Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 2014 Páx. 8284

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (928/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 928/2013 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de José Manuel Fraga Veiga contra a empresa Tai Coruña, S.A., Fogasa, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Reforzo.

Sentenza: 75/2014.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 928/2013.

Demandante: José Manuel Fraga Veiga.

Letrado: Sr. Martínez Ramonde.

Demandado: Tai Coruña, S.A.

Letrado:

Fogasa.

Sentenza: 75/2014.

A Coruña, 3 de febreiro de 2014.

Ditame:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por José Manuel Fraga Veiga fronte á empresa Tai Coruña, S.A. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data desta sentenza. Todo iso con condena da empresa indicada ao aboamento da indemnización detallada no número segundo deste ditame.

2º. A indemnización que aboarán as empresas demandadas, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 56.722,20 euros.

3º. Estimo a acción de reclamación de cantidade exercida por José Manuel Fraga Veiga fronte á empresa Tai Coruña, S.A. e, en consecuencia, condeno esta última a aboarlle ao primeiro a suma de 2.361,24 euros en concepto de salarios devindicados e non satisfeitos e prazo de aviso previo non concedido.

4º. O Fogasa deberá pasar polo resolto nesta resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e sirva de notificación a Tai Coruña, S.A., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 3 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial