Procedemento ordinario 447/2011.
Sobre reclamación de cantidade.
De Ecofloat Galicia, S.L.
Procurador: José Manuel Novoa Núñez.
Letrado: Alfonso Maristany Pinto.
Contra Asesoría Urbanística Heim, S.L.
No procedemento de referencia ditouse a resolución cuxo encabezamento e resolución son do seguinte teor literal:
Sentenza.
En Ribeira o 13 de xuño de 2013.
Vistos por min, Mª de las Nieves Corral Montes, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira e o seu partido xudicial, os autos do xuízo ordinario nº 447/2011 en que foron parte demandante Ecofloat Galicia, S.L., representada polo procurador Sr. Novoa Núñez e asistida polo letrado Alfonso Maritans Pintó, e parte demandada Asesoría Urbanística Heim, S.L. quen se encontra declarado en rebeldía procesual.
Decido que, estimando a pretensión do demandante Ecofloat Galicia, S.L. contra Asesoría Urbanística Heim, S.L., debo condenar e condeno a Asesoría Urbanística Heim, S.L. ao pagamento da suma de 1.086.331,07 euros, cantidade que devindicará os xuros moratorios desde a data do 16.5.2011, así como os procesuais desde a data da sentenza.
Procede a condena en custas de acordo co artigo 394.1 da LAC.
Notifíquese ás partes.
Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días desde a súa notificación.
Lévese testemuño da presente resolución aos autos a que se refire e o orixinal ao libro de sentenzas que se leva neste xulgado.
Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronunciouno, mándoo e asínoo.
E como consecuencia do ignorado paradoiro de Asesoría Urbanística Heim, S.L., esténdese a presente para que sirva de cédula de notificación.
Ribeira, 13 de xuño de 2013
O/a secretario/a xudicial