Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Venres, 28 de febreiro de 2014 Páx. 8796

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 10 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se notifican ás persoas interesadas os acordos de inicio do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios (expediente 15/50238/06A e tres máis).

De conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas interesadas, que se sinalan no anexo deste anuncio, os acordos de inicio do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios.

As persoas relacionadas no anexo poden recoller o respectivo acordo no prazo de dez días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Servizo de Explotacións Agrarias da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Consellería do Medio Rural e do Mar (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecemento do dito acordo e constancia de tal coñecemento.

Segundo o artigo 77.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os/as interesados/as poderán presentar cantas alegacións e documentos consideren convenientes. Dispoñen para iso dun prazo de quince días, que se contarán a partir do día seguinte a aquel en que comparezan para recoller o devandito acordo ou a partir do día seguinte ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que comparezan. Se o/a beneficiario/a non presenta alegacións, o órgano competente poderá, sen máis trámite, resolver este procedemento nos mesmos termos contidos no acordo de inicio.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2014

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

1. Procedemento: expediente número 15/50238/06A, de axudas para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios.

– Interesada: Moldes González, Guadalupe.

– Acto de notificación: acordo de inicio do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda.

– Último enderezo coñecido: Tineo, San Fiz, 15169 Monfero, A Coruña.

2. Procedemento: expediente número 15/50278/06A, de axudas para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios.

– Interesado: Martins Moutinho, Albertino.

– Acto de notificación: acordo de inicio do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda.

– Último enderezo coñecido: Tineo, San Fiz, 15169 Monfero, A Coruña.

3. Procedemento: expediente número 15/00449/07B, de axudas para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios.

– Interesada: Calma Rural, S.L.

– Acto de notificación: acordo de inicio do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda.

– Último enderezo coñecido: Tarrío, s/n, Bama, 15822 Touro, A Coruña.

4. Procedemento: expediente número 15/50061/09A, de axudas para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios.

– Interesado: Regueiro Devesa, Óscar.

– Acto de notificación: acordo de inicio do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda.

– Último enderezo coñecido: Orro, Tarrío, 15147 Culleredo, A Coruña.