Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 2014 Páx. 6680

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se aproba a renovación do Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Ulla, para o ano 2014.

Antecedentes de feito.

Primeiro. A finais do ano 2011 as confrarías de Carril e Rianxo presentaron conxuntamente os anexos I e II do Decreto 130/2011, do 9 de xuño, polo que se regula a pesca profesional da anguía nas augas continentais competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, e un plan de aproveitamento específico para a pesca da anguía na bacía do río Ulla para o ano 2012.

Sometido o expediente aos correspondentes trámites de información pública, aos informes do Comité Permanente de Pesca Fluvial, da Consellería do Mar e mais da Área de Espazos Naturais Protexidos, o Servizo de Conservación da Natureza realizou a proposta de aprobación do plan dese ano.

Segundo. A Dirección Xeral de Conservación da Natureza ditou Resolución do 20 de febreiro de 2012, pola que se aprobou o Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Ulla para o ano 2012

Terceiro. A finais de xaneiro de 2013, as confrarías de Carril e Rianxo solicitaron a renovación do Plan de aproveitamento específico para a pesca da anguía na de-sembocadura do río Ulla para o ano 2013 e a relación de embarcacións que desexan participar nel.

Cuarto. A Xefatura Territorial de Pontevedra ditou Resolución do 7 de marzo de 2013, pola que se aprobou a renovación do Plan de aproveitamiento específico da anguía na desembocadura do río Ulla para o año 2013.

Quinto. Con datas do 22 de novembro de 2013 e do 17 de xaneiro de 2014, as confrarías de Carril e Rianxo presentaron a solicitude de renovación do Plan de aproveitamento específico para a pesca da anguía na desembocadura do río Ulla para o ano 2014 e a relación de embarcacións que desexan participar nel.

Sexto. Tramitado o expediente de renovación, conforme o Plan de pesca marítima, e solicitado o informe da Consellería do Medio Rural e do Mar, o Servizo de Planificación da dita consellería emite informe favorable sobre a renovación do Plan de aproveitamento.

Sétimo. Revisado o informe favorable da Área de Espazos Naturais Protexidos de viabilidade sobre a proposta do plan, emitido por quedar parcialmente a zona de actividade dentro do espazo natural protexido sistema fluvial Ulla-Deza.

Antecedentes de dereito.

Primeiro. O disposto no Decreto 130/2011, do 9 de xuño, polo que se regula a pesca profesional da anguía nas augas continentais competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. O disposto no Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en relación co Decreto 13/2012, do 4 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, e o Decreto 1/2012, do 30 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia.

Resolución:

Visto o exposto nos antecedentes, acórdase a aprobación da renovación do Plan específico da anguía na desembocadura do río Ulla para o ano 2014 que figura como anexo a esta resolución.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE número 285, do 27 de novembro).

Pontevedra, 3 de febreiro de 2014

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura
do río Ulla para o ano 2014

a) Artes de pesca.

Nasa voitirón.

As caceas deberán situarse en dirección paralela á corrente, sen que se poidan cruzar nin na canle nin no esteiro.

As artes de pesca de cada cacea deberán estar unidas por unha corda e en cada extremo dela unha boia, dun tamaño mínimo de 20 cm. Na de dimensións menores indicarase o folio da embarcación que opera con ela.

Programarase o tendido das artes, de xeito que sempre quede libre un largo do río suficiente, para o normal movemento das especies piscícolas migradoras.

O tamaño da malla non será inferior a 14 mm medidos en diagonal e mollada.

b) Zonas dentro da bacía fluvial e períodos de pesca.

• Zonas de pesca:

As zonas de pesca reflíctense no plano que se achega, como anexo C.

– Zona A (ou alta): tramo do río Ulla comprendido entre a ponte de Catoira, como límite superior, e a liña recta imaxinaria que une Punta Palleiro con Punta Grandoiro, como límite inferior.

– Zona B (ou media): tramo do río Ulla comprendido entre a liña recta imaxinaria que une Punta Palleiro con Punta Grandoiro, como límite superior, e como límite inferior, a liña imaxinaria que une Praia Longa con Punta Seveira.

– Zona C (ou baixa): tramo do río Ulla comprendido entre a liña imaxinaria que une Praia Longa con Punta Seveira, como límite superior, e como límite inferior, a liña imaxinaria que une Punta Seveira con Punta Rebordexo e, a continuación, bordeando a Illa de Cortegada, ata o faro do dique de Carril, excluída a Illa de Cortegada, como límite inferior.

• Vedado:

A zona denominada O Cebal, os límites da cal se explican no seguinte parágrafo, permanecerá vedada para todo tipo de capturas con nasa voitirón, desde o 15 de xullo ata o 15 de setembro.

Os límites xeográficos aos que atinxe esta veda temporal reflíctense no plano de zonificación que se xunta como anexo C e son os seguintes:

a) Liña imaxinaria que une o lugar de Bamio (San Xinés ou Rampla do Cemiterio) con Punta Corveiro na illa de Cortegada.

b) Liña de costa da illa de Cortegada que une Punta Corveiro con Punta do Bau.

c) Liña imaxinaria que une Punta do Bau coa zona superior dos viveiros de Carril.

• Período de pesca:

Desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de outubro de 2014 nas tres zonas A, B e C.

c) Número previsto de días de actividade.

Os labores de pesca suspenderanse desde as 12.00 horas dos sábados ata as 12.00 horas dos luns, con carácter xeral.

Entre 20-23 días ao mes, cun máximo de 197 días por temporada.

d) Horas de pesca diarias.

As nasas deberán ser levantadas e revisadas diariamente.

