Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 4 de marzo de 2014 Páx. 9335

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3727/2013-MFV).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3727/2013-MFV desta sala, seguido por instancia de Aitor Prego Castaño contra a empresa Frutas Rías Baixas, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que, aceptando o recurso de suplicación interposto por Aitor Prego Castaño contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela con data do 17.4.2013, debemos revogar e revogamos parcialmente a dita resolución e, con aceptación da demanda inicial formulada polo recorrente, debemos declarar e declaramos o seu dereito ao aboamento dos salarios de trámite deixados de percibir desde o despedimento ata a sentenza, e condenamos á demandada Frutas Rías Baixas, S.L. ao seu recoñecemento e aboamento, mantendo o resto dos pronunciamentos da sentenza contra a que se recorreu. Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselle saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta Sala do Social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto co nº 1552, e debe indicar no campo concepto «Recurso», seguido do código «35 social casación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o código «35 social casación». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a que recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Advírtese a parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Frutas Rías Baixas, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 5 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial