Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 27 de febreiro de 2014 Páx. 8588

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 3 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social (RL 2012/0206-4).

Ao non seren atopados no enderezo coñecido por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, o fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia, ao ter entrada no Rexistro Único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo a copia da sentenza do Xulgado de Instrución número 5 de Vigo, recaída no procedemento 2666/2013, polo accidente laboral do traballador José Luis Ruiz Fernández.

Os documentos que constan nos expedientes son:

• Acta de infracción.

• Xustificantes de notificación.

• Escrito de alegacións.

• Escrito de alegacións da empresa solidaria.

• Copia da sentenza xudicial.

Concédeselle un prazo de dez días hábiles para formular as alegacións que xulgue pertinentes. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

Expediente: RL 2012/0206-4.

Acta núm. I362012000079723.

Empresa: Tablan Consulting, S.L.

NIF/DNI: B-33884487.

Enderezo: Instituto, 31, 2º Gijón.

Vigo, 3 de febreiro de 2014

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo