Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 2014 Páx. 8286

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (495/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 495/2012 deste Xulgado do Social número 2 de reforzo, seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Víctor Manuel Valiña Blanco, sobre Seguridade Social, se ditou a sentenza cuxo encabezamento e ditame son os seguintes:

Sentenza: 43/2014.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: Seguridade Social 495/2012.

Demandante: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Letrada: Sra. Sueira Lemus.

Demandados:

– INSS e TXSS.

Letrada: Sra. González Quintás.

– Víctor Manuel Valiña Blanco.

Letrado: (…)

Sentenza 43/2014.

A Coruña, 29 de xaneiro de 2014

Ditame.

Estimo parcialmente a demanda formulada pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo e

1. Condeno a empresa Valiña Blanco Víctor Manuel como responsable directa ao aboamento dos gastos da asistencia sanitaria e pagamento delegado de IT prestada ao traballador José Manuel Abruñedo Barbeito, derivados do accidente de traballo acontecido o día 28.5.2010 e que ascende á suma total de 9.062,67 euros, que comprende 2.645,19 euros en concepto de asistencia sanitaria, 2.400 euros do baremo e 3.981,48 euros por prestacións económicas de IT, cantidades que a citada empresa debe reintegrar á Mutua sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que, se é o caso, puidese recaer no Instituto Nacional da Seguridade Social e na Tesouraría Xeral da Seguridade Social, de acordo co artigo 126 da LXSS.

2. Condeno o INSS como legal sucesor do Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo, e só para o caso de insolvencia da empresa, ao pagamento á Mutua da suma de 6.725,57 euros en concepto de gastos de asistencia sanitaria e prestacións de IT e baremo unha vez excluído o pagamento delegado de IT realizado pola empresa acreditado en relación co accidente de traballo sufrido por José Manuel Abruñedo Barbeito.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo.

Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo.

E para que lle sirva de notificación en forma á empresa Valiña Blanco Víctor Manuel, expido o presente edicto.

A Coruña, 4 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial