Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 2014 Páx. 6556

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol

EDICTO (357/2011).

No procedemento de referencia ditouse sentenza co seguinte encabezamento e resolución:

«Sentenza.

Xuíz que a dita: Javier Tudela Guerrero.

Lugar: Ferrol.

Data: 19 de decembro de 2011.

Demandante: Círculo Mercantil e Industrial Club de Campo de Ferrol.

Avogado: Raúl Meizoso Sardiña.

Procuradora: Ana Belén Seco Lamas.

Demandado: Camilo Ares, S.L. (rebelde).

Procedemento: procedemento ordinario 357/2011.

Resolución

Acordo: estimar en parte a demanda presentada pola entidade Círculo Mercantil e Industrial Club de Campo de Ferrol contra a entidade Camilo Ares, S.L.

I. Desestimar a pretensión de resolución do contrato de obra asinado entre elas o 2.7.2009 ao consideralo executado mediante a acta de recepción de edificio terminado e certificado de final de obra do 25.10.2010.

II. Estimo en parte a pretensión de fixación dos danos e perdas causados á entidade demandante por atraso e defectos, na cantidade de 209.917,05 euros, condenando a entidade demandante ao seu pagamento.

III. Desestimar a pretensión de compensación da mencionada cantidade coa débeda da entidade demandante coa demanda por existir sobre ela retencións de xulgados do ámbito social, da Administración pública e de terceiros, debidamente notificados á demandante.

Malia isto, a parte demandante poderá exercer o dereito de garantía pactado nos termos recollidos no fundamento xurídico 11º desta resolución tanto polos danos, 140.735 euros, como pola indemnización por atraso, 69.182,05 euros.

IV. Desestímase a pretensión de indemnización de dano moral por atraso, ao estimarse e aplicarse a cláusula penal polo mesmo concepto.

V. Desestímase a pretensión de pagamento de xuros por ser unha cantidade liquidada na presente resolución.

VI. Non procede a condena en custas.

Modo de impugnación. Contra esta sentenza cabe recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes ao da súa notificación, que se interporá ante este órgano xudicial.

Conforme a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberase constituír ingresando a citada cantidade no Banesto, na conta deste expediente 1559 0000, indicando no campo “concepto” a indicación “Recurso” seguida do código “02 Civil-Apelación”.

Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo a indicación “recurso” seguida do código “02 Civil-Apelación”.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións, a data da resolución impugnada co formato DD/MM/AAAA.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O maxistrado-xuíz»

Esta resolución foi aclarada por auto firme do 2 de xaneiro de 2012, cuxa parte dispositiva di:

«Acordo:

Estimar a petición formulada pola entidade demandante de corrixir a sentenza ditada neste procedemento, no sentido de substituír a expresión “…condenando á entidade demandante…”, pola expresión: “condenando a entidade demandada ao seu pagamento”, dentro do pronunciamento II da súa resolución”

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Camilo Ares, S.L., expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ferrol, 17 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial