Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 2014 Páx. 7703

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre do ano 2013.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2013 e que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2014

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Título

Data de sinatura

Importe

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial da Coruña para o funcionamento do Centro de Formación Profesional Calvo Sotelo durante o curso escolar 2013/14.

14.5.2013

106.925,61 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial da Coruña para o funcionamento do Centro Rafael Puga Ramón durante o curso escolar 2013/14.

14.5.2013

490.096,50 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Editores para a participación e asistencia ás feiras internacionais do libro e para actividades de promoción e consolidación do sector do libro.

22.5.2013

16.728,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Centro Pen Galicia para a realización do I Encontro Ars Aurensis.

13.6.2013

16.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación Cultural para a Integración Social Diversos para a realización do II Encontro: artes pola integración.

25.6.2013

13.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Bandas de Gaitas para a realización do XXIII Campionato da liga galega de bandas de gaitas.

11.7.2013

9.000,00 €

Protocolo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Mondariz Balneario para divulgar os recursos do portal «O sitio da auga» entre a comunidade educativa galega e colaborar na súa tradución ao galego.

18.7.2013

0,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación Elos-Galicia para a realización dunha guía de poesía galega (0-8 anos) e dunha publicación dos resultados do XIX Encontro luso-galaico-francés do libro infantil e xuvenil.

22.8.2013

8.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Vigo para a implementación de iniciativas previstas no plan de acción do Plan estratéxico do Campus Auga (Ourense).

28.8.2013

120.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación ECCA na formación de persoas adultas para a obtención do título de graduado en educación secundaria.

30.8.2013

310.133,69 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as universidades da Coruña, de Santiago de Compostela e de Vigo para promover aos investigadores do SUG o acceso a recursos de supercomputación, almacenamento de datos e comunicación.

2.9.2013

510.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as universidades da Coruña, de Santiago de Compostela e de Vigo no financiamento de recursos de información científica en liña.

2.9.2013

1.920.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela para a incorporación de persoal investigador (Programa I3 2011, exercicios 2012-2014).

3.9.2013

129.999,99 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as universidades do Sistema universitario de Galicia para o Programa de estabilización 2013.

3.9.2013

2.783.447,04 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Universitat d’Alacant para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

9.9.2013

58.462,56 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Universidade de Deusto/Deustuko Unibertsitatea para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

9.9.2013

58.462,56 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Universitat Autònoma de Barcelona para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

9.9.2013

69.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Universidade Complutense de Madrid para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

9.9.2013

19.487,52 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Universidade de Salamanca para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

9.9.2013

58.462,56 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a University College, Cork/Coláiste na hOllscoile Corcaigh para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

9.9.2013

63.976,32 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Sveučilište u Zadru para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

9.9.2013

12.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Freie Universität Berlin para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

9.9.2013

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Universität Leipzig para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

9.9.2013

75.800,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Christian Albrechts-Universität zu Kiel para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

9.9.2013

63.976,32 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Universidade do País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

9.9.2013

58.462,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a impartición do Máster en rexeneración urbana e rehabilitación.

10.9.2013

15.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Deputación Provincial de Ourense para o Premio Otero Pedrayo.

12.9.2013

15.000,00 €

Convenio de cooperación sociocultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico para a adecuación das antigas estacións de ferrocarril de Baños de Molgas e de Arrabaldo na provincia de Ourense.

12.9.2013

102.782,70 €

Addenda ao convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional.

25.9.2013

30.050,00 €

Addenda ao convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e a Fundación Centro Oncolóxico Rexional de Galicia José Antonio Quiroga y Piñeyro sobre a promoción das ensinanzas de formación profesional da familia de sanidade.

25.9.2013

36.000,00 €

Addenda ao convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Laboral de la Construcción sobre a colaboración educativa nas ensinanzas da familia profesional de madeira, moble e cortiza.

25.9.2013

30.000,00 €

Acordo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Traballo e Benestar para impartir programas de cualificación profesional inicial e programas específicos para a formación de persoas con necesidades formativas especiais ou que teñan dificultades para a súa inserción ou recualificación profesional.

27.9.2013

0,00 €

Addenda ao acordo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Traballo e Benestar para impartir programas de cualificación profesional inicial e programas específicos para a formación de persoas con necesidades formativas especiais ou que teñan dificultades para a súa inserción ou recualificación profesional.

27.9.2013

0,00 €

Addenda ao convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Centro Pen Galicia para a realización do I Encontro Ars Aurensis.

30.9.2013

16.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Université Sorbonne Nouvelle-Paris 3 para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

1.10.2013

43.484,16 €

Acordo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación de Amigos da Ópera de Vigo para impulsar a actividade musical e operística.

2.10.2013

0,00 €

Convenio plurianual de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización dun programa de accións en materia de investigación a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

2.10.2013

132.516,00 €

Convenio plurianual de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade da Coruña para a realización dun programa de accións en materia de investigación a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

2.10.2013

17.238,00 €

Convenio plurianual de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Vigo para a realización dun programa de accións en materia de investigación a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

4.10.2013

19.506,00 €

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a asistencia sanitaria aos menores do Instituto Argentino-Gallego Santiago Apóstol en visita de estudos na Comunidade Autónoma de Galicia.

9.10.2013

0,00 €

Protocolo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor e a creación de empresas no ámbito do sistema educativo de Galicia.

21.10.2013

0,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas externas do alumnado das titulacións impartidas na Facultade de Xeografía e Historia.

21.10.2013

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o Parlamento de Galicia, a Amtega e a USC para a realización de actuacións en materia de dinamización lingüística.

4.11.2013

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as universidades da Coruña, de Santiago de Compostela e de Vigo para participar no programa de competencias profesionais para investigadores galegos.

5.11.2013

183.300,00 €

Convenio de cooperación sociocultural entre as consellerías de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas; Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Axencia Turismo de Galicia, a Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Verín para a construción do Centro Cultural das Artes de Verín, cofinanciado en parte polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

5.11.2013

3.334.884,96 €

Protocolo xeral de colaboración entre o Instituto Cervantes e a Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

8.11.2013

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade La Voz de Galicia, S.A. para a elaboración dunha guía dixital dos Camiños de Santiago, o fenómeno da peregrinación e a súa riqueza arquitectónica e artística.

12.11.2013

100.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as universidades da Coruña, de Santiago de Compostela e de Vigo para o financiamento de centros de investigación.

12.11.2013

3.600.000,00 €

Convenio de cooperación sociocultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Gondomar para a adecuación e reforma do Auditorio Municipal de Gondomar.

14.11.2013

250.000,87 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, a Diocese de Ourense, a Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Ourense para a 1ª fase da rehabilitación da ermida-santuario da Nosa Señora dos Remedios en Ourense.

18.11.2013

387.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Federación Galega de Municipios e Provincias en relación cos gastos de limpeza dos centros públicos integrados.

12.12.2013

682.500,00 €

Primeira addenda ao convenio de colaboración asinado entre as consellerías de Medio Ambiente, Territorial e Infraestruturas; Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Axencia Turismo de Galicia, a Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Verín para a construción do Centro Cultural das Artes de Verín, cofinanciado en parte polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

12.12.2013

3.334.884,96 €

Protocolo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación Área Empresarial do Tambre (Santiago de Compostela) para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende.

13.12.2013

0,00 €

Addenda ao protocolo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre para o establecemento dun marco de actuación conxunta para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco Eduemprende.

13.12.2013

0,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello da Guarda para a realización das obras de posta en valor do castelo de Santa Cruz. II fase.

13.12.2013

129.241,39 €

Segunda addenda ao convenio de cooperación sociocultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela para a realización de obras e equipamentos en infraestruturas, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

30.12.2013

991.383,45 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, a Diocese de Ourense, a Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Ourense para a 1ª fase da rehabilitación da ermida-santuario da Nosa Señora dos Remedios en Ourense.

30.12.2013

387.000,00 €