Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 19 de febreiro de 2014 Páx. 6910

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 6 de febreiro de 2014 pola que se autoriza o cambio de denominación do colexio de educación infantil e primaria Antonio Vázquez Vázquez de Rairiz de Veiga.

De conformidade co previsto no artigo 8.1º do Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, aprobado polo Decreto 374/1996, do 17 de outubro, DOG do 21 de outubro, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DispOÑO:

Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:

Provincia: Ourense.

Concello: Rairiz de Veiga.

Código: 32011032.

Denominación actual: Colexio de Educación Infantil e Primaria Antonio Vázquez Vázquez.

Nova denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria Carlos Cid Arregui.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria