Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 2014 Páx. 8277

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se nomea o tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias do Servizo Galego de Saúde.

Por Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, con data do 30 de abril de 2013 (Diario Oficial de Galicia nº 91, do 14 de maio) convocouse concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias do Servizo Galego de Saúde.

Na súa base sétima disponse que o tribunal cualificador do concurso-oposición será nomeado pola autoridade convocante cunha antelación mínima dun mes ao da data de realización das probas, publicándose para este efecto a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade coa antedita base, esta drección, como órgano convocante do proceso,

ACORDA:

Primeiro. Nomear os membros do tribunal, titulares e suplentes, que xulgarán o proceso selectivo convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, con data do 30 de abril de 2013 (DOG nº 91, do 14 de maio), e que aparecen relacionados no anexo desta resolución.

Segundo. Declarar de aplicación a este proceso as normas de funcionamento e actuación dos tribunais e persoal colaborador negociadas e aprobadas na Mesa Sectorial de Sanidade con data do 31 de xaneiro de 2014, publicadas á disposición das persoas interesadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Terceiro. Esta resolución producirá os seus efectos a partir do mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2014

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Categoría

Composición

Apelidos e nome

 

Médico de urxencias hospitalarias 

Presidente titular

Muñoz López, Ramón

Persoal estatutario licenciado sanitario. Urxencias hospitalarias

Secretario titular

López Suárez, Alberto

Persoal estatutario de xestión e servizos. Técnico da función administrativa

Vogais titulares

Solloso Blanco, Mª del Carmen

Persoal estatutario licenciado sanitario. Urxencias hospitalarias

Vázquez Lima, Manuel José

Persoal estatutario licenciado sanitario. Urxencias hospitalarias

Villena García del Real, Henrique

Persoal estatutario licenciado sanitario. Urxencias hospitalarias

Presidenta suplente

Rey González, Mª Felisa

Persoal estatutario licenciado sanitario. Urxencias hospitalarias

Secretario suplente

Sampedro Morandeira, José Luis

Persoal estatutario de xestión e servizos. Técnico da función administrativa

Vogais suplentes

Benito García, José Ignacio

Persoal estatutario licenciado sanitario. Urxencias hospitalarias

De la Cámara Gómez, María

Persoal estatutario licenciado sanitario. Urxencias hospitalarias

Villarino Otero, Mª José

Persoal estatutario licenciado sanitario. Urxencias hospitalarias