Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 2014 Páx. 6559

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño

EDICTO (468/2012).

Eva María Carbajo Álvarez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño, polo presente certifico que no procedemento de referencia (ordinario nº 468/2012), se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do seguinte teor literal:

Sentenza nº 112/13.

O Porriño, 30 de setembro de 2013.

Xuíza que a dita: Olalla Díaz Sánchez.

Demandante: Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Pereiras-Mos.

Procurador: F. Javier Varela González.

Avogado: Calixto Escariz Vázquez.

Demandados: Dolores Saavedra Alonso (rebelde procesual), Manuel Saavedra Alonso (rebelde procesual), Ascensión Vila Campo (rebelde procesual), ignorados herdeiros de Consuelo Vila Campo (rebeldes procesuais), Ceferina Saavedra Alonso, Isolina Rodríguez Saavedra, José Rodríguez Saavedra, Severino Rodríguez Saavedra, Manuel Rodríguez Saavedra, Jesús Rodríguez Saavedra.

Procuradora: Ángeles González Rodríguez.

Avogada: Isabel Punzón Lorenzo.

Obxecto do xuízo: acción reivindicativa.

Ministerio Fiscal: non intervén.

Resolvo:

Que estimando integramente a demanda presentada pola representación da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Pereiras-Mos:

– Declaro que a porción do Monte Salgueiras descrita no punto 3º do feito sétimo da demanda e no informe pericial de Ángel Bravo Portela con data do 1.3.2011, achegado como documento nº 7 daquela, é propiedade da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Pereiras-Mos, xa que o común dos veciños desa parroquia a posuíu desde tempo inmemorial, en réxime de aproveitamento colectivo e sen especial asignación de cotas, na forma prevista no artigo 1 da Lei 13/1989, do 19 de outubro, e condeno a Manuel Saavedra Alonso a se ater a esta declaración e a se abster no sucesivo de invadir a citada porción do Monte Salgueiras descrita no punto 3º do feito sétimo da demanda, así como a deixar tal porción libre e expedita en favor da comunidade demandante.

– Declaro que a porción do Monte Salgueiras descrita no punto 4º do feito sétimo da demanda e no informe pericial de Ángel Bravo Portela con data do 1.3.2011, achegado como documento nº 7 daquela, é propiedade da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Pereiras-Mos, xa que o común dos veciños desa parroquia a posuíu desde tempo inmemorial, en réxime de aproveitamento colectivo e sen especial asignación de cotas, na forma prevista no artigo 1 da Lei 13/1989, do 19 de outubro, e condeno a Ascensión Vila Campo e ignorados herdeiros de Consuelo Vila Campo a se ater a esta declaración e a se abster no sucesivo de invadir a citada porción do Monte Salgueiras descrita no punto 4º do feito sétimo da demanda, así como a deixar tal porción libre e expedita a favor da comunidade demandante.

– Declaro que a porción do Monte Salgueiras descrita no punto 5º do feito sétimo da demanda e no informe pericial de Ángel Bravo Portela con data do 1.3.2011, achegado como documento nº 7 daquela, é propiedade da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Pereiras-Mos, xa que o común dos veciños desa parroquia a posuíu desde tempo inmemorial, en réxime de aproveitamento colectivo e sen especial asignación de cotas, na forma prevista no artigo 1 da Lei 13/1989, do 19 de outubro, e condeno a Dolores Saavedra Alonso a se ater a esta declaración e a se abster no sucesivo de invadir a citada porción do Monte Salgueiras descrita no punto 5º do feito sétimo da demanda, así como a deixar tal porción libre e expedita en favor da comunidade demandante.

– Condeno os demandados Dolores Saavedra Alonso, Manuel Saavedra Alonso, Ascensión Vila Campo e ignorados herdeiros de Consuelo Vila Campo ao pagamento das custas do presente procedemento.

Esta sentenza non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se deberá presentar neste xulgado no prazo de 20 días desde a súa notificación.

Notifíquese ás partes.

Así o acordo, mando e asino.

– Diríxase atento oficio ao Rexistro da Propiedade de Redondela co fin de cancelar a inscrición rexistral do predio 6821 practicada a nome de Consuelo e Asunción (agora Ascensión, por un cambio de nome no rexistro civil) Vila Campo.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Dolores Saavedra Alonso, Manuel
Saavedra Alonso, Ascensión Vila Lago e herdeiros de Consuelo Vila Campo, expídese este edicto para que sirva de notificación da sentenza recaída nas actuacións.

O Porriño, 19 de decembro de 2013

A secretaria xudicial