Faise pública a decisión do 20 de xaneiro de 2014 de non someter o Plan especial de dotacións e infraestruturas para ampliar o paseo fluvial desde o polígono industrial de Sabón ata O Rañal, concello de Arteixo, ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica previsto na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, en cumprimento do disposto no artigo 4 da devandita lei.
Esta decisión pódese consultar no seguinte enderezo da internet:
http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave, introducindo o código 1604/2013.
Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2014
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental