Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 2014 Páx. 6562

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (168/2013).

Nº autos: despedimento/cesamentos en xeral 168/2013.

Demandante: María Jesús Gestal Precedo.

Avogado: Alberto José Rodríguez Amoroso.

Demandado: Jaime da Silva Pereira.

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no Xulgado do Social número 1 da Coruña se ditou resolución con data do 15 de outubro de 2013, dirixida a Jaime da Silva Pereira contra a cal se poderá interpor o oportuno recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber que no citado órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que lle sirva de notificación en forma a Jaime da Silva Pereira, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial