Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 2014 Páx. 7883

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2014 pola que se fan públicos, para os efectos do artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, os convenios de colaboración asinados no terceiro cuadrimestre do ano 2013.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos pola Academia Galega de Seguridade Pública no terceiro cuadrimestre do ano 2013 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

A Estrada, 22 de xaneiro de 2014

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data da sinatura

Achega total da Agasp

Anualidade 2013

Academia Galega de Seguridade Pública e Concello de Lugo

Acordo para a colaboración na formación continua do corpo da Policía local do Concello de Lugo

13.9.2013

Sen achega económica

Academia Galega de Seguridade Pública e Concello do Porriño

Acordo para a colaboración na formación continua do corpo da Policía local do Concello do Porriño

13.9.2013

Sen achega económica

Academia Galega de Seguridade Pública e Asociación Internacional de Policía (IPA)

Acadar a colaboración para impartir conxuntamente formación para os funcionarios dos corpos de policía local, membros das forzas e corpos de seguridade do Estado e persoal integrante dos servizos de protección civil e emerxencias, con destino na Comunidade Autónoma de Galicia

30.10.2013

Sen achega económica

Pendente de publicar no 2º cuadrimestre de 2013:

Academia Galega de Seguridade Pública e Concello de Fornelos de Montes

Participación no módulo de prácticas profesionais non laborais dos cursos de acreditación de profesionalidade de socorrismo en espazos naturais e instalacións acuáticas

31.7.2013

Sen achega económica