Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Luns, 3 de marzo de 2014 Páx. 9057

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 25 de febreiro de 2014 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística.

Unha vez presentada a renuncia da secretaria titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 20 de xuño de 2013 (DOG núm. 122, do 28 de xuño), e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por Cristina Blanco Aragón como secretaria titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística.

Segundo. Nomear no seu lugar como secretaria titular do dito tribunal a Mercedes Cardelle Espasandín, funcionaria pertencente ao corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2014

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda