Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 27 de febreiro de 2014 Páx. 8423

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2014 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo e terceiro cuadrimestre do ano 2013.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia núm. 136, do 14 de xullo) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos.

En consecuencia e para dar cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Artigo único

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Calidade Alimentaria no segundo e terceiro cuadrimestre do ano 2013, que se incorporan como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2014

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director do Instituto Galego da Calidade Alimentaria

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Asinado

Informado

Achega total Ingacal

Ingacal, Cervus Proxectos, S.L.

Feader 2013/65: Mellora da calidade das variedades autóctonas de trigo e do pan galego

13.11.2013

18.10.2013

Sen obriga económica

Ingacal, Cecoagro Central de Compras, S.L.

Feader 2013/62: Cultivos de proteaxinosas e oleaxinosas para uso na fabricación de pensos

7.11.2013

18.10.2013

Sen obriga económica

Ingacal, Alimentación Siglo XXII, S.L.

Feader 2013/58: Mellora do valor proteico dos ensilados de millo para a alimentación do gando vacún leiteiro en Galicia a partir de fontes de nitróxeno non proteico (NNP): avaliación do inoculante AC-Supersil

14.11.2013

18.10.2013

Sen obriga económica

Ingacal, Cooperativa Agraria Provincial da Coruña SCG-CAP Coruña

Feader 2013/57: Cultivo da remolacha como alternativa forraxeira nas explotacións de vacún de leite galegas

4.11.2013

18.10.2013

Sen obriga económica

Ingacal, Custodrinks, S.L.

Feader 2013/27: Maeloc: Estudo de variedades autóctonas de mazá na elaboración de sidra

12.11.2013

18.10.2013

Sen obriga económica

Ingacal, Bodegas Martín Códax, S.A.U.

Feader 2013/26: Albaroma: extracción e revelación de aromas varietais de albariño desde a maceración prefermentativa ata a fermentación maloláctica

4.11.2013

18.10.2013

Sen obriga económica

Ingacal, Laboratorio Interprofesional do Leite, Ligal

Feader 2013/22: Aplicacións analíticas avanzadas en forraxes para racións de vacas de leite de baixo custo e reducido impacto ambiental (A3F)

12.11.2013

18.10.2013

Sen obriga económica

Ingacal, Consello Regulador da IXP Castaña de Galicia

Feader 2013/16: Portaenxertos e variedades para os soutos novos

13.11.2013

18.10.2013

Sen obriga económica

Ingacal, Seragro, S. Coop. Galega

Feader 2013/15: Diagnóstico de axentes abortíxenos infecciosos en granxas de gando vacún leiteiro en Galicia

12.11.2013

18.10.2013

Sen obriga económica

Ingacal, Coanga, S.L.

Feader 2013/13: Albariño Sin.0: Desenvolvemento de viño sen alcohol a partir de branco monovarietal albariño da D.O. Rías Baixas

4.11.2013

18.10.2013

Sen obriga económica

Ingacal, Biopalas, S.L.

Feader 2013/08: Avaliación da biomasa residual dispoñible e aproveitada e control de calidade da materia prima, estela e pellet da empresa Biopalas

-

18.10.2013

Sen obriga económica

Ingacal, Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca)

Feader 2013/02: Topegal (tomates e pementos de Galicia). Valorización de variedades tradicionais de tomate e pemento a través dunha mellora da súa xenética e do seu manexo, cara á comercialización dun produto de alta gama

7.11.2013

18.10.2013

Sen obriga económica

Ingacal, Universidade de Vigo

Convenio de cooperación educativa para a realización de prácticas externas do alumnado

18.6.2013

28.5.2013

Sen obriga económica

Ingacal, Universidade de Santiago de Compostela

Convenio de cooperación educativa para a realización de prácticas académicas externas do alumnado da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría Agronómica

19.7.2013

15.7.2013

Sen obriga económica

Ingacal, Universidade Católica de Valencia San Vivente Mártir

Convenio de cooperación educativa regulador das prácticas externas de alumnado universitario

3.7.2013

25.6.2013

Sen obriga económica

Ingacal, Centro de Investigación e Tecnoloxía Agroalimentaria de Aragón, CITA

Acordo de transferencia de material ex situ para fins non comerciais (pementos, tomates, leituga, escarola)

24.6.2013

15.4.2013

Sen obriga económica

Ingacal, Instituto de Investigación e Tecnoloxía Agraria e Alimentaria, INIA

Acordo normalizado de transferencia de material de recursos fitoxenéticos (77 sementes da especie vexetal Pisum Sativum (chícharo) para a alimentación e a agricultura

3.6.2013

10.5.2013

Sen obriga económica

Ingacal, Instituto de Investigación e Tecnoloxía Agraria e Alimentaria, INIA

Acordo normalizado de transferencia de material de recursos filoxenéticos: Viuna unguiculada

31.5.2013

10.5.2013

Sen obriga económica

Ingacal, Semillas Fitó, S.A.

Contrato de colaboración para o proxecto de investigación e desenvolvemento tecnolóxico: Obtención e avaliación de híbridos de millo forraxeiro obtidos con liñas propiedade de Semillas Fitó e Ingacal

22.7.2013

9.8.2013

Sen obriga económica

Ingacal, Wam Estrada, S.L.L.

Contrato de colaboración para a realización do proxecto Selección de variedades hortícolas galegas Ciam-Semillas Wan Estrada, S.L.L.

24.7.2013

17.7.2013

Sen obriga económica

Ingacal, Clemson Seed, S.L.

Contrato de colaboración para o desenvolvemento do proxecto Obtención, multiplicación e comercialización de variedades locais de conservación de millo forraxeiro conservadas no banco de xermoplasma do Ciam

4.7.2013

7.8.2013

Sen obriga económica

Ingacal, Rectoral de Amandi, S.A.U.

Contrato de colaboración para a realización de servizos técnicos do Ingacal á empresa Bodegas Rectoral de Amandi, S.A.U.

10.10.2013

8.10.2013

Sen obriga económica

IngacaL, Gallanova Norte, S.L.L.

Contrato de colaboración para a realización do proxecto denominado Connecta-Souto ao abeiro da Resolución do 30 de setembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas do programa Connecta peme para o fomento da colaboración público-privada a través de proxectos de investigación e desenvolvemento en cooperación entre pemes en áreas estratéxicas para a Comunidade Autónoma de Galicia cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, dentro da convocatoria para o ano 2013 (DOG núm. 169, do 5 de setembro de 2013)

8.11.2013

2.10.2013

Sen obriga económica

Ingacal, Universidade de Santiago de Compostela

Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas de alumnos do curso de posgrao Máster propio en produción de leite (MD93)

26.12.2013

5.12.2013

Sen obriga económica

Ingacal, Consell Insular de Eivissa

Contrato para a realización de servizos técnicos do Ingacal ao Consell Insular de Eivissa

-

24.10.2013

Sen obriga económica