Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 27 de febreiro de 2014 Páx. 8589

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 5 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se dispón a publicación no Diario Oficial de Galicia da notificación do expediente de sanción por infracción na orde social.

Notifícaselles, de conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ás empresas que a continuación se relacionan, ás cales non se lles puido facer por correo certificado, o trámite de audiencia nos expedientes de sanción por infraccións na orde social (materia seguridade e saúde). O seu enderezo, identificación, número de expediente, contía da sanción e disposición infrinxida cítanse a seguir:

Empresa

Domicilio

NIF

Nº exp.

Contía

Disposición infrinxida

Hierros J. Pombo, S.L.U.

Plaza del Carbayón, 3, 4º C Oviedo

B74014341

50/2010

18.000 €

Artigo 11.1.c) e os puntos 11.a, b e c do anexo IV do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción (BOE do 25 de outubro)

A documentación que consta no expediente é a seguinte:

– Acta de infracción I272010000018217.

– Alegacións á acta de infracción.

– Informe do accidente laboral.

– Auto do Xulgado de Instrución de Mondoñedo.

Lugo, 5 de febreiro de 2014

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo