
Presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao

ANEXO

Nome/razón social: Cristian Fernández Fraga.

NIF/CIF: 35590823-W.

Domicilio: rúa Castelao nº 9, piso 2º A. 27880 Burela (Lugo).

Data da denuncia: 3 de setembro de 2013.

Precepto infrinxido: artigos 306.1.a) e 307.1.a) do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante.

Nº de actas de denuncia/órgano denunciante: 2013-004497-00000208 y 2013-004497-00000212/Comandancia da Garda Civil de Lugo (posto de Xove).

Lugar de denuncia: augas portuarias do porto de San Cibrao (factoría Alcoa) a uns 200 metros da praia de Lago.

Feito denunciado: realización de esquí acuático desde embarcación Zodiac, matrícula 7ª-LU-1-1-09.

Importe da sanción: ata 60.000 €. Artigo 312 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante.