Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Luns, 3 de marzo de 2014 Páx. 9197

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 6 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lles notifica ás persoas interesadas a resolución de pleno dereito do contrato e o lanzamento da vivenda do procedemento de desafiuzamento administrativo P-119/13.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, e logo de comprobarse a desocupación da vivenda, notifícaselles ás persoas interesadas a resolución de pleno dereito do contrato e lanzamento da vivenda do procedemento de desafiuzamento administrativo que se detalla no anexo.

Pontevedra, 6 de febreiro de 2014

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: P-119/13.

Adxudicatarios:

Mª Carmen Meaños Ojeda.

Comunidade hereditaria de Amador Torrado Muñiz (Elena, María e Alicia Torrado Meaños).

Estado de ocupación: baleira.

Enderezo: rúa Barrio Nuevo, nº 6, 2º B, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Asunto: resolución de pleno dereito do contrato e o lanzamento da vivenda de Mª del Carmen Meaños Ojeda e a comunidade hereditaria de Amador Torrado Muñiz, así como os demais ocupantes da vivenda identificada co expediente de construción PO-82/020, conta 6.

Indicación do contido: acordar a resolución de pleno dereito do contrato e o lanzamento da vivenda de Mª del Carmen Meaños Ojeda e a comunidade hereditaria de Amador Torrado Muñiz, así como dos demais ocupantes da vivenda situada na rúa Barrio Nuevo, nº 6, 2º B, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), que levará a cabo o funcionario do IGVS que se designe, con credencial para o efecto subscrita e asinada polo xefe territorial do Instituto Galego da Vivenda e Solo e coa preceptiva autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución forzosa de actos da Administración, incorporada ao expediente, e co auxilio das forzas de seguridade do Estado, autonómicas ou locais.

Advírteselles aos interesados que, de conformidade co establecido no Regulamento de VPO, poderán evitar o lanzamento aboando o total da débeda no prazo de quince (15) días hábiles a partir do seguinte a aquel en que teña lugar a notificación ou a publicación, e achegando xustificante de estar ao día coa comunidade de propietarios.

Recursos: contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer ante o xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Pontevedra recurso de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa recepción, conforme os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado competente, dentro dos dous meses seguintes ao día da notificación desta resolución, segundo establecen os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE nº 167, do 14 de xullo).