Deberanse baleirar as nasas o máis rapidamente posible, para evitar a morte das capturas accidentais. Queda prohibido ter máis dunha cacea sen baleirar na cuberta da embarcación.

e) Número de aparellos ou artes de pesca por persoa.

O número de artes de pesca que se empregarán en cada unha das zonas descritas no parágrafo b) non poderá ser superior a dez (10) nasa voitirón por tripulante.

Non se poderá acumular o número asignado nunha zona a outra.

f) Cotas de captura diarias ou por temporada de pesca.

Mantense o máximo de quilos autorizados a pasada temporada por embarcación autorizada.

Mantense a cota total autorizada para toda a flota a pasada tempada, fixada nun máximo 5.176 quilos por temporada.

A dimensión mínima das anguías capturadas será de 20 cm.

Devolverase ao río calquera outra especie que entre nas nasas.

Só se autoriza a captura da anguía na fase do seu ciclo vital denominada «anguía amarela», e deberanse devolver á auga, inmediatamente despois da súa captura, todos os exemplares con signos externos propios da fase denominada «anguía prateada».

g) Relación de membros da asociación participantes no plan.

Os que figuran no anexo A que se achega.

h) Relación de embarcacións e número de tripulantes autorizados.

Mantense o criterio do pasado ano de limitar a un máximo de tres o número de tripulantes por embarcación.

Autorízase a traballar ás embarcacións coas súas tripulacións, que se relacionan no anexo A.

Non se autoriza a incorporación ao Plan da embarcación VIVIANA 3-6-91, porque non participou nunca no Plan de aproveitamento da anguía no río Ulla e, tendo en conta que no Plan de aproveitamento da anguía no río Ulla, se establece que non se pode incrementar o esforzo pesqueiro sobre o recurso.

En total autorízanse 16 embarcacións cun máximo de 35 tripulantes.

i) Sistema de rexistro das capturas e de remisión de datos ao Servizo Provincial de Conservación da Natureza.

Cada mes as confrarías, utilizando o modelo de impreso anexo B, que se achega a esta autorización, deberán remitir ao Servizo de Conservación da Natureza os datos de extracción das capturas totais, e especificar o total mensual de cada embarcación, así como o número total de días traballados no mes.

Deberá indicarse no anexo B a procedencia das anguías capturadas, desagregando as capturas realizadas na zona marítima (M) dentro do Plan de pesca de anguía da Secretaría Xeral do Mar, das capturas obtidas na zona fluvial (F), reguladas polo Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Ulla, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

j) Mostraxes.

Durante o período de vixencia do plan o persoal das consellerías competentes en materia de pesca marítima ou fluvial poderá realizar, en calquera das embarcacións autorizadas, mostraxes para o control, o seguimento e a avaliación do plan. Os armadores deben colaborar de xeito que se permita acadar os obxectivos propostos. A falta de colaboración neste eido ocasionará a baixa definitiva no plan.

k) Sistema de comercialización das capturas e o seu control.

A comercialización levarase a cabo nas lonxas de Carril e de Rianxo e terá a obriga de entregar nelas a totalidade das capturas.

Cada mes, xunto cos partes de capturas e xornadas traballadas, remitiranse ao Servizo de Conservación da Natureza os xustificantes de venda en lonxa de todas as embarcacións.

l) Esta resolución queda condicionada ao estrito cumprimento da normativa vixente en materia de extracción e comercialización de produtos da pesca fresca.

Anexo A
Relación de embarcacións e membros participantes autorizados no Plan de aproveitamento da anguía no río Ulla para o ano 2013

Nome da embarcación

Matrícula

Membros participantes no plan

Curota

VILL-3-4-02

Mª Dolores Galbán Franco

Manuel Vidal Alcalde

Manuel Vidal Galbán

Paraná

VILL-3-12-96

José M. Figueira Deira

Peruco

VILL-3-9-98

Juan B. Vicente Romero

Juan Fco. Vicente Patiño

Conde I

VILL-3-9902

Baltasar Rodríguez Alcalde

Serafín Rubio Collazo

Xoana

VILL-3ª-13-92

Manuel Tembra Vilanova

José Manuel Tembra Domínguez

Cristina Cef Ordóñez

Ángeles

VIll-3ª-10.128

José Manuel Pesado Romay

Juan Gabino Campos Taibo

Mª Carmen Portas Gago

Auxiliar Pesado

VILL 3ª-8.807

Roberto Barreiro Pesado

Gerardo Barreiro Pesado

Camba

VILL-3ª-9.952

Cándido Vidal Buceta

Francisco Buceta Cascallar

Eu

VILL-3-10.223

Ramón Barreiro Blanco

Mª Manuela Outeiral Fandiño

Gima

VILL-3ª-4.092

José Barreiro Blanco

Carmelo Campos Taibo

Mª del Carmen

VILL-3ª-2.652

José Manuel Barreiro Portas

Francisco Barreiro Portas

Nena Cuarta

VILL-3ª-9.756

Manuel Agrasar de Villanueva

Ramón Agrasar de Villanueva

Tilocha

VILL-3ª-9.440

Antonio Pesado Romay

Marcos Pesado Portas

Iván Pesado Portas

Vicenta

VILL-3ª-10.156

Miguel Barreiro Blanco

Miguel Ángel Campos Taibo

Tami Uno

VILL-3ª-9-2-08

José Ángel Pesado Taibo

Alejandro Pesado Taibo

Xurxo

VILL-3ª-8-91

José Manuel Diz Álvarez

Mª Begoña Gerpe Jamardo

missing image file

ANEXO C
PLANO DE ZONIFICACIÓN

missing image file