Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 27 de febreiro de 2014 Páx. 8393

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 19 de febreiro de 2014 pola que se dispón o nomeamento de vogais do Consello Reitor do Fondo Galego de Garantía Agraria.

O Fondo Galego de Garantía Agraria é un organismo autónomo adscrito á Consellería do Medio Rural e do Mar. En desenvolvemento do mandato contido na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, aprobouse o Decreto 7/2014, do 16 de xaneiro, polo que se aproban os estatutos do organismo autónomo Fondo Galego de Garantía Agraria (DOG núm. 18, do 28 de xaneiro).

Segundo establece a disposición transitoria primeira do devandito decreto procederase á constitución do Consello Reitor, que substituirá o actual Consello de Dirección, no prazo dun mes.

O artigo 19 dos estatutos do Fondo Galego de Garantía Agraria dispón que o Consello Reitor estará composto polos titulares da Presidencia, Vicepresidencia, Dirección e cinco vogais, e asistido pola Secretaría. Así mesmo, establece que a Vicepresidencia lle corresponderá á persoa titular da secretaría xeral competente en materia do medio rural, en virtude da designación actual da dirección do organismo, e que serán vogais do Consello Reitor tres representantes da consellería competente en materia do medio rural, designados/as de entre persoas de recoñecido prestixio no sector lácteo-gandeiro e altos cargos ou funcionarios/as da Administración autonómica; un/unha representante da consellería competente en materia de facenda, designado/a por proposta desta, e finalmente, un/unha representante da consellería competente en materia de conservación da natureza, designada por proposta desta.

O nomeamento destes vogais correspóndelle á persoa titular da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Con base nas circunstancias anteriores, unha vez feitas as correspondentes propostas por cada consellería, cómpre facer o nomeamento dos vogais do Consello Reitor do Fondo Galego de Garantía Agraria que, para xeral coñecemento, se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Por todo isto, en virtude das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear vogais do Consello Reitor do Fondo Galego de Garantía Agraria as seguintes persoas:

a) En representación da Consellería do Medio Rural e do Mar:

– Vogal: Alfonso García Magariños, secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar.

– Vogal: Antonio Crespo Iglesias, director xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural e do Mar.

– Vogal: José Ángel Burgo Rodil, subdirector xeral de Xestión da PAC do Fondo Galego de Garantía Agraria.

b) En representación da Consellería de Facenda:

– Vogal: Lourdes Ochoa Daviña, xefa do Servizo de Coordinación en Materia de Planificación Económica e Estatística.

c) En representación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas:

– Vogal: Verónica Tellado Barcia, directora xeral de Conservación da Natureza.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2014

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar