Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 27 de febreiro de 2014 Páx. 8426

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2014 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Enxeñaría Térmica.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 8 de marzo de 2013 (publicado no BOE do 23 de abril por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 2 de abril de 2013).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do punto 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Enxeñaría Térmica, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 13 de febreiro de 2014

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Univerrsidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Enxeñaría Térmica

Rama de coñecemento: Enxeñaría e Aquitectura.

Universidades participantes: Vigo, País Vasco e Burgos.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

20

Optativas

28

Prácticas externas

0

Traballo fin de máster

12

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Introdución á Investigación

8

Obrigatorio

Tecnoloxías xenéricas para a investigación

Complemento Prácticum

12

Obrigatorio

Técnicas Estatísticas Aplicadas á Experimentación

4

Optativo

Termodinámica Industrial de Fluídos

4

Optativo

Análise Enerxética e Eserxética

4

Optativo

Determinación de Propiedades Termodinámicas de Fluídos de Interese Industrial

4

Optativo

Sistemas Térmicos Avanzados Baseados en Enerxías Alternativas: Solar

4

Optativo

Enerxética na construción

Sustentabilidade e Análise do Ciclo de Vida na Edificación

4

Optativo

A Termoeconomía no Cálculo do Contido Enerxético e Impacto Ambiental de Materiais e Elementos da Construción

4

Optativo

Transmisión de Humidade a través de Pechamentos. Caracterización Higroscópica de Materiais de Construción

4

Optativo

Calidade de Aire Interior e Ventilación

4

Optativo

Eficiencia Enerxética na Edificación

4

Optativo

Sistemas Térmicos Avanzados Baseados en Enerxías Alternativas: Biocombustibles

4

Optativo

Modelización de Sistemas Mecánicos

4

Optativo

Investigación en sistemas avanzados de simulación e modelización

Modelización e Simulación Numérica de Procesos Termofluidodinámicos

4

Optativo

Modelización da Combustión de Biomasa

4

Optativo

Aplicacións da Mecánica dos Fluídos Computacional á Industria

4

Optativo

Análise Numérica de Sistemas Térmico-Fluído-Dinámicos mediante Analoxía Eléctrica: Problemas Directos e Inversos

4

Optativo

Traballo Fin de Máster

12

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Enxeñaría Térmica, o alumnado deberá superar os 60 ECTS dos que consta o máster.

Este máster oferta dúas especialidades: Enerxética da Construción e Investigación en Sistemas Avanzados en Simulación e Modelización, segundo as seguintes condicións: itinerario Enerxética da Construción. O alumnado ten que superar os 20 ECTS obrigatorios do módulo I; de 28 ECTS optativos a escoller entre os ofertados nos módulos I e II e, por último, dos 12 ECTS do Traballo Fin de Máster. Itinerario Investigación en Sistemas Avanzados en Simulación e Modelización. O alumnado ten que matricularse dos 20 ECTS obrigatorios do módulo I; de 28 ECTS optativos a escoller entre os ofertados nos módulos I e III e, por último, de 12 ECTS do Traballo Fin de Máster.