Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 27 de febreiro de 2014 Páx. 8585

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Corvotek, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e no artigo 53 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta dirección xeral resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade Corvotek S. Coop. Galega, acordada na asemblea xeral do 10 de setembro de 2013, no Rexistro Central de Cooperativas. Amplíase o seu obxecto social ás seguintes actividades económicas:

a) A realización de todo tipo de actividades para a fomento da mellora da vida persoal das persoas en risco de exclusión social, tales como actividades formativas, campañas divulgativas ou de dinamización social; coaching; asesoramento xurídico, psicolóxico, pedagóxico, e/ou asistencia social; deseño, elaboración e difusión de material divulgativo; estudos sociolóxicos e/ou análogos.

b) A realización de todo tipo de actividades para a fomento da mellora da vida laboral das persoas en risco de exclusión social, tales como actividades formativas, campañas divulgativas e/ou de dinamización social; orientación laboral, asesoramento en materia de recursos humanos, asesoramento xurídico; asesoría en materia de sistemas de calidade adaptados ás necesidades das persoas en risco de exclusión social; deseño, elaboración e difusión de material divulgativo; asesoramento en materia de selección de persoal; estudos sociolóxicos, de mercado, de necesidades e/ou análogos; a asistencia e asesoramento de todo tipo (contable, xurídico, laboral, etc.) a centros especiais de emprego.

c) A prestación de servizos a empresas. As actividades que se van desenvolver son as que a continuación se relacionan:

i. Mantemento e limpeza de vivendas, xardíns e anexos, locais comerciais e outros bens inmobles. Limpeza de bens mobles.

ii. Instalacións de calquera natureza; decoración e acabamento de todo tipo de inmobles, así como as súas reparacións e mantementos posteriores. Servizos de control, conserxaría e gardaría de inmobles.

iii. Servizos de secretaría e traducións.

iv. Servizos de telemárketing e atención telefónica.

v. Reclamos publicitarios de todo tipo, así como os servizos relacionados coa publicidade e promoción empresarial.

d) A prestación directa das seguintes actividades:

i. A importación e exportación de produtos alimenticios, así como a distribución, intermediación, o comercio por xunto e polo miúdo. A elaboración e manipulación dos ditos produtos. O envasado de conservas.

ii. A explotación agrícola, gandeira ou de análoga natureza.

iii. A fabricación, importación, exportación, intermediación e comercio por xunto e polo miúdo de máquinas e material relacionado con ordenadores e programas para estes, aparellos eléctricos e electrónicos, telefonía móbil e fixa, maquinaria ofimática, programas informáticos. Reparación de máquinas de oficina, programación de autómatas e control industrial. Procesamento de datos.

iv. A explotación de servizos hoteleiros, hostaleiros, discotecas e outros relacionados coa restauración gastronómica e os espectáculos públicos.

v. A restauración, reparación e mantemento de maquinaria, embarcacións, aeronaves, bicicletas, vehículos para minusválidos e vehículos automóbiles.

vi. Subministracións industriais.

vii. Reconstrución e recauchutado de pneumáticos.

viii. A recepción ou recollida selectiva de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (en diante, RAEE) desde a orixe; a súa desmontaxe, clasificación en reutilizables ou reciclables; a súa almacenaxe e etiquetaxe, e a venda ao cliente final. A recepción ou recollida selectiva de residuos téxtiles (roupa, calzado, etc.) desde a orixe; a súa clasificación en reutilizables ou reciclables; a súa almacenaxe e etiquetaxe, e a venda ao cliente final.

ix. Prestación de servizos de apoio (educativos, sanitarios) en centros educativos, centros xeriátricos de día e residencias de anciáns, centros sanitarios e de análise e recoñecementos médicos, tanatorios e pompas fúnebres.

x. A compravenda, elaboración e transformación de peles e curtidos. Deseño, fabricación, corte, aparadura e acabamento de todo tipo de calzados, artigos de gornicionaria, marroquinaría e talabartaría. O seu comercio e intermediación por xunto e polo miúdo, así como a súa importación e exportación.

xi. A fabricación, comercio e intermediación de produtos químicos e sintéticos, plásticos, pasta papeleira, papel, cartón, envases, bolsas, rótulos, material fotográfico e servizos de revelado.

xii. A fabricación, importación, exportación, compravenda, comercio por xunto e polo miúdo, así como a distribución, intermediación e servizos relacionados cos artigos sanitarios, hixiénicos, de limpeza, de beleza, de fogar, de regalo, xoguetes, instrumentos musicais, decoración, electrodomésticos, mobiliario, porcelana, cristalaría, xoiaría, bixutaría, óptica, equipamentos fotográficos, flores, plantas e artigos de deporte.

xiii. A importación, exportación, intermediación e comercio por xunto e polo miúdo de madeiras, cortiza, cestaría, espartaría, metais de fundición, estiraxe, laminación e outros manipulación, mármore e pedra natural ou artificial. Instalacións e montaxes de carpintaría metálica e tradicional.

xiv. Explotación forestal.

xv. Servizos de gardamobles. Depósito e almacenaxe de mercadorías.

xvi. A importación, exportación, deseño, fabricación, intermediación e comercialización por xunto e polo miúdo de todo tipo de artigos téxtiles e complementos para a moda.

xvii. A importación, exportación, compravenda, fabricación, deseño, intermediación e comercialización por xunto e polo miúdo de todo tipo de produtos para a industria cerámica, moldes, troqueis e os seus derivados.

e) Se algunha das actividades enumeradas así o precisa, deberá ser exercida a través de profesionais coa titulación adecuada e, de ser o caso, deberá ser exercida logo das correspondentes autorizacións administrativas.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2014

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social