Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Venres, 28 de febreiro de 2014 Páx. 8716

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se publica a convocatoria para a provisión de diversas prazas de coordinador de Enfermaría do nivel de atención primaria.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG nº 47 do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e da Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, o xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo y Monforte de Lemos,

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de libre designación, os postos de coordinadores de Enfermaría do nivel de atención primaria dos servizos de Atención Primaria que se relacionan na base primeira da resolución da convocatoria.

Segundo. As solicitudes para participar nesta convocatoria dirixiranse á Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos e poderán presentarse no Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, sita no Hospital Universitario Lucus Augusti; r/ Dr. Ulises Romero, 1, 27003 Lugo y demais lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince (15) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, na Oficina de Atención ao Traballador e na intranet da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), en Espazo do profesional, Recursos Humanos, na epígrafe Desenvolvemento profesional no punto Provisión de postos de xefatura e coordinación.

Lugo, 7 de febreiro de 2014

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